Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? XV

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!

A contestación correcta á pregunta de onte é Ramsés II. Abu Simbel é un emprazamento de interese arqueolóxico que se compón de templos exipcios situado en Nubia, ao sur de Exipto. Os templos foron escavados na rocha (speos) durante o reinado do faraón Ramsés II no século XIII a. C., como un monumento dedicado a devandito faraón e á súa esposa Nefertari, para conmemorar a súa suposta vitoria na batalla de Kadesh e mostrar a súa poder aos seus veciños nubios.​ A construción do templo iniciouse aproximadamente en 1284 a. C. e durou un vinte anos, até 1264 a. C. Entre 1964 e 1968 o complexo foi desmantelado e colocado nunha nova localicación (máis alta) para salvar os templos do encoro de Asuán, grazas á axuda da UNESCO.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. No antigo Exipto, o corpo dos defuntos era sometido a un proceso de momificación. Iste proceso podía variar, pero sabes canto tempo duraba o proceso máis longo?

- 50 días

- 70 días

- 15 días

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, es.wikipedia.org    Imaxe: historia.nationalgeographic.com.es

#DígochoEu: Non digas *desquiciar

 

Se *quicio non existe, pois *desquiciar tampouco, claro! Pero non te preocupes, Esther Estévez tráenos alternativas para que non perdas a cabeza.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? XIV

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!

A contestación correcta á pregunta de onte é Lúxor. Esta cidade exipcia está edificada sobre as ruínas da cidade de Tebas, a que foi capital do Imperio Novo do Antigo Exipto, e capital do IV nomo do Alto Exipto. Está situada na ribeira oriental do río Nilo, a uns 670 km ao sur do Cairo. A Lúxor chámaselle "o museo ao aire libre máis grande do mundo", grazas ás ruínas do complexo de templos de Karnak, o templo de Lúxor e os monumentos, templos e tumbas da marxe oeste, que inclúen o Val dos Reis e o Val das Raíñas.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

14. Quen construíu o Gran Templo de Abu Simbel?

- Seti I

- Ramsés II

- Ptolomeo I

- Nefertiti

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, es.wikipedia.org e jotdown.es   Imaxe: es.wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? XIII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!

A contestación correcta á pregunta de onte é Bastet. Bastet ou Bast foi unha deusa do antigo Exipto, adorada desde a Segunda Dinastía (2.890 a. C.). Representa a protección, o amor e a harmonía. Protectora dos fogares e templos. Foi a deusa da guerra no Baixo Exipto, rexión do Delta do Nilo, antes da unificación das culturas do antigo Exipto. Representábase baixo a forma dun gato doméstico, ou ben como unha muller con cabeza de gato, que sempre leva un ankh (cruz da vida exipcia) ou noutros casos un sistro (instrumento musical) debido a que lle agradaba especialmente que os humanos bailasen e tocasen música na súa honra. O seu equivalente grego sería a deusa Artemisa.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

13. Que cidade contemporánea sitúase onde estaba a antiga Tebas?

- Asuán

- O Cairo

- Alexandría

- Lúxor

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, es.wikipedia.org e jotdown.es   Imaxe: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas sacar de *quicio

 

Pois vai ser imposible que me saques de *quicio en galego! Simplemente porque *quicio non existe. Esther Estévez danos alternativas!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? XII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!

A contestación correcta á pregunta de onte é 31. A saber: Período Arcaico (c. 3100-2686 a. C.) coas dinastías I e II, Imperio Antigo (c. 2686-2181 a. C.) coas dinastías III, IV, V e VI, Primeiro Período Intermedio (c. 2190-2050 a. C.) coas dinastías VII, VIII, IX, X e XI, Imperio Medio (c. 2050-1750 a. C.) coas dinastías XII e XII, Segundo período Intermedio (c. 1800-1550 a. C.) coas dinastías XIII, XIV, XV, XVI e XVII, Imperio Novo (c. 1550-1070 a. C.) coas dinastías XVIII, XIX e XX, Terceiro Período Intermedio (c. 1070-656 a. C.) coas dinastías XXI, XXII, XXIII, XXIV e XXV e Período Tardío (c. 656-332 a. C.) coas dinastías XXVI, XXVII, XXVIII, XXIX, XXX, XXXI. No ano 332 a. C. Alexandro Magno de Macedonia conquista Exipto, e coa chegada ao poder no 305 a. C. iníciase a dinastía ptolemaica, de orixe macedonio. Finaliza coa incorporación de Exipto ao Imperio romano tras a batalla de Actium, no ano 31 a. C. No ano 30 a. C. morre Cleopatra e Exipto convértese nunha provincia do Imperio romano. Pasou aos seus sucesores o Imperio bizantino despois que o Imperio romano fose repartido o ano 395 en Occidente e Oriente, e permaneceu nas súas mans ata a conquista polo pobo árabe do ano 640. Os últimos vestixios da tradicional cultura do Antigo Exipto finalizan definitivamente a comezos do s. VI d. C., cos últimos sacerdotes de Isis, que oficiaban o templo da illa de File, ao proscribirse o culto aos “deuses pagáns”.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Como se chamaba a deusa gata do panteón exipcio?

- Isis

- Hator

- Bastet

- Apis

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, es.wikipedia.org e jotdown.es   Imaxe: Gunawan Kartapranata (CC)/ jotdown.es   

#DígochoEu: Non digas *visto bo

 

*Visto bo é unha tradución literal do castelán. En galego temos outra maneira de dicilo, é parecido pero non igual!

#DígochoEu

#DígochoEu: Un par de dúbidas: 'gárgaras'? 'enxoito'?

 

Seguimos respondendo dúbidas dos nosos seguidores de TikTok! Facer ’gárgaras’ é correcto? Que significa ’enxoito’?

#DígochoEu