Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE? XI

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).

A contestación correcta á pregunta de onte é Románico. A arte románica foi o estilo artístico predominante na Europa cristiá dende mediados do século XI ata finais do século XII, abarcando tamén parte do XIII ata a chegada do Gótico. Tal como se apreciaba na imaxe da pregunta en cuestión, a construción máis típica era unha igrexa de planta de cruz latina con 3 naves, aínda que tamén se atopará algunha de planta grega. A nave central é sempre máis ampla que as laterais. A igrexa ten un transepto que dá ao cruceiro, lugar onde se sitúa o cimborrio. As cabeceiras da igrexa adoitan terminar en ábsidas semicirculares, que se multiplican ao final das tres naves e onde, ás veces, están completadas polas absidiolas. As técnicas da época non eran moi modernas, así que as construcións non eran sinxelas e os muros debían ser grosos para poder soster todo o sistema abovedado. Tampouco se podían abrir grandes vans ou xanelas en devanditos muros, polo que o interior era bastante escuro. No interior, as columnas tiñan base, plinto e fuste, ademais dun capitel habitualmente historiado con motivos pedagóxicos, relixiosos ou xeométricos, ademais de monstros. En canto aos teitos, hai que dicir que estaban cubertos por bóvedas, habitualmente de canón con arcos faxones ou de aresta, e estaban sustentados, ademais de polos muros, por un sistema de arcos de medio punto de sección rectangular e algúns estribos ou contrafortes, tanto exteriores como interiores. A igrexa completábase cunha ou dúas torres que flanqueaban a entrada ao templo e, en ocasións, con outras construcións anexas. Esta estrutura podemola ver na nosa Catedral de Santiago de Compostela.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Como se chama esta obra de O Bosco?

- O inferno, o limbo e o paraíso

- O xardín dos milagres

- O xardín das delicias

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal culturizando.com, buhosdeatenas.blogspot.com e es.wikipedia.org      Imaxe: gl.wikipedia.org

#DígochoEu: Descubre a única palabra con plural irregular en galego

 

Todas as palabras seguen unha norma ao facer o plural, pero hoxe imos falar da única palabra que muda a sílaba tónica cando pasa do singular ao plural.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE? X

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).

A contestación correcta á pregunta de onte é Barroco. A escultura barroca é a escultura asociada ao estilo barroco do período comprendido entre principios do século XVII e mediados do século XVIII. As súas características xerais son: Naturalismo, é dicir, representación da natureza tal como é, sen idealizala, busca o movemento, acción conxelada, lograda a través dunha composición asimétrica, onde predominan as diagonais e as "serpentinatas", posturas sesgadas e oblicuas, escorzos e contornos difusos e intermitentes, que dirixen a obra cara ao espectador cunha grande expresividade. Na imaxe da pregunta en cuestión aparece O David, unha estatua, en mármore, realizada entre 1623 e 1624 por Gian Lorenzo Bernini (Nápoles, 7 de decembro de 1597-Roma, 28 de novembro de 1680), que reperesenta ao futuro rei David, un dos personaxes do Antigo Testamento, o cal derrota ao xigante Goliat lanzando unha pedra cunha fonda.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. A estrutura arquitectónica desta igrexa corresponde ao…

- Románico

- Gótico

- Barroco

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal culturizando.com, alanxelmundo.com e es.wikipedia.org      Imaxe: cerebriti.com

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono Capítulo 19

 

No último directo de Twitch do #ApuntamentoLusófono tivemos outra convidada especial: @mamatopa! Así que falamos de Fisterra e de todas as súas variedades dialectais.

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *novidoso

 

Isto si que é unha auténtica novidade! *Novidoso non é correcto en galego! Esther Estévez danos a solución!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE? IX

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).

A contestación correcta á pregunta de onte é Impresionismo. É considerado o movemento máis importante na pintura das últimas décadas do século XIX. Supuxo: pintar ao aire fronte ao motivo, observar directamente a natureza, outorgar á luz a hexemonía que lle corresponde no dominio do visible, relativizar tódalas cores, abandonar a pintura de lendas poeirentas e toda ideoloxía directa, falar das aparencias cotiás que conforman a experiencia dun público urbano máis amplo (festas, días de campo, barcos, mulleres ao sol. Unha pintura impresionista é, ao mesmo tempo, máis precisa e máis vaga, ca calquera outra pintura realizada con anterioridade. Nela todo foi máis ou menos sacrificado en prol da precisión óptica das súas cores e tons. O espazo, as medidas, a acción (a historia), a identidade, todo queda mergullado baixo o xogo da luz. Na imaxe da pregunta en cuestión amosa o cadro de Monet Impresión, sol nacente (Impression, soleil levant), que da nome a iste movemento.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. De que estilo é esta escultura?

- Románico

- Gótico

- Barroco

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal culturizando.com, alanxelmundo.com e es.wikipedia.org      Imaxe: midiarioyviajes.com

CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE? VIII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).

A contestación correcta á pregunta de onte é Mozárabe. As principais características que definen a arquitectura mozárabe son as seguintes: Un gran dominio da técnica na construción, empregando principalmente sillería a soga e tizón, a uusencia ou sobriedade da decoración exterior, diversidade nas plantas, aínda que a maioría destacan polas pequenas proporcións e espazos descontinuos cubertos por cúpulas (de aresta, galonadas, de nervios de crucería califal...), uso do arco de ferradura ao estilo islámico califal (moi pechado e co peralte de dous terzos do radio), uso do alfiz, uso da columna como soporte (coroada por un capitel corintio decorado con elementos vexetais moi estilizados e os beirados sobresaen e asíntanse sobre modillóns de lóbulos. Na imaxe da pregunta en cuestión aparece un referente: San Miguel de Escalada (León). En Galicia temos tamén un tesouro: A Capela de San Miguel, nos xardíns do Mosteriro de San Salvador (Celanova-Ourense).

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Claude Monet (París, 14 de novembro de 1840 - Giverny, 5 de decembro de 1926) foi un pintor francés é un dos creadores diste movemento artístico chamado…

- Surrealismo

- Impresionismo

- Dadísmo

- Pop Art

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal culturizando.com, alanxelmundo.com e es.wikipedia.org      Imaxe: gl.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *albañil

 

Non hai ningunha palabra en galego que acabe en -ñil, nin sequera a cor *añil!

#DígochoEu