Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DigochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 38)

 

Imos con máis regras faciliñas sobre fonética! Desta vez toca falar das palabras acabadas en -ose, -oso, -osa.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE? VII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).

A contestación correcta á pregunta de onte é Século XIX. Vincent Willem van Gogh naceu en Zundert o 30 de marzo de 1853 e finou en Auvers-sur-Oise o 29 de xullo de 1890. Foi un pintor neerlandés e figura destacada do postimpresionismo. Algunha das súas obras son Xerra con doce xirasois (1.888), Campo de trigo con corvos (1.890)…

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Que nome recibe a arte desenvolvida polos cristiáns hispánicos que viviron en territorio musulmán no período que abarca desde a invasión musulmá (711) ata finais do século XI conservando a súa relixión e unha certa autonomía eclesiástica e xudicial?

- Arabesco

- Nazarí

- Arábigo

- Mozárabe

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal culturizando.com, alanxelmundo.com e es.wikipedia.org      Imaxe: masdearte.com

#DígochoEu: Un par de dúbidas: o mel ou a mel? Zudre?

 

Esther Estévez segue resolvendo dúbidas sobre lingua no TikTok! Mel é masculino ou feminino? Que significa zudre?

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE? VI

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).

A contestación correcta á pregunta de onte é Michelangelo. Michelangelo di Lodovico Buonarroti Simoni, coñecido xeralmente como Michelangelo ou Miguel Anxo, nado o 6 de marzo de 1475 en Caprese Michelangelo (a Toscana) e finado o 18 de febreiro de 1564 en Roma, foi un escultor, arquitecto, pintor e poeta do Renacemento italiano, considerado un dos máis grandes artistas da historia da arte de Occidente. A obra en cuestión da pregunta anterior, A Piedade, ou A Pietà , tamén coñecida como Pietá Vaticana, datada entre 1498 e 1499, é unha escultura de mármore de 174 cm por 195, que se atopa na basílica de San Pedro en Roma. A escultura estaba destinada a ornar o monumento funerario en memoria do defunto rei francés, Carlos VIII, falecido o 7 de abril de 1498, na capela de Santa Petronila, coñecida como “dos reis de Francia", na antiga basílica de San Pedro.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. En que século naceu Van Gogh?

- XVII

- XVIII

- XIX

- XX

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal culturizando.com, alanxelmundo.com e gl.wikipedia.org      Imaxe: culturizando.com

CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE? V

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).

A contestación correcta á pregunta de onte é Botticelli. Alessandro di Mariano di Vanni Filipepi, apodado Sandro Botticelli (debido a que foi aprendiz do pintor e artesán Botticello) nado en Florencia en 1445 e finado na mesma cidade en 1510, foi un pintor renacentista do Quattrocento italiano. A imaxe da pintura en cuestión da pregunta do día anterior é O nacemento de Venus (1485) pintura a témpera sobre lenzo de liño, conservada na Galería Uffizi de Florencia.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. A Piedade é unha obra escultórica de…

- Bernini

- Donatello

- Michelangelo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal culturizando.com, alanxelmundo.com e gl.wikipedia.org      Imaxe: miviaje.com

#DígochoEu: Aprende noutro medio minuto a non meter a zoca co b e v (2ª parte))

 

Hoxe, Esther Estévez, tráenos outra explicación rápida para non meter a zoca co b e v en galego!

#DígochoEu

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono Capítulo 18

 

No #ApuntamentoLusófono desta semana Esther e Rodrigo celebraron o magosto cun invitado especial: Rubén Riós! Ademais, houbo tempo para aprender a conxugar o verbo morrer e tamén para falar de catarros e mocos!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE? IV

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).

A contestación correcta á pregunta de onte é Gótico. A nivel arquitectónico, o estilo gótico naceu ao redor de 1140 en Francia, sendo considerada como o primeiro monumento deste movemento a basílica da abadía real de Saint-Denis ou San Dionisio. Esta arte definiuse durante moito tempo de maneira bastante superficial, exclusivamente polo emprego dun dos seus elementos, o arco apuntado, ao que adoita chamarse oxival, do que se deriva a bóveda de crucería que permite desprazar empurres a contrafortes externos, que se afastan aínda máis dos muros mediante o uso de arcobotantes. Iso permitiu a construción de edificios moito máis amplos e elevados, e o predominio dos vans sobre os muros. Os elementos sustentantes (alicerces de complicado deseño) quedan moito máis estilizados. Na imaxe da pregunta aparecía a Catedral de Notre Dame (París), edificación comenzada no ano 1163 e, para 1260, xa estaba completada no seu maior parte, aínda que se terminou no ano 1345 e modificouse de maneira frecuente ao longo dos séculos seguintes, debido a necesidades de renovación e tamén pola evolución do gusto dominante. Lamentablemente, o 15 de abril de 2019 ardeu. Durante horas, a catedral de 850 anos de antigüedade estivo en chamas ata que colapsou o teiro e a súa icónica agulla central.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Quen pintou iste cadro?

- Botticelli

- Rafael

- Ticiano

- Michelangelo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal culturizando.com, alanxelmundo.com e es.wikipedia.org      Imaxe: gl.wikipedia.org