Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE COGOMELOS? XIV

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE COGOMELOS, na que pos a proba os teus coñecementos sobre istes fungos que adoitan medrar en lugares húmidos e pouco soleados.

A contestación correcta a proposta de onte é Coprinus comatus. O matacandil, tamén coñecido como barbuda, é un cogomelo da orde dos Agaricales. O sombreiro é de cor branca-sepia, con escamas imbricadas algo máis escuras. O diámetro é de 3 a 8 cm., e a altura de ata 20 cm. As lamelas son primeiro brancas, logo rosadas e ó final negras. O pé é longo, liso e oco cun anel baixo. Sepárase facilmente do chapeu e pode alcanzar 20 cm. de altura. As esporas son de cor verde.

E imos coa proposta de hoxe!

14. Identifica:

- Amanita verna

- Agaricus campestris

- Amanita phalloides

- Lactarius controversus

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de es.educaplay.com e es.wikipedia.org      Imaxe: cestaysetas.com

#DígochoEu: Non digas *de cuajo

 

*De cuajo é cen por cento un castelanismo! Pero tampouco existe *de coallo nin de cuaxo, nin nada parecido! Esther Estévez dinos a alternativa correcta!

#DígochoEu

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 34)

 

Esther Estévez volve cos capítulos de fonética! Aí van máis regras faciliñas, desta vez relacionadas coas palabras acabadas en -eco, -eca, -eque.

 #DígochoEu

CANTO SABES SOBRE COGOMELOS? XIII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE COGOMELOS, na que pos a proba os teus coñecementos sobre istes fungos que adoitan medrar en lugares húmidos e pouco soleados.

A contestación correcta a proposta de onte é Boletus pinicola. A andoa dos piñeiros, é un boleto basidiomiceto da orde Boletales. Cutícula de cor marrón avermellado (caoba) uniforme, lisa, e de difícil separación da carne. Como é habitual nos boletus o sombreiro é de forma hemiesférica que evoluciona a plano convexa, chegando a medir ata 30 cm. de diámetro. Marxe decurvado que se converte en plano e excedente na madurez. O himenio está composto por tubos case libres, separables da carne. Primeiramente son de cor branca, logo amarelados, pasando rapidamente a amarelo verde oliva. Poros redondos do mesma cor que os tubos. O pé moi groso, sólido e moi ventrudo cara á base, tanto que en moitos casos supera en diámetro ao sombreiro. De cor parecida ao do sombreiro pero máis claro, decorado cunha reticula de mallas poligonais de tons cremas a vermellos no ápice, e máis diluída no resto. A carne é consistente, espesa, branca, debaixo da cutícula de tons viñosos. Cheiro e sabor agradables, doces e prefumado. Unha vez desecado o cheiro é moito máis intenso.

E imos coa proposta para hoxe!

13. Identifica:

- Macrolepiota procera

- Coprinus comatus

- Agaricus campestris

- Amanita verna

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de es.educaplay.com e cestaysetas.com    Imaxe: jardineriaon.com

#DígochoEu: Aprende como son en galego os principais topónimos de España

 

Hoxe, Esther Estévez, tráenos unha lista dos topónimos de España que tiveron algún tipo de adaptación para adecualos ao galego.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE COGOMELOS? XII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE COGOMELOS, na que pos a proba os teus coñecementos sobre istes fungos que adoitan medrar en lugares húmidos e pouco soleados.

A contestación correcta a proposta de onte é Macrolepiota procera. Tamén coñecida como choupín, chouparro, cogordo... Caracterízase fundamentalmente polo seu gran tamaño, chegando ós 20 cm de altura e 10–30 cm de diámetro. O sombreiro é cerrado e globoso ao principio para irse abrindo co tempo ata adoptar unha forma basicamente chá cun mamelón central ben marcado. Está cuberto superiormente por unha cutícula grosa que se rompe en láminas ou escamas de cor marrón sobre un fondo branco, dispostas concentricamente e algo levantadas; co tempo, poden desprenderse na periferia pero nunca do mamelón central, que fica marrón. As lamelas son brancas, numerosas e de cor branca cremosa, se ben van empardecendo co tempo. Son desiguais e separadas do pé. A esporada é branca. O pé é esvelto e cilíndrico e sepárase doadamente do sombreiro; é oco. Presenta un bulbo patente na base, cuberto por unha lanuxe branca, e un anel de cor branca por riba e parda por baixo, amplo, dobre, fibroso, que pode estar solto e desprazarse ó longo do pé. A superficie do pé é de cor branca con manchas irregulares marróns, dando un aspecto acebrado. A carne é branca, non alterándose a cor ao ser cortada, cun aroma e sabor característico e agradable.

E imos coa proposta de hoxe!

12. Identifica:

- Tricholoma rutilans

- Russula pseudointegra

- Boletus aereus

- Boletus pinicola

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de es.educaplay.com e  fichasmicologicas.com   Imaxe: cestadesetas.com

CANTO SABES SOBRE COGOMELOS? XI

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE COGOMELOS, na que pos a proba os teus coñecementos sobre istes fungos que adoitan medrar en lugares húmidos e pouco soleados.

A contestación correcta a proposta de onte é Repolo do monte. De nome científico Sparassis crispa, ten unha talla moi grande, ata 40 cm. Forma globosa irregular, lembrando unha coliflor. Cor pardo claro ou amarelado. Pé curto e enterrado, inapreciable. Carne compacta na base, de cor branca. Cheiro e sabor agradables. parasita as raíces dos piñeiros.

E imos coa proposta de hoxe!

11. Identifica:

- Coprinus comatus

- Amanita pantherina

- Amanita verna

- Macrolepiota procera

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de es.educaplay.com e  fichasmicologicas.com   Imaxe: cestadesetas.com

#DígochoEu: Expresións relacionadas coa serie de moda

 

Esta semana no TikTok do #DígochoEu falouse de varias palabras e expresións relacionadas co ’Xogo da lura’, a serie de moda.