Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? IV

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!

A contestación correcta á pregunta de onte é Polos reinos do Alto Exipto e do baixo Exipto. No 3300 a. C., momentos antes da primeira dinastía, Exipto estaba dividido en dous reinos, coñecidos como Alto Exipto Ta Shemau e Baixo Exipto Ta Mehu. A fronteira entre ambos situabase na actual zona do Cairo, ao sur do delta do Nilo.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. No antigo Exipto a sociedade…

- Era moi igualitaria e xusta

- Estaba moi xerarquizada e dividida en varios niveis sociais

-Estaba dividida en dous grupos sociais: a familia real e o resto de cidadáns

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, orientaeduc.com e gl.wikipedia.org     Imaxe: okdiario.com

CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? III

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!

A contestación correcta á pregunta de onte é Na gran fertilidade das terras do val do Nilo para a agricultura. A vida agrícola dos exipcios estaba adaptada á dinámica fluvial do río Nilo, o cal fixo posible que, no medio do deserto, puidérase desenvolver unha próspera agricultura. A agricultura foi un importante motor de progreso grazas á cantidade e variedade de alimentos dos que dispuñan os habitantes. Aínda que os principais produtos agrícolas que consumían eran os cereais, principalmente trigo e cebada (a base da súa dieta), tamén cultivaban moitas hortalizas e froitas e empregaban gran variedade de especias e plantas aromáticas. O río Nilo era o símbolo da fertilidade debido á capacidade que presentaba para enriquecer as terras que alagaba grazas á sedimentación dos limos que contiñan as súas augas.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. No 3300 a. C., antes da súa unificación, Exipto estaba formado...

- Pola Alta Mesopotamia e a Baixa Mesopotamia

- Polos reinos do Alto Exipto e do baixo Exipto

- Polos imperios do Alto Exipto e do baixo Exipto

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, orientaeduc.com e gl.wikipedia.org     Imaxe: socialesmoriles.blogspot.com.es

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono Capítulo 22

 

Din que hai un galego na Lúa! E debe ser verdade, porque no último directo do #ApuntamentoLusófono tivemos a sorte de falar con tres estadounidenses moi interesados na nosa lingua!

 #DígochoEu

#DígochoEu: Un par de dúbidas: 'jabato'?; 'fornecedor'?

 

Esther Estévez resólvenos un par de dúbidas que nos preguntaron na conta de TikTok do #DígochoEu Como se di ’jabato’? Que significa ’fornecedor’?

CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? II

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!

A contestación correcta á pregunta de onte é Algo inexistente, un concepto abstracto coñecido como Nun e descrito como un océano primordial, sen límites. Ao falar sobre algo facemos que esa cousa exista, pero para os antigos exipcios antes da creación non había absolutamente nada: un concepto abstracto, algo inexistente, como un océano primordial (Nun) escuro e sen límites, aínda que non se pode falar de escuridade porque aínda non fora creada.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. A orixe principal da riqueza e a prosperidade do antigo Exipto atópase...

- Na gran fertilidade das terras do val do Nilo para a agricultura

- Na pesca que había no Nilo

- Nos cartos que deixaban os turistas de visitaban as súas pirámides

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, orientaeduc.com e gl.wikipedia.org     Imaxe: viajesproximoriente.com

CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO?

CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO?

O antigo Exipto foi unha civilización do nordeste de África que se desenvolveu ao redor do curso medio e baixo do río Nilo, nos territorios que hoxe en día ocupan o actual estado de Exipto e o norte de Sudán. A civilización constituíse cara a 3150 a.C. coa unificación do Alto e Baixo Exipto baixo o primeiro faraón e persistiu durante os seguintes tres milenios ata a época romana.

Entre todas as antigas civilizacións do Oriente Próximo a exipcia destaca pola súa singularidade; constituída por poboacións de orixe norteafricano, engadíronse pobos semitas procedentes da rexión de Siria e Palestina, libios vidos do oeste e individuos de Nubia, que descenderon Nilo abaixo.

A súa historia divídese nunha serie de períodos estables ("imperios"), separados por períodos de relativa inestabilidade ("períodos intermedios"). Tralo fin do último imperio, o Imperio Novo, a civilización do antigo Exipto entrou nun período dun lento e constante declive, durante o cal Exipto foi conquistado por unha sucesión de poderes estranxeiros. O dominio dos faraóns acabouse o ano 31 a.C. cando o entón recente Imperio Romano liderado por Pompeu conquistou o Exipto tolemaico e incorporou o territorio como unha provincia romana.

A civilización do antigo Exipto prosperou adaptándose ás condicións da val do río Nilo. Os antigos exipcios controlaron a irrigación dun val fértil que, ao producir excedente de colleitas, impulsou un gran desenvolvemento social e cultural. Cos recursos aforrados, a administración investiu na explotación mineral da zona, desenvolveuse un sistema de escritura, realizáronse construcións colectivas e proxectos agrícolas, impulsouse o comercio coas rexións veciñas, e formouse un poderoso exército que consolidou o dominio exipcio. Exercendo o control destas actividades había unha burocracia de escribas de elite, líderes relixiosos e administradores baixo a xerarquía do divino faraón, que garantía a cooperación e a unidade dos exipcios a través dun elaborado sistema de crenzas relixiosas.

Entre a gran cantidade de progresos conseguidos pódense destacar a creación dun sistema matemático, do traballo na pedra, das técnicas de enxeñaría e arquitectura que facilitaron a construción de pirámides monumentais, templos e obeliscos, así como o desenvolvemento dunha actividade artesanal de faienza e vidro, un sistema sanitario práctico e efectivo, novas formas de literatura, sistemas de irrigación, técnicas de produción agrícolas e o tratado de paz máis antigo.

Exipto deixou un legado duradeiro. A arte e a arquitectura foron imitados por outros pobos, e as ruínas monumentais que sobreviviron durante séculos inspiraron a imaxinación de turistas e escritores. O descubrimento das antigüidades e varias escavacións realizadas desde os inicios da Idade Moderna dirixiron a atención científica cara á civilización exipcia e espertou un grande interese en todo o mundo.

O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia... Imos escudriñar nela e propóñoche averiguar canto sabes sobre esta civilización única e irrepetible!

Anímaste? Pois alá imos!


1. A luz solar, o río Nilo e as pirámides son elementos imprescindibles da marabillosa e irrepetible civilización exipcia. Segundo a mitoloxía exipcia, que había no principio, antes da creación?

- Só había un deus crocodilo que suou e desa suor xurdiron o Nilo, a vexetación e a vida.

- Algo inexistente, un concepto abstracto coñecido como Nun e descrito como un océano primordial, sen límites.

- Para os antigos exipcios o ceo e a terra sempre existiran e por tanto nunca houbo creación.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, jotdown.es e gl.wikipedia.org     Imaxe: gl.wikipedia.org e historia.nationalgeographic.com.es

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 41)

 

Velaquí máis regras faciliñas para aprender a distinguir vogais abertas e pechadas! Desta vez falamos das palabras acabadas en -ete, -eto, -eta.

#DígochoEu

#DígochoEu: Mellor non digas ronda

 

Se á academia non lle gusta demasiado a palabra ’rondar’, pásalle o mesmo con ’ronda’.

 #DígochoEu