Blogia
vgomez

DOCENCIA

Gala dos Premios #DígochoEu

Parabéns a todos os gañadores! Bo traballo!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *bretona

 

 O #DígochoEu está en Quimper nos premios do Celtic Media Festival. Aproveitamos esta viaxe para aprender que o feminino de bretón non é *bretona.

 #DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *engorroso

 

En galego temos gorros e gorras, pero non temos nada *engorroso!

#DígochoEu

DINOSAURIOS AFRICANOS VI (FIN)

Remato coa serie adicada aos dinosauros africanos, xa que este gran continente ten moitas especies deles.

Se onte falamos do Aardonyx, hoxe tócalle ao...

6. Massospondylus

Massospondylus é un xénero extinto representado por dúas especies coñecidas de dinosauros prosaurópodos masospondílidos que viviron a principios do período Xurásico, entre 200 a 183 millóns de anos, desde o Hettangiense ao Pliensbachiense en África. 

Massospondylus foi un típico prosaurópodo de pescozo medianamente alongado e patas delgadas.​ Por un tempo creuse que Massospondylus era omnívoro pero houbo novos descubrimentos que demostran que era herbívoro. Este dato achégao máis aos seus descendentes. Para mellorar a súa dixestión tragaba pedras, probado pola presenza de gastrolitos no seu estómago, tal como facíano moitos sauropodomorfos. En cada unha das súas patas dianteiras posuía unha garra aguda no polgar que foi utilizada en defensa ou para recoller o alimento. Estudos recentes indican que Massospondylus medraba constantemente a través da súa vida útil, que posuía sacos de aire similares aos das aves, e que puido coidar das súas crías.

Este dinosauro acadaba ao redor dos 4 metros de longo e peso aproximadamente 135 quilogramos,4 aínda que algunhas estimacións suxiren uns 6 metros de longo.

FONTE: dinosaurpictures.org e es.wikipedia.org    Imaxe: es.wikipedia.org

Proximamente dinosauros americanos!

DINOSAUROS AFRICANOS V

Continúo coa serie adicada aos dinosauros africanos, xa que este gran continente ten moitas especies deles.

Se onte falamos do Afrovenator, hoxe tócalle ao...

5. Aardonyx

Aardonyx celestae é a única especie coñecida do xénero extinto Aardonyx de dinosauro sauropodomorfo, que viviu a comezos do período Xurásico, hai aproximadamente 195 millóns de anos durante o Hettangiense, no que hoxe é África. Foi achado nos arredores dunha granxa no pobo Rosendal, Provincia do Estado Libre, Sudáfrica, en sedimentos da Formación Elliot Superior.

Aardonyx celestae medía 7 metros de lonxitude e 1.8 de altura, aínda que algunhas estimacións son de ata 9 metros. O seu peso roldaba os 350 quilogramos.

 

Paleoreconstrución do Aardonyx, por Matthew Bonnan/es.wikipedia.org

Sobre a base da estrutura das extremidades traseiras e cintura  pélvica do Aardonyx, pódese inferir que o dinosauro normalmente trasladouse en forma bípeda pero podía cambiar ao movemento cuadrúpedo similar ao Iguanodon. Comparte algúns atributos cos xigantes saurópodos cuadrúpedos como Apatosaurus.

Mañá outro dinosauro africano!

FONTE: dinosaurpictures.org e es.wikipedia.org    Imaxe: dinosaurpictures.org

#DígochoEu: Como é? Xurdir ou xorder?

 

Un seguidor pregúntanos se en galego se di ’xurdir’ ou ’xorder’. Velaquí a explicación de Esther Estévez!

#DígochoEu

DINOSAUROS AFRICANOS IV

Continúo coa serie adicada aos dinosauros africanos, xa que este gran continente ten moitas especies deles.

Se onte falamos do Carcharodontosaurus, hoxe tócalle ao...

4. Afrovenator

Afrovenator abakensis é a única especie coñecida do xénero extinto Afrovenator de dinosauro terópodo  megalosáurido, que viviu a mediados do período Xurásico, hai aproximadamente 167 a 161 millóns de anos, nos períodos Bathoniense e Calloviense, no que hoxe é África.

Foi un predador  bípedo, cunha gran cantidade de dentes agudos na súa boca e tres garras en cada pata dianteira. Xulgando polo único esqueleto coñecido, estímase que a súa lonxitude roldaba os 8 metros de longo, desde o fuciño ata a punta da cola, e tiña un peso de ata 1 tonelada.

Mañá outro dinosauro africano!

FONTE: dinosaurpictures.org e es.wikipedia.org    Imaxe: Franko Fonseca/es.wikipedia.org  e mundopre-historico.blogspot.com

#DígochoEu: Cales son os paus da baralla en galego?

 

Hoxe aprendemos o nome dos paus da baralla española e da inglesa/francesa!

#DígochoEu