Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? XXIII (FIN)

Remato coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!

A contestación correcta á pregunta de onte é Descifrar o significado e interpretación dos xeroglíficos exipcios. A pedra de Rosetta é unha peza de granito negro, cunha inscrición bilingüe (grego e exipcio) dun decreto de Tolomeo V, en tres formas de escrita: xeroglífica, demótica e grego uncial (grego en letras maiúsculas), de algo máis dun metro de longo, de 72 centímetros de ancho e 27 centímetros de grosor. Pesa 548 quilos.

A súa grande importancia radica en que foi a peza chave para o inicio do descifrado dos xeróglifos exipcios antigos. Foi descuberta o 15 de xullo de 1799 na vila exipcia do delta do Nilo denominada Rashid, chamado polos franceses de Rosetta, polo capitán francés Pierre-François Bouchard cando as tropas capitaneadas por Napoleón Bonaparte atopábanse realizando a que se converteu nunha célebre exploración das terras do Exipto. Atópase mo Museo Británico de Londres.

E así remata esta serie, que seguro que nalgún momento terá continuidade!

Ata a próxima serie!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e es.wikipedia.org    Imaxe: Daniel Kalker/PA/dpa/AP/ historia.nationalgeographic.com.es

CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? XXII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!

A contestación correcta á pregunta de onte é Xeroglífica, hierática e demótica. A escritura xeroglífica constituíu, probablemente, o sistema organizado de escritura máis antigo do mundo, e era utilizada principalmente para inscricións oficiais nas paredes de templos e tumbas. Co tempo evolucionou cara a formas máis simples, como a hierática, unha variante máis cursiva que se podía pintar en papiros ou placas de barro, e aínda máis non tarde e debido á crecente influencia grega no Próximo Oriente, a escritura evolucionou cara á demótica, fase na que os xeroglíficos primixenios figuran bastante estilizados, producíndose a inclusión dalgúns signos gregos na escritura.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

22. Que aportou o descubrimento da Pedra Rosetta en 1799 sobre a cultura do Antigo Exipto?

- A construcción das pirámides e ó acceso aos segredos as memas

- As diferentes dinastías exipcias

- Descifrar o significado e interpretación dos xeroglíficos exipcios

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, muyhistoria.es e es.wikipedia.org    Imaxe: misteriosdelmundo.net

#DígochoEu: Un par de dúbidas: 'enchufe'? 'La gota que colmó el vaso'?

 

Seguimos resolvendo dúbidas no TikTok do #DígochoEu! ’Enchufe’ e ’enchufar’ son palabras correctas? Como se di en galego ’la gota que colmó el vaso’?

#DígochoEu: Non digas *despiste

 

No dicionario da Academia vén despistar e despistarse, pero *despiste non aparece!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? XXI

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!

A contestación correcta á pregunta de onte é Zoser. Esta pirámide é a tumba do faraón Zoser de Exipto (III Dinastía, século XXVII a.C.). Coñécese tamén como pirámide de chanzos e foi edificada por Imhotep, o primeiro arquitecto de nome coñecido. É a construción máis notable da necrópole de Saqqara e foi o prototipo das pirámides de Gizeh e das restantes pirámides exipcias.

Ata a construción da pirámide de Zoser, as tumbas reais consistían en cámaras subterráneas cubertas por unha estrutura de barro en forma de pirámide truncada, chamadas mastabas. A pirámide de Zoser está feita en pedra e consiste en seis mastabas enormes, unha sobre a outra. Ademais, a pirámide encádrase nun recinto que constitúe un complexo funerario.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

21. Os xeroglíficos foron un sistema de escritura inventado polos antigos exipcios. Foi utilizado desde a época pre-dinástica ata o século IV. Os antigos exipcios usaron tres tipos básicos de escritura…

- Cuneiforme, xeroglífica e hierática

- Xeroglífica, hierática e demótica

- Xeroglífica, demótica e aramea

Mañá a solución e última proposta proposta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, muyhistoria.es e es.wikipedia.org    Imaxe: cultura10.org

CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? XX

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!

A contestación correcta á pregunta de onte é Facilitar o secado. Xeralmente escribíase en cor negra, o cal se conseguía principalmente a base de tisne; mentres que para destacar encabezados e fragmentos importantes engadíase ocre, un pigmento natural que contén ferro e dáballe unha característica tonalidade avermellada. Estes pigmentos mesturábanse cun fluído, xeralmente vinagre, aceite ou graxa, e cun coagulante como a goma arábiga. A mestura secábase e prensaba en forma de bóla para podela transportar comodamente, e posteriormente mesturábase con auga cando se debía usar a tinta. Os compostos de chumbo que eran engadidos á mestura polas súas propiedades secantes, o que permitía fixar a escritura ao papiro e evitar que se deteriorase.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

20. Cal foi a primeira pirámide do Antigo Exipto?

- Meidum

- Zoser

- Jufu

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, muyhistoria.es e es.wikipedia.org    Imaxe: muyhistoria.es

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 44)

 

Esther Estévez segue coa fonética! Desta vez fálanos das palabras acabadas en -exo, -exa.

#DígochoEu

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 43)

 

Esther Estévez tráenos máis regras sinxelas para aprender a distinguir vogais abertas e pechadas!

#DígochoEu