Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE? XXII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).

A contestación correcta á pregunta de onte é Kandisnky. Wassily Kandinsky (Moscova, 1866 – Francia, 1944) foi un pintor ruso e teórico da arte, precursor da abstracción na pintura e un dos artistas de máis sona do século XX. A obra en cuestión Composición VII, a peza máis complexa que pintou (1913) que se atopa na Galería Tretiakov de Moscova. Unha das teorías artísticas de Kandinsky baseábase na idea de que a cor está intimamente relacionado coa música, de maneira que nas súas pinturas, e en especial en Composición VII, é posible ver os sons e escoitar as cores.

E imos coa pregunta de hoxe!

22. De que estilo arquitectónico é a igrexa de San Miguel de Lillo, en Asturias?

- Gótico

- Prerrománico

- Barroco

- Neogótico

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal culturizando.com e gl.wikipedia.org      Imaxe: escapadarural.com

#DígochoEu: Non digas *reacio

 

Alguén que se resiste a facer unha cousa non é *reacio a algo en galego! Esther Estévez dinos a alternativa correcta no noso idioma!

#DígochoEu

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 40)

 

Veña! Continuamos coa fonética! Desta vez toca falar das palabras acabadas on -ote, -ota.

#DígochoEu

EMPREGAMOS SÓ O 10 % DO CEREBRO?

 

Continúo coa recuperación de partes dos programas de Órbita Laika, programa divulgativo da ciencia presentado por Eduardo Saénz de Cabezón emitido na cadea española TVE2, polo seu interese.

Neste caso Empregamos só o 10 % do cerebro? polo biólogo especializado en neurociencia Xurxo Mariño Alfonso.

Existe o “cerebro reptiliano"? Xurxo desmontou algúns dos moitos estendidos  neuromitos que seguen existindo a día de hoxe. Cun concurso onde o presentador do programa Eduardo viu postos a proba os seus coñecementos. Xurxo desmontou mitos como que só empregamos o 10% do noso cerebro, ou a existencia do “cerebro triuno”, unha clasificación xeral do encéfalo da vertebrados proposta nos anos 60 que, por sorte, non chegou a implantarse.

Moi interesante!

CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE? XXI

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).

A contestación correcta á pregunta de onte é Eduardo Chillida. O Peite do Vento (Haizearen orrazia) é un conxunto de esculturas de Eduardo Chillida (Donostia, 1924-2002) sobre unha obra arquitectónica do arquitecto vasco Luis Peña Ganchegui, sendo probablemente a súa obra máis importante e coñecida. Atópase situado nun extremo da baía da Concha, ao final da Praia de Ondarreta, en Donostia, País Vasco. Está composto por tres esculturas de aceiro, incrustadas nunhas rochas que dan ao mar Cantábrico. A obra foi finalizada en 1976.

E imos coa pregunta de hoxe!

21. Autor diste cadro?

- Mondrian

- Matisse

- Kandisnky

- Pollock

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal culturizando.com e gl.wikipedia.org      Imaxe: gl.wikipedia.org     

CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE? XX

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).

A contestación correcta á pregunta de onte é Modernismo. En francés Art nouveau, é o termo co que se designa a unha corrente de renovación artística desenvolvida a finais do século XIX e principios do XX, durante o período denominado fin de siècle e belle époque. En distintos países recibiu diversas denominacións: Art nouveau en Bélxica e Francia, España e Hispanoamérica, Jugendstil ou Art nouveau en Alemaña e países nórdicos, Sezession en Austria, Art nouveau ou Modern Style nos países anglosaxóns, Art nouveau ou Nieuwe Kunst en Países Baixos, e Art nouveau ou Style Liberty en Italia. Todas estas denominacións fan referencia á intención de crear unha arte nova, nova, libre e moderno, que representase unha ruptura cos estilos dominantes na época, tanto os de tradición academicista (o historicismo ou o eclecticismo) como os rupturistas (realismo ou impresionismo). Dúas ideas son fundamentais para entender a cultura moderna que estaba a emerxer: a conciencia de que “o futuro xa comezou”, que se relaciona co concepto de progreso; e a convicción de que para ter futuro non serven as pautas ou doutrinas de etapas anteriores, senón que é necesario crear as súas propias normas. Existe a ruptura co pasado e a aposta co futuro desde o mesmo presente.

E imos coa pregunta de hoxe!

20. Quen fixo esta escultura, denominada o Peite do vento?

- Santiago Calatrava

- Eduardo Chillida

- Joan Miró

- Salvador Dalí

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal culturizando.com e gl.wikipedia.org      Imaxe: gl.wikipedia.org     

#DígochoEu: Non digas *entorno

 

As expresións "en torno a" ou "en torno de" son outros dous castelanismos! Esther Estévez danos as alternativas!

#DígochoEu

#DígochoEu: Un par de dúbidas: 'anoche'? N velar?

 

No TikTok do #DígochoEu non paramos de resolver dúbidas! Como se di ’anoche’? Como pronunciamos o n de ’unha’?