Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE COGOMELOS? X

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE COGOMELOS, na que pos a proba os teus coñecementos sobre istes fungos que adoitan medrar en lugares húmidos e pouco soleados.

A contestación correcta a proposta de onte é Cantharellus cibarius. A cantarela ou pan de cabra é un fungo basidiomiceto da familia Cantharellaceae. É un cogomelo moi apreciado polas súas calidades culinarias. Como o seu nome latino indica Cantharellus, é o diminutivo de copa, indicando desta maneira a forma máis habitual deste cogomelo (outras descricións habituais mencionan unha trompeta). A cor non é característico xa que depende das características do terreo onde medra, aínda que adoita ir entre o amarelo esbrancuxado até o laranxa. O chapeu é moi variable de tamaño e pode chegar a 6 a 10 cm. Pregues (non láminas), decurrentes. Sombreiro 1 a 12 cm, convexo no centro ou aplanado, en forma de copa e co bordo enrolado, ondulado, sinuoso e lobulado. Textura grosa e carnosa. Homoxénea (non se diferencian sombreiro e pé). Pé groso, cilíndrico e carnoso, ensanchado arriba. Carne branca que amarelenta nos bordos, compacta e lixeiramente fibrosa, moi difícil de avermar. Bo cheiro a albaricoque ou froita fresca, sabor lixeiramente picante.

E imos coa proposta de hoxe!

10.Identifica:

- Morchella esculenta

- Clavariadelphus pistillaris

- Ramaria flava

- Repolo do monte

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de es.educaplay.com e  fichasmicologicas.com   Imaxe: es.wikipedia.org

#DígochoEu Non digas *capullo

 

Pero que palabra é esa? Hoxe o #DígochoEu trae a forma de dicilo correctamente para calquera dos seus significados!

CANTO SABES SOBRE COGOMELOS? IX

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE COGOMELOS, na que pos a proba os teus coñecementos sobre istes fungos que adoitan medrar en lugares húmidos e pouco soleados.

A contestación correcta a proposta de onte é Amanita muscaria. Tamén chamada rebentabois, brincabois ou amanita pinta, é un cogomelo tóxico, pertencente á orde Agaricales, caracterizado polo seu sombreiro de cor vermella ou alaranxada salpicado de numerosas pintas brancas. Ao nacer, ten a forma dunha pequena bóla branca e carnosa, que termina rompendo ao desenvolver o sombreiro. Este é practicamente hemiesférico pero pouco a pouco vai estendéndose e tomando a clásica forma de paraugas, aplanado e co bordo lixeiramente estriado. A cor propia é vermella e vai clareando na madurecer, ata cores laranxas ou amareladas. O veo branco que pechaba ese ovo inicial queda fragmentado sobre a superficie do sombreiro formando esas pintas brancas, que van desprendéndose co paso do tempo, sobre todo baixo chuvias importantes, que as arrastran. Estes restos de veo poden arrancarse facilmente. O sombreiro é carnoso e húmido ou algo viscoso. Pode alcanzar un tamaño de 12–15 cm de altura e un diámetro de 8 a 20 cm. Na parte inferior do sombreiro están as láminas, sempre brancas, moi mestas e co bordo interno libre; a esporada é tamén branca. O pé ou talo, esvelto e de ata 3 cm de sección, tamén é branco, coa base engrosada e presenta un anel branco, membranoso, lobulado e colgante, ás veces coa marxe amarelenta e estriada. Cando o exemplar alcanza a madurez, o pé pode mostrar unha canle oca no seu interior. Como tódalas especies deste xénero, na base do pé atópase unha volva que, neste caso, adopta a forma dunha serie de rodas de vultos ou engrosamentos, tamén brancos, a modo de espullas.

E imos coa proposta de hoxe!

9. Identifica:

- Amanita phalloides

- Cantarellus cibarius

- Lactarius torminosus

- Suillus bovinus

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de es.educaplay.com, es.wikipedia.org e fichasmicologicas.com

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono Capítulo 14

 

No último directo de Twitch do #ApuntamentoLusófono Rodrigo e Esther falaron da serie de moda e aproveitaron a ocasión para traer como convidada a Alba Verea, unha tradutora galega que está vivindo en Corea. E tamén houbo tempo para saudar á familia de Rodrigo e darlle os parabéns á nai polo seu aniversario!

#DígochoEu 

EVOLUCIÓN XEOLÓXICA DA PENÍNSULA IBÉRICA

 

Presentación multimedia en formato vídeo sobre imaxes 3D que explica a evolución xeolóxica e a formación do relevo da península Ibérica nos últimos 300 millóns de anos: do Carbonífero ao  Holoceno en 8 minutos.

CANTO SABES SOBRE COGOMELOS? VIII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE COGOMELOS, na que pos a proba os teus coñecementos sobre istes fungos que adoitan medrar en lugares húmidos e pouco soleados.

A contestación correcta a proposta de onte é Tricholoma portentosum. Ou tortullo é unha especie de fungo basidiomiceto pertencente á familia Tricholomataceae. Cunha talla de 5 a 13cm, sombreiro cónico que despois aplánase, pero conserva o acusado mamelón central, ondulado nos bordos. Cutícula separable, viscosa en tempo húmido, con abundantes fibrillas radiais máis escuras rodeándoo, cor gris negruzco con reflexos violáceos, máis claro na marxe. Láminas sinuadas, escotadas, anchas e espaciadas, con lamélulas, cor branca-grisáceo con reflexos amarelados (como o pé). Pé robusto, cilíndrico, branco, con fibrillas sedosas longitudinais, non escamoso, a miúdo curvado, máis ancho na base, radicante. Carne espesa aínda que quebradiza, esbrancuxada e algo máis grisácea-violeta baixo o sombreiro. Cheiro e sabor fariñento. Esporas brancas.

E imos coa proposta de hoxe!

8. Identifica:

- Amanita muscaria

- Cantharellus cibarius

- Amanita phalloides

- Amanita cesarea

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de es.educaplay.com e es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *boceto

 

Os debuxiños que facemos con liñas sinxelas non son *bocetos en galego. Entón? Esther Estévez dinos a palabra correcta!

#DígochoEu 

#DígochoEu: Non digas *corresponsal

 

O xornalista que traballa fóra das oficinas centrais do seu medio de comunicación non se chama *corresponsal en galego. Esther Estévez dinos a forma correcta.

 #DígochoEu