#DígochoEu: Mellor non digas rondar
Rondar é un verbo que non lle gusta moito á RAG, así que mellor usa as opcións que che traemos neste episodio, da man de Esther Estévez!
Rondar é un verbo que non lle gusta moito á RAG, así que mellor usa as opcións que che traemos neste episodio, da man de Esther Estévez!
O verbo *cerciorarse non existe en galego así que temos que recorrer a outros para dicilo correctamente! Cales serán? Esther Estévez dínolos!
#DígochoEu
Remato coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).
A contestación correcta á pregunta de onte é Dalí. Salvador Felipe Jacinto Dalí i Domènech (1904-1989) foi un dos principais representantes do surrealismo.

Aínda que o seu principal medio de expresión foi a pintura, tamén fixo incursións no cinema, a escultura, a xoiería e o teatro, e tamén traballou como deseñador de vestiario e escenógrafo, e escribiu algúns libros, entre os que destaca Diario dun xenio (1965). Dalí é coñecido polas súas impactantes e oníricas imaxes surrealistas. As súas habilidades pictóricas adóitanse atribuír á influencia e admiración pola arte renacentista. Dalí tivo a habilidade de forxar un estilo persoal e recoñecible. Unha das súas obras máis importantes é A persistencia da memoria, tamén chamada Reloxos brandos, que data do ano 1931, e que era a imaxe da pregunta en cuestión. Tamén foi un experto debuxante. Como artista extremadamente imaxinativo, manifestou unha notable tendencia ao narcisismo e a megalomanía, cuxo obxecto era atraer a atención pública. Esta conduta irritaba a quen apreciaban a súa arte e xustificaba aos seus críticos, que rexeitaban as súas condutas excéntricas como un reclamo publicitario ocasionalmente máis rechamante que a súa produción artística. Dalí atribuía o seu "amor por todo o que é dourado e resulta excesivo, a súa paixón polo luxo e o seu amor pola moda oriental" a un autoproclamado "liñaxe arábigo", que remontaba as súas raíces aos tempos da dominación árabe da península ibérica.
E así remato esta serie, por agora, pois terá outra parte, dada a densidade do tema. Espero que servise para recordar ou ben aprender sobre a historia da arte.
Ata a próxima serie!
FONTE: Idea orixinal culturizando.com, e gl.wikipedia.org Imaxe: alejandradeargos.com
Cantas dúbidas teñen os seguidores do #DígochoEu en TikTok! Velaquí un par delas: como se di ’lentejuelas’ en galego? E ’ventanilla’?
Moito tiña que contar o noso último convidado do #ApuntamentoLusófono! Alberto Mancebo falounos de como é a vida en Portugal para un galego e da súa adaptación á lingua!
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).
A contestación correcta á pregunta de onte é Realismo. A arte exipcia é unha arte que está moi relacionado co medio no que se desenvolve. Este medio inflúe en diferentes aspectos: por unha banda o medio xeográfico determina unha cultura pechada que fai unha arte impermeable a influencias exteriores, que vai evolucionar pouco e cando o vai a facer vai ser sobre as súas propias formas debido á falta de comunicación co exterior. Doutra banda, o medio vai determinar uns materiais que nos indican unha despreocupación pola vida terrestre e un desexo de eternizar a moral do defunto e do deus, polo que a arte moitas veces está en función de templos e tumbas. Isto está relacionado cos dous factores determinantes da arte que tamén veñen dados polo medio: a monarquía e a relixión. Así, o faraón (e os nobres) e os sacerdotes van ser os principais clientes. Trátase dunha arte aúlico e oficial, que se desenvolve en virtude da relixión fundamentalmente, e a esta está vinculado o faraón. Non é por tanto unha arte autónoma. A arte exipcia está sempre sometido a unhas normas, por isto é moi semellante e monótono, tan homoxéneo. É unha arte estereotipado no que se valora máis a precisión do acabado que a orixinalidade. Ademais, teñen un gran carácter simbólico e máxico. A imaxe da pregunta é a Esfinxe de Gizeh, unha estatua calcaria dunha esfinxe reclinada, unha criatura mítica con corpo de león e cabeza de humano. Está situada na meseta de Gizeh, na franxa occidental do río Nilo en Gizeh, Exipto. O rostro da esfinxe representaría o rostro do faraón Quefrén. A estrutura mide 73 metros de lonxitude desde a farpa ata a cola, 20,21 metros de alto desde a base ata a parte superior da cabeza e 19 metros de ancho nas súas ancas.
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

23. Quen é o autor deste cadro?
- Picasso
- Miró
- Dalí
- Gris
Mañá a solución e remate da serie!
FONTE: Idea orixinal culturizando.com, e gl.wikipedia.org Imaxe: wikiart.org
Cando nos hipnotizan non caemos en estado de *trance en galego! Entón, cal é a palabra correcta no noso idioma? Esther Estévez dínola!
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).
A contestación correcta á pregunta de onte é Prerrománico. San Miguel de Lillo é unha igrexa prerrománica dedicada a San Miguel Arcanxo, construída polo rei Ramiro I (790-850) no monte Naranco, nos arredores de Oviedo (Asturias). A arte asturiana ou prerrománico asturiano é un estilo artístico do prerománico, localizado na zona á beira do mar Cantábrico que quedou libre da ocupación musulmá a finais do século VIII. Estivo vixente até o comezo do século X, cando se adoptou a arte románica procedente de Francia. Orixinalmente tivo planta basilical de tres naves, pero só se conserva unha terceira parte da súa lonxitude, porque durante o século XIII ou comezos do XIV arruinouse a causa das malas condicións do chan. Consérvase unicamente o vestíbulo e o arranque das súas tres naves. Sobre o primeiro atópase a tribuna real, franqueada a ambos os lados por dúas pequenas estancias. A cuberta está abovedada, mediante un sistema complexo de bóvedas de medio canón. As naves están separadas por arcos que descansan en columnas, feito inusitado na arte asturiana, xa que o habitual era o uso do piar como soporte. Estas columnas apóianse en altas basas cadradas que acollen decoración escultórica de arcos que encadran figuras. Está realizada na súa meirande parte de perpiaño. As ventás presentan belas celosías talladas en pedra. A construción resulta esvelta e amosa certo interese do seu autor polas proporcións, posto que a súa altura é o triplo da anchura das súas naves. Declarada pola UNESCO Patrimonio da Humanidade en 1985.
E imos coa pregunta de hoxe!

22. Cal destes principios NON é característico da arte exipcia?
- Lei da frontabilidade
- Inmutabilidade
- Realismo
- Perpectiva xerárquica
Mañá a solución e última pregunta da serie!
FONTE: Idea orixinal culturizando.com, goconqr.com e gl.wikipedia.org Imaxe: gl.wikipedia.org