Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? XII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!

A contestación correcta á pregunta de onte é 31. A saber: Período Arcaico (c. 3100-2686 a. C.) coas dinastías I e II, Imperio Antigo (c. 2686-2181 a. C.) coas dinastías III, IV, V e VI, Primeiro Período Intermedio (c. 2190-2050 a. C.) coas dinastías VII, VIII, IX, X e XI, Imperio Medio (c. 2050-1750 a. C.) coas dinastías XII e XII, Segundo período Intermedio (c. 1800-1550 a. C.) coas dinastías XIII, XIV, XV, XVI e XVII, Imperio Novo (c. 1550-1070 a. C.) coas dinastías XVIII, XIX e XX, Terceiro Período Intermedio (c. 1070-656 a. C.) coas dinastías XXI, XXII, XXIII, XXIV e XXV e Período Tardío (c. 656-332 a. C.) coas dinastías XXVI, XXVII, XXVIII, XXIX, XXX, XXXI. No ano 332 a. C. Alexandro Magno de Macedonia conquista Exipto, e coa chegada ao poder no 305 a. C. iníciase a dinastía ptolemaica, de orixe macedonio. Finaliza coa incorporación de Exipto ao Imperio romano tras a batalla de Actium, no ano 31 a. C. No ano 30 a. C. morre Cleopatra e Exipto convértese nunha provincia do Imperio romano. Pasou aos seus sucesores o Imperio bizantino despois que o Imperio romano fose repartido o ano 395 en Occidente e Oriente, e permaneceu nas súas mans ata a conquista polo pobo árabe do ano 640. Os últimos vestixios da tradicional cultura do Antigo Exipto finalizan definitivamente a comezos do s. VI d. C., cos últimos sacerdotes de Isis, que oficiaban o templo da illa de File, ao proscribirse o culto aos “deuses pagáns”.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Como se chamaba a deusa gata do panteón exipcio?

- Isis

- Hator

- Bastet

- Apis

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, es.wikipedia.org e jotdown.es   Imaxe: Gunawan Kartapranata (CC)/ jotdown.es   

0 comentarios