Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE? XIX

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).

A contestación correcta á pregunta de onte é Verdadeiro. A Venus de Milo foi atopada, rota en dúas peza, en 1820, na illa grega de Milos, por un campesiño chamado Yorgos Kentrotas. Un oficial da mariña francesa, Jules Dumont d’Urville, decatouse do valor da obra e quixo comprala pero o prezo que o campesiño pedía pola escultura era demasiado alto, e como non levaba o diñeiro suficiente, recorreu a un embaixador francés en Constantinopla, quen accedeu a comprala. Con todo, anteriormente o campesiño acordara vendela aos turcos, o que iniciou un conflito pola posesión da estatua, incluso dise que algunha pelexa no último momento. Finalmente, a Venus de Milo saíu de Grecia no ano 1821, e logo de ser restaurada, presentoulla ao rei Luís XVIII no ano 1821 que a mandou colocar no museo do Louvre, onde aínda se exhibe. A obra en cuestión, tamén chamada pero menos coñecida como Afrodita de Melos, é unha escultura grega da época helenística que representa a deusa Afrodita (Venus para os romanos). É de  mármore, de preto de 2,02 m de alto, desprovista dos brazos e falta tamén do seu basamento orixinario. A partir dunha inscrición do perdido baseamento, a obra é atribuída a Alexandre de Antioquía. En tempos era, erradamente, adscrita ao célebre escultor Praxíteles.

E imos coa pregunta de hoxe!

19. Esta é a famosa obra O Beso, do pintor austríaco Gustav Klimt, pertencente ao…

- Surrealismo

- Modernismo

- Impresionismo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal culturizando.com, buen-saber.com e gl.wikipedia.org      Imaxe: culturagenial.com

SISTEMA INTERNACIONAL DE UNIDADES (SI)

SISTEMA INTERNACIONAL DE UNIDADES (SI)

O Sistema Internacional de Unidades (abreviado SI, do francés Système international d’unités) é un sistema constituído por sete unidades básicas: metro, quilogramo, segundo, kelvin, amperio, mol e candea, que definen ás correspondentes magnitudes físicas fundamentais e que foron elixidas por convención.

Símbolo   NomeMagnitude
s    segundo     
tempo
m    metro lonxitude
kg    kilogramo masa
A    amperio corrente eléctrica
K    kelvin temperatura termodinámica
mol    mol cantidade de sustancia
cd   candelaintensidade luminosa

O segundo (s). Tradicionalmente, é definido como unha das 86.400 partes nas que se divide o período de tempo que tarda a Terra en dar unha volta sobre o seu eixo imaxinario (período tamén chamado día), mais a definición oficial de segundo é a duración equivalente a 9.192.631.770 períodos de radiación correspondente á transición entre os dous niveis hiperfinos do estado fundamental do isótopo 133 do átomo de cesio, medidos a 0 kelvin.

O metro (m). Definiuse inicialmente como a 10.000.000 parte do cuadrante do meridiano terrestre, mais actualmente, o metro defínese como a lonxitude do traxecto percorrido pola luz no baleiro durante un intervalo de tempo de 1/299.792.458 de segundo (Unidade de Base ratificada pola 17ª CGPM - 1983.)

O quilogramo (kg). Todos temos unha idea intuitiva da masa como a cantidade de materia que hai nun obxecto; pero esta noción é enganosa por imprecisa, pois se pode confundir coa cantidade de sustancia. E, por outra banda, tamén é frecuente confundir a masa co peso, posto que vivimos inmersos no campo gravitatorio terrestre e percibimos a masa dos obxectos (e do noso propio corpo) sobre todo polo seu peso. A nivel coloquial é frecuente confundir masa e peso, como cando se di que algo pesa 10 quilogramos, cando en realidade habería que dicir 10 kilopondios: o quilogramo é a unidade de masa, e o kilopondio é a forza con que a Terra atrae un obxecto de 10 quilogramos de masa. A masa defínese en relación coa inercia: é aquela propiedade dun obxecto físico que determina a súa aceleración ao ser sometido a unha forza (de acordo coa fórmula F = m.a).

En canto á cantidade de sustancia, outra das magnitudes fundamentais, é o número de entidades elementais (normalmente átomos ou moléculas, aínda que tamén se pode tratar de ións, electróns ou outras partículas). A unidade é o mol, que é a cantidade de sustancia que ten un número de entidades elementais igual ao de átomos que hai en 12 gramos de carbono-12. Ese número é o coñecido como número de Avogadro, aproximadamente 6,022 x 10²³. Un mol dun elemento é o seu peso atómico expresado en gramos e, por tanto, nun mol de calquera elemento hai o mesmo número de átomos (o número de Avogadro). Por iso os moles utilízanse sobre todo para axustar as recciones químicas, xa que indican as cantidades dos distintos elementos que interveñen nunha reacción ou unha fórmula; así, posto que o dióxido de carbono é CO₂, un mol de CO₂ (44 gramos) fórmase combinando un mol de carbono (12 gramos) con dous moles de osíxeno (2 x 16 = 32 gramos). Por iso a cantidade de sustancia denomínase tamén “cantidade química”.

