Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS?

Un deserto é un bioma de clima árido, onde as precipitacións son escasas. Aínda que a crenza xeral tende a considerar aos desertos como terra erma e estéril, a verdade é que son hábitats biolóxicamente ricos que albergan unha ampla variedade de flora e fauna adaptadas ás súas condicións de vida extremas. Algúns desertos están entre as últimas áreas do planeta totalmente salvaxes e sen explorar. Con todo, máis dun millón de persoas, que representan a sexta parte da poboación da Terra, viven en rexións desérticas.

Os desertos ocupan máis dunha quinta parte da superficie do planeta e están en todos os continentes. Calquera lugar que reciba menos de 25 centímetros de precipitación pluvial ao ano pódese considerar un deserto. A pesar da percepción habitual de que os desertos son lugares secos e calorosos, tamén os hai sumamente fríos.

Pois sobre os desertos imos tratar. Canto sabes sobre eles? Comprobámolo?

Pois alá imos!

1. Cal é o deserto máis seco do mundo?

- Gobi

- Sáhara

- Kalahari

- Atacama

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal elagoradiario.com e nationalgeographic.es         Imaxe: viajescaucau.com

#DígochoEu: Non digas *hojaldre

 

Esther Estévez retoma un vídeo viral de TikTok para explicar como dicir correctamente *hojaldre!

 #DígochoEu 

#DígochoEu: Un par de dúbidas como se di 'catalejo'? E 'emoticono'?

 

O #DígochoEu continúa resolvendo as dúbidas dos seguidores da conta de TikTok! Como se di en galego ’catalejo’? E ’emoticono’?

CANTO SABES SOBRE COGOMELOS? XVII (FIN)

Remato coa serie CANTO SABES SOBRE COGOMELOS, na que pos a proba os teus coñecementos sobre istes fungos que adoitan medrar en lugares húmidos e pouco soleados.

A contestación correcta a proposta de onte, e última da serie, é Suillus bovinus. Fundo da orde Boletales tamén coñecido como Boletus bovinus.

Sombreiro normalmente de entre 5 e 10 cm de diámetro, ocasionalmente algo máis, de forma convexa a plano-convexa, só na súa última etapa permanece plano. A súa cor é o ocre dentro dunha gama de matices que ás veces se aproxima aos amarelos, pero nunca obscurece cara a tons pardos. Cutícula só brillante en tempo seco, pero vólvese un pouco viscosa coa choiva, sendo ademais dificilmente separable da carne do sombreiro. Marxe involuto e excedente nos exemplares novos, ademais de ser fino e de cor máis clara que o resto do sombreiro.

Tubos decurrentes e curtos, subdivididos e tabicados, de consistencia un tanto elástica e inseparables da carne do sombreiro. Son de cor amarela pálido mate de mozos, despois vólvense dun ton ocre oliváceo bastante feo.

Poros anchos e angulosos, de cor olivácea con matiz pardo ou ocre.

Pé cheo e sólido, de tamaño proporcionado ao sombreiro, cilíndrico aínda que na base se atenúa moito. É de cor similar ao do sombreiro salvo na base que é avermellada, na maioría das ocasións móstrase curvado.

Carne espesa pero fofa, esponxosa e demasiado tenra, de cor amarelada polo xeral, ás veces algo ocrácea. O seu sabor é doce e suave, pouco destacado, así como o seu cheiro.

E así remato esta serie, que só é uha pequena entrega e que tera continuidade!

Ata a próxima!

FONTE: Idea orixinal de es.educaplay.com e fungipedia.org      Imaxe: francini-mycologie.fr

CANTO SABES SOBRE COGOMELOS? XVI

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE COGOMELOS, na que pos a proba os teus coñecementos sobre istes fungos que adoitan medrar en lugares húmidos e pouco soleados.

A contestación correcta a proposta de onte é Lycoperdon perlatum . É un cogomelo coñecido como fungato e tamén chamado fungón, fungo de sapo, bufo de vella. É un tipo de cogomelo dos chamados peidos de lobo, fungos da familia das licoperdáceas de corpo frucífero globoso, abrancazados por fóra ao principio cheos dunha gleba branca, maciza (comestiblel) que ao madurar se transforma nun po pardo formado polas esporas. Membrana exterior recuberta de gránulas ou perlas, facilmente desprendibles. Ao desenterrarse o pé, toma aspecto de pera.

E imos coa última proposta da serie!

16. Identifica:

- Xerocomus chrysenteron

- Suillus bovinus

- Hygrophoropsis aurantiaca

- Lepista inversa

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE: Idea orixinal de es.educaplay.com e micoex.org      Imaxe: francini-mycologie.fr


#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono Capítulo 15

 

O #ApuntamentoLusófono segue na nosa canle de Twitch! No último directo Rodrigo e Esther trouxeron unha convidada moi especial para falar sobre Cabo Verde. E coma sempre, tamén houbo tempo para cantar e bailar!

#DígochoEu 

CANTO SABES SOBRE COGOMELOS? XV

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE COGOMELOS, na que pos a proba os teus coñecementos sobre istes fungos que adoitan medrar en lugares húmidos e pouco soleados.

A contestación correcta a proposta de onte é Amanita verna. Comunmente coñecida como amanita de primavera, cicuta branca ou cogomasa, é un fungo basidiomiceto mortal e venenoso, un dos moitos do xénero Amanita. Ten un sombreiro de 4 a 8 cm de diámetro, ao principio hemisférico ou globoso, despois convexo, pero pronto se estende e aparece plano-convexo; marxe regular, incurvado, liso sen estrías. Cutícula lisa, fina, untosa ou algo viscosa en tempo húmido, seca, satinada e de cor branca puro de nova, ao madurar pode tomar unha cor branca-crema sobre todo no alto do disco. As súas láminas son ventrudas, moi apertadas, brancas e delicadas. O pé é alto, firme, cilíndrico, un pouco atenuado no alto, de superficie sedosa baixo o anel, encima é algo estriado. Anel alto, membranoso, fráxil, branco, ás veces coa parte superior estriada. Base algo máis grosa, enfundada nunha volva branca con forma de saco, membranosa e fráxil que normalmente aparece moi enterrada e pode desfacerse ou desaparecer ao desenterrar o cogomelo.

E imos coa proposta para hoxe!

15. Identifica:

- Sarcosphaera crassa

- Lycoperdon parlatum

- Pisolithus arhizus

- Crucibulum laeve

Mañá a solución e última prposta da serie!

FONTE: Idea orixinal de es.educaplay.com e micoex.org      Imaxe: plantasyhongos.es

#DígochoEu: Non digas *coronilla

 

Para que utilizar este castelanismo cando temos tantas palabras en galego para referirnos a isto? Toma nota!

#DígochoEu