Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? XIX

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!

A contestación correcta á pregunta de onte é Keops. A Gran Pirámide de Guiza (tamén coñecida como pirámide de Keops ou de Jufu) é, ademais da maior das pirámides de Exipto, a máis antiga das sete marabillas do mundo antigo e a única que aínda perdura. Foi ordenada a construír polo faraón Keops da cuarta dinastía do Antigo Exipto. A data estimada do remate da construción da Gran Pirámide é ao redor de 2.570 a. C., sendo a primeira e maior das tres grandes pirámides da necrópole de Guiza (a citada, a de Kefrén e Micerino), situada nos arredores do Cairo

E imos coa pregunta de hoxe!

 

19. A tinta exipcia empregada para escribir sobre os papiros estaba composta por diversos ingredientes orgánicos e inorgánicos. Un deles era compostos de chumbo. Cal era a misión deste composto na tinta?

- Darlle a cor negra

- Darlle unha cor avermellada

- Facilitar o secado

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, es.wikipedia.org    Imaxe: cartembooks.com

#DígochoEu Aprende a letra de 'Terra' de Tanxugueiras

 

Aprende a letra de ’Terra’ de Tanxugueiras, a súa proposta para Eurovisión! 

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? XVIII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!

A contestación correcta á pregunta de onte é Dúas xigantescas estatuas de pedra que representan ao faraón Amenhotep III e que foron erixidas hai uns 3.400 anos. O faraón Amenhotep III ou Amenofis III, da dinastía XVIII, gobernou do c. 1390/1 a 1353/2 a. C). A función orixinal dos colosos foi a de presidir a primeira entrada do tres pilonos existentes no complexo funerario de Amenhotep III: unha inmensa construción realizada en vida do faraón, onde adorábase como un deus na Terra.

E imos coa pregunta de hoxe!

18. Cal é a maior pirámide contruída no Antigo Exipto?

- Micerino

- Keops

- Kefrén

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, es.wikipedia.org    Imaxe: es.wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? XVII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!

A contestación correcta á pregunta de onte é O cerebro. Iste órgano era desbotado por ser considerado víscera de segunda orde, ao entender que o seu mal funcionamento era a causa de moitas enfermidades. Era extraído polos orificios do nariz, mediante uns ganchos de bronce. Pola contra, os pulmóns, o fígado, os intestinos e o estómago extraíanse, momificábanse por separado e gardábanse cada un deles nun recipiente chamado vaso canope que representaba aos fillos de Horus: Duamutef, con cabeza de chacal, protexía o estómago; Amset, con cabeza humana, gardaba o fígado; Hapy, con cabeza de babuino, os pulmóns, e Kebeshenuef, con cabeza de falcón, os intestinos (que aparecían na fotografía da pregunta).

E imos coa pregunta de hoxe!

 

17. Que son exactamente os Colosos de Memnón?

- Dúas xigantescas estatuas de pedra que representan ao faraón Amenhotep III e que foron erixidas hai uns 3.400 anos.

- Dúas xigantescas estatuas de pedra que representan ao faraón Ramsés II e que foron erixidas hai uns 3.200 anos.

- Dúas estatuas co rostro desfigurado, que representan aos dous fillos xemelgos de Cleopatra: Cleopatra Selene II e Alejandro Helios.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, es.wikipedia.org    Imaxe: historia.nationalgeographic.com.es   

#DígochoEu: ApuntamentoLusófono Capítulo 24

 

Esther e Rodrigo tiveron a sorte de poder falar coas Tanxugueiras no último #ApuntamentoLusófono! Foi un directo cheo de sorpresas e con varios convidados especiais relacionados con Eurovisión!

 #DígochoEu

#DígochoEu: Un par de dúbidas: 'plato llano'? 'Mancar'?

 

Cantas dúbidas teñen os seguidores do #DígochoEu! Velaquí van dúas: como se di ’plato llano’ en galego? Un medicamento pode ’mancar’?

CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? XVI

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!

A contestación correcta á pregunta de onte é 70 días. Tras extraer as vísceras e encher o abdome con sustancias aromáticas, o corpo era cuberto con natrón (sal divina) durante 70 días. Despois, unha vez desecado, limpábase e vendábase antes de entregalo aos familiares para o enterramento.

E imos coa pregunta de hoxe!

16. Tal como dixemos, no proceso de momificación os órganos internos (vísceras) extraíanse e momificábanse individualmente. Pero había un órgano que era refugado, sabes cal?

- O páncreas

- O cerebro

- Os riles

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, es.wikipedia.org    Imaxe: es.wikipedia.org    

#DígochoEu: Non digas *resquicio

 

Nin *quicio, nin *desquiciar, nin tampouco *resquicio!

 #DígochoEu