DOCENCIA
CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE? XV
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).
A contestación correcta á pregunta de onte é Os íberos. Con este nóme, íberos, chamaron os antigos escritores gregos á xente do levante e sur da península ibérica para distinguilos dos pobos do interior, cuxa cultura e costumes eran diferentes. A Dama de Elxe é un busto ibero tallado en pedra calcaria que se data entre os séculos IV e V a. C. Mide 56 cm de altura e ten nas súas costas unha cavidade case esférica de 18 cm de diámetro e 16 de profundidade, que posiblemente servía, para introducir reliquias, obxectos sacros ou cinzas como ofrendas ao defunto.
E imos coa pregunta de hoxe!

15. A que pintor español pertence esta obra?
- Murillo
- Velázquez
- Goya
- Zurbarán
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal culturizando.com, blog.musement.com e es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org
CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE? XIV
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).
A contestación correcta á pregunta de onte é Velázquez. Diego Rodríguez de Silva e Velázquez (1599-1660), foi un pintor barroco español considerado un dos máximos expoñentes da pintura española e mestre da pintura universal. O cadro en cuestión As Meninas ou A Familia de Felipe IV e probabelmente a obra máis importante deste pintor. Realizada no ano 1656 está exposta na actualidade no Museo do Prado de Madrid.
E imos coa pregunta de hoxe!

14. Que civilización deixounos como legado a Dama de Elxe?
- Os sumerios
- Os cretenses
- Os íberos
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal culturizando.com, quonomy.com e es.wikipedia.org Imaxe: culturagenial.com
#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 39)
Esther Estévez segue coa fonética! As palabras acabadas en -eso son máis arrevesadas así que é máis difícil facermos regras, pero velaquí vai unha explicación!
#DígochoEu: Un par de dúbidas: 'enjuagar'?, 'peluquería'?
No #DígochoEu seguimos respondendo as dúbidas dos nosos seguidores de TikTok. Como se di ’enjuagar’ en galego? E ’peluquería’?
CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE? XIII
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).
A contestación correcta á pregunta de onte é XV. Renacemento é o nome dado no século XIX a un amplo movemento cultural que se produciu en Europa Occidental durante os séculos XV e XVI. Xorde en Italia en torno ao 1400. Marca o salto da época Medieval á Idade Moderna e trae consigo unha gran transformación cultural, non só das artes, senón tamén das ciencias, das letras e das formas de pensamento. Caracterízase polo rexeitamento de moitos dos principios do coñecemento medieval e pola admiración de antigüidade grecorromana. Pretende recuperar o saber clásico, no que busca unha nova escala de valores para o individuo. Fronte á sociedade medieval, na que todo viraba ao redor da idea de Deus, durante o Renacemento, o home pasa a ser o centro do universo. Emprega a razón como fonte do coñecemento e busca a verdade a través da reflexión persoal e da investigación.
E imos coa pregunta de hoxe!

13. Quen pintou As Meninas ?
- Caravaggio
- Kandinsky
- Velázquez
- Giotto
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal culturizando.com, buhosdeatenas.blogspot.com e es.wikipedia.org Imaxe: muyinteresante.es
#DígochoEu: Non fagas *pinitos en galego
CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE? XII
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).
A contestación correcta á pregunta de onte é O xardín das delicias. Hieronymus Bosch, latinizado como Bosco e tamén coñecido como Jeroen Bosch ou polo nome real Jeroen van Aken, nado en ’s-Hertogenbosch contra 1450 e finado en ’s-Hertogenbosch en agosto de 1516, foi un prolífico pintor neerlandés que entre outras obras, pintou a que se refire a pregunta en cuestión: O xardín das delicias. unha pintura realizada en óleo sobre madeira, estruturado en forma de tríptico (que era un formato frecuentemente empregado polos pintores entre comezos do século XV ata o XVII no norte de Europa). O traballo pódese ler cronoloxicamente: os paneis exteriores amosan a creación do mundo; o panel da esquerda describiría a unión, dirixida por Deus que toma a forma de Cristo, de Adán e Eva no Paraíso: o panel central representaría unha humanidade pecaminosa antes do Dioivo; e o panel dereito, ofrecería a visión do Inferno onde os pecadores están a sufrir as dores da tortura.
E imos coa pregunta de hoxe!

12. Século de comezo do Renacemento?
- XIII
- XIV
- XV
- XVI
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal culturizando.com, buhosdeatenas.blogspot.com e es.wikipedia.org Imaxe: gl.wikipedia.org