Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE OS MORCEGOS? III

Continúo coa serie adicada aos morcegos, a miúdo etiquetados como pragas chupadoras de sangue ou portadoras de patógenos potencialmente mortais, como os coronavirus, pero esa reputación oculta todas as cousas boas que fan, desempeñando un papel crucial en moitos ecosistemas ao polinizar plantas e cultivos, e regular as poboacións de insectos.

A contestación correcta á pregunta de onte é 20%. Pode resultar bastante contraintuitivo, pois os morcegos son animais nocturnos que polo xeral deixanse ver pouco. Non obstante os quirópteros representan aproximadamente un 20 % de todas as especies de mamíferos. Isto convérteos na segunda orde máis diverso desta clase, só superados polos roedores.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Tal como dixemos hoxe, un 20% non é unha cantidade nada despreciable, iso significa que de cada 5 mamíferos que atopamos no noso planeta, un deles é un morcego. Pero sabes cantas especies de morcegos existen no mundo?

- 85

- 580

- 1.100

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es/naturaleza

#DígochoEu: O máis viral do TikTok (capítulo 25)

 

Hoxe traemos unha nova recompilación dos vídeos do TikTok do #DígochoEu máis virais!

#DígochoEu: Un par de dúbidas 'carracho'?; 'subrayador'?

 

Continuamos resolvendo dúbidas dos seguidores do #DígochoEu en TikTok! É correcto ’montar ó carracho’? E ’subrayador’?

CANTO SABES SOBRE OS MORCEGOS? II

Continúo coa serie adicada aos morcegos, a miúdo etiquetados como pragas chupadoras de sangue ou portadoras de patógenