#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 42)
Seguimos coa fonética a voltas! Velaquí máis regras para aprender a distinguir vogais abertas e pechadas!
Seguimos coa fonética a voltas! Velaquí máis regras para aprender a distinguir vogais abertas e pechadas!

VERTICAIS: 1. Bielorrusia 2. Mundo 3. Chalupa 4. Reló 7. Garduña 8. Pradairo.
HORIZONTAIS: 5. Mol 6. Leonel 9. Madagascar 10. Pontón.
Máis cultura xeral!

VERTICAIS: 1. País soberano sen litoral situado na Europa Oriental que formou parte da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS) ata 1991 e cuxa capital é Minsk 2. Río español, principal afluente do Segura, que nace entre os municipios de Vianos e Riópar (Serra de Alcaraz-Albacete) 3. Pequena embarcación con cuberta e dous paus 4. Molusco bivalvo heterodonte da orde dos veneroides e familia dos venéridos, común en Galicia, con cuncha é grosa e practicamente circular, de ata 60 mm de diámetro e con nome científico Dosinia exoleta 7. Pequeno mamífero carniceiro da familia dos mustélidos, de pelo castaño cunha mancha branca fendida ao medio na papada, corpo alongado, orellas redondas e pequenas, patas curtas e rabo longo, que se alimenta de roedores e de crías doutros animais que caza pola noite, e de nome científico Martes foina 8. Árbore da familia das aceráceas, de copa ampla, casca lisa e agrisada, follas caducas lobuladas e dentadas, flores en acios colgantes e froitos miúdos en sámara, e de nome científico Acer pseudoplatanus.
HORIZONTAIS: 5. Unidade para medir a masa das moléculas, expresada en gramos, equivalente á suma das masas dos átomos que compoñen a molécula 6. Título da primeira novela xuvenil de Antón Cortizas Amado (Ferrol, 1954), mestre de profesión, que narra a historia de Miguel, un mozo estudante que se despraza á aldea dos avós que a penas coñecía para pasar o verán estudiando o que suspendera 9. País insular situado no océano Índico, fronte á costa sueste do continente africano, ao leste de Mozambique, con capital en Antananarivo 10. Cada un dos madeiros, a modo de pequenas vigas, que van de trabe a trabe e nos que van cravadas as táboas do piso, do teito, ou sobre os que descansan as tellas.
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!
A contestación correcta á pregunta de onte é Ademais de poder político e militar tiñan poder relixioso. O faraón, como gobernante ditaba as leis debendo gardar o maat (harmonía e orde), mantendo unidas as terras de Exipto. Por iso chamábaselle “Señor das Dúas Terras” (Alto e Baixo Exipto), contando cun gran número de ministros e funcionarios para poder gobernar o país. Tiña un visir, que era unha especie de presidente do goberno, e sempre estaba xunto ao faraón. O resto de asistentes formábano os conselleiros, escribas e gobernantes das provincias ou nomos, así coñecidos como nomarcas. Como xefe do exército, os faraóns eran adestrados como guerreiros e dirixían o exército exipcio nas batallas. Aprendía a manexar as armas desde neno. Como xefe relixioso, tiña o deber de construír templos para facer neles ofrendas aos deuses. Realizaba multitude de cerimonias para solicitar o favor dos deuses, contando coa axuda dos sacerdotes
E imos coa pregunta de hoxe!

6. Anubis, Isis e Osiris foron…
- Faraóns exipcios
- Cidades do antigo Exipto
- Deuses exipcios
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, orientaeduc.com e amigosdelantiguoegipto.com Imaxe: historiaeweb.com
No #DígochoEu moito nos gusta o TikTok así que aí vai unha recompilación do máis viral!
Moito falamos de vocabulario no #DígochoEu así que hoxe cambiamos as palabras polos refráns!
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!
A contestación correcta á pregunta de onte é Estaba moi xerarquizada e dividida en varios niveis sociais. Esta xerarquización dábase en tres niveles: Faraón: Depositario do dereito divino, atribuíanselle todos os poderes por mediación de Horus. Altos funcionarios: sumos sacerdotes e escribas. Pobo: campesiños, artesáns, entre outros e os esclavos.
E imos coa pregunta de hoxe!

5. Na civilización exipcia os faraóns…
- Tiñan poder político e militar
- Ademais de poder político e militar tiñan poder relixioso
- Eran elixidos polos cidadáns
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, orientaeduc.com e gl.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org