Blogia
vgomez

PLANTAS MEDICINAIS

 

Continúo coa recuperación de partes dos programas de Órbita Laika , programa divulgativo da ciencia presentado por Eduardo Saénz de Cabezón emitido na cadea española TVE2, polo seu interese.

Neste caso Plantas medicinais pola doutora en farmacia Marián García, máis coñecida como Boticaria García.

Marián rescata o legado da científica, médico e naturalista Hildegarda de Bingen, cuxa figura transcendeu pola súa extensa investigación sobre as plantas medicinais na Idade Media, como a “Atropa belladona” ou o “Colchicum autumnale”. Ela recrea un estudo ao estilo do “xogo dos barcos” para pescudar canta evidencia científica había tras as propiedades de plantas descritas no libro “Physica”, e extrae os aceites esenciais do tomiño á maneira medieval: mediante destilación por vapor de auga cun alambique.

Moi interesante!

0 comentarios