O kelvin (k). O cero kelvin é o cero absoluto, a temperatura á que cesan completamente os movementos moleculares. Un kelvin é a fracción 1/273.16 da temperatura termodinámica do punto triplo da auga (0.01°C).

A candea (cd) debe o seu nome a que é aproximadamente igual á intensidade luminosa dunha vela común, a sesaxésima parte da luz emitida por un centímetro cadrado de platino puro en estado sólido á temperatura do seu punto de fusión (2046 K).

O amperio (A), é a intensidade dunha corrente eléctrica dun culombio por segundo, sendo o culombio equivalente á carga eléctrica duns 6,24 x 10¹⁸ electróns.

FONTE: Carlo Frabetti/elpais.com/ciencia e gl.wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE? XVIII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).

A contestación correcta á pregunta de onte é 1937. O Guernica é un cadro, do creador do cubismo, Pablo Picasso (1881–1973), pintado en París entre os meses de maio e xuño de 1937, cuxo título alude ao bombardeo de Guernica, ocorrido o 26 de abril de devandito ano (1937), durante a guerra civil española. Foi realizado por encargo do director xeral de Belas Artes, Josep Renau, a petición do Goberno da Segunda República Española para ser exposto no pavillón español durante a Exposición Internacional de 1937 en París, co fin de atraer a atención do público cara á causa republicana en plena guerra civil española. Hoxe atópase no Museo Raíña Sofía de Madrid.

E imos coa pregunta de hoxe!

18. A Venus de Milo foi desenterrada por un campesiño e vendida a Francia a un prezo bastante alto.

- Verdadeiro.

- Falso, o prezo fixado polo campesiño foi moi baixo.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal culturizando.com, buen-saber.com e gl.wikipedia.org      Imaxe: louvre.fr

#DígochoEu: Non digas *pellizcar

 

En galego non *pellizcamos a ninguén porque temos outras formas de dicilo correctamente e Esther Estévez dínolo!

 #DígochoEu

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono Capítulo 20

 

Vaia episodio especial tivemos no #ApuntamentoLusófono esta semana! Rodrigo en Galicia!!!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE? XVII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).

A contestación correcta á pregunta de onte é Menorca. A Naveta dels Tudons é un monumento funerario prehistórico característico da Illa de Menorca. A de Tudons é naveta máis coñecida, datada entre o 2.000 e o 1.500 a.C. durante a época pretalaiótica, lugar de soterramento colectivo, realizada con perpiaños de pedras cortados de forma regular. A súa planta é de ferradura e no seu interior conta con dúas cámaras, unha superposta á outra.

E imos coa pregunta de hoxe!

17. En que ano pintou Picasso  o Guernica?

- 1927

- 1937

- 1947

- 1957

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal culturizando.com, escapadarural.com gl.wikipedia.org      Imaxe: culturizando.com

#DígochoEu: Non digas

 

En galego non nos podemos *agotar! Pero tranquilidade! Temos varias formas de dicilo correctamente.

 #DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE ? XVI

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).

A contestación correcta á pregunta de onte é Goya. Francisco José de Goya e Lucientes (1746-1828). A súa obra abarca a pintura de cabalete e mural, o gravado e o debuxo. En todas estas facetas desenvolveu un estilo que inaugura o Romanticismo. A arte goiesca supón, así mesmo, o comezo da Pintura contemporánea, e é considerado o precursor das vangardas pictóricas do século XX. A obra en cuestión, O 3 de maio en Madrid (tamén coñecido como Os fusilamentos na montaña do Príncipe Pío ou Os fusilamentos do tres de maio) foi rematado en 1814 e consérvase no Museo do Prado de Madrid. A intención de Goya ao elaboralo era plasmar a loita do pobo español contra a dominación francesa no marco do Levantamento do dous de maio, ao comezo da Guerra da Independencia Española.

E imos coa pregunta de hoxe!

16. Onde se poden atopara a naveta dels Tudons?

- Xirona

- Alacant

- Lleida

- Menorca

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal culturizando.com, escapadarural.com e es.wikipedia.org      Imaxe: escapadarural.com