Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE? III

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).

A contestación correcta á pregunta de onte é Leonardo da Vinci. Leonardo di ser Piero da Vinci, nado en Anchiano, Toscana, (República de Florencia), preto de Vinci, o 15 de abril de 1452 e finado en Amboise (Francia) o 2 de maio de 1519, foi un artista florentino destacado polímata en diferentes eidos: pintor, arquitecto, enxeñeiro, científico, escultor, inventor, urbanista, matemático, escritor e músico icona do Renacemento italiano. A obra en cuestión era a Mona Lisa, tamén coñecida como A Gioconda, na que se mostra unha muller cunha expresión introspectiva, lixeiramente sorrinte. O cadro foi pintado entre 1503 e 1519 é está exposto no Museo do Louvre en París. É probabelmente o retrato máis famoso na historia da arte.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. De que estilo é esta catedral?

- Gótico

- Románico

- Barroco

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal culturizando.com, alanxelmundo.com e es.wikipedia.org      Imaxe: arkiplus.com

#DígochoEu: Non digas *sobrepasar

 

E mira que hai verbos que empezan por sobre- en galego! Pero *sobrepasar non é correcto.

 #DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE? II

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).

A contestación correcta á pregunta de onte é Dóricas. É unha da tres ordes clásicas da arquitectura grega xunto co xónico e o corintio. Estas ordes baséanse principalmente nas súas diferenzas á hora de deseñar e construír as súas columnas, e na forma de presentar as fachadas dos seus edificios arquitectónicos. Os 3 elementos principais dunha columna son, en orde ascendente: base, o fuste e o capitel. O dórico é a orde grega por excelencia, que podemos atopar no icónico Partenón da akrópolis de Atenas (que vías na foto da pregunta de onte). Neste estilo, as columnas non teñen base. As columnas comezan desde o pedestal directamente polo fuste, composto de tambores robustos de sección circular. Está acanalado nos seus bordos, formando 20 estrías. A súa anchura non é constante ao longo de toda a columna, estreitándose nos últimos metros superiores. Esta éntasis, orixina o efecto de abombamiento na zona central, parecendo así máis grandioso. Os seus capiteis son absolutamente sobrios sen ningún elemento decorativo nin moito menos figuración, a súa unión coa parte superior do edificio é puramente estrutural e de unión. Os elementos minimalistas do capitel dórico chámanse, de arriba a abaixo: ábaco, equino e collarino.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Quen é o autor desta famosa pintura?

- Vicent van Gogh

- Salvador Dalí

- Leonardo da Vinci

- Michelángelo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal culturizando.com, alanxelmundo.com e es.wikipedia.org   Imaxe: misionesonline.net

CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE?

CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE?

A historia da arte é o relato da evolución da arte a través do tempo. Entendido como calquera actividade ou produto realizado polo ser humano con finalidade estética ou comunicativa, a través da cal se expresan ideas, emocións ou, en xeral, unha visión do mundo, empregando diversos recursos, como os plásticos, lingüísticos, sonoros ou mixtos.

A historiografía da arte, como disciplina académica e contorna institucional (museos, mercado da arte, departamentos universitarios, producións editoriais) adóitase restrinxir ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura), mentres que outras artes son máis especificamente obxecto de estudo doutras disciplinas claramente delimitadas, como a historia da literatura ou a historia da música, sendo todas elas obxecto de atención pola denominada historia da cultura ou historia cultural, xunto coas historias sectoriais enfocadas a outras manifestacións do pensamento, como a historia da ciencia, a historia da filosofía ou a historia das relixións. Algúns campos de coñecemento estreitamente relacionados coa historia da arte son a estética e a teoría da arte.

Nesta serie que hoxe comezo ímonos a referir a histografía da arte como disciplina académica, esencialmente a pintura, escultura e arquitectura.

Anímaste a averiguar canto sabes ou recordas?

Si. Pois empezamos!

1. Como se chaman estas columnas?

- Dóricas

- Xónicas

- Corintias

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal culturizando.com, alanxelmundo.com e es.wikipedia.org  Imaxe de cabeceira: encicloarte.com

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 37)

 

Esther Estévez segue coa fonética no #DígochoEu! Aquí vai un capítulo sobre vogais abertas e pechadas en palabras que levan un p polo medio!

#DígochoEu: Non digas *rácano nin *tacaño

 

En galego temos unha manchea de formas para insultar a alguén sen necesidade de chamarlle *racano nin *tacaño! E *racanear tampouco vale, claro! Esther Estévez danos as alternativas!

 #DígochoEu

#DígochoEu: Un par de dúbidas: encima ou enriba? Poñer a ou poñe-la?

 

Seguimos resolvendo as dúbidas dos seguidores da conta do TikTok do #DígochoEu Encima ou enriba? Poñer a mesa ou poñe-la mesa?

CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS? XIV (FIN)

Remato coa serie CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS, ises biomas de clima árido, onde as precipitacións son escasas e onde, en contra da crenza xeral, son hábitats biolóxicamente ricos que albergan unha ampla variedade de flora e fauna adaptadas ás súas condicións de vida extremas, onde viven máis dun millón de persoas, que representan a sexta parte da poboación da Terra.

A contestación correcta á pregunta de onte, e última, é Si. Si os hai. A Antártida, por exemplo, ten precipitacións anuais de só 200 mm na costa e moito menos terra dentro. De feito, os vales secos de McMurdo, no interior, son considerados o punto máis árido do planeta, máis mesmo que o deserto chileno de Atacama. Están desprovistos de neve. Na imaxe podes ver o val de Wright, o val central dos vales secos de McMurdo dentro das montañas Transantárticas, na Antártida.

E así remato esta serie, esperando que servise para aproximar coñecementos sobre os desertos.

Ata a próxima serie!

FONTE: Idea orixinal elagoradiario.com            Imaxe: es.wikipedia.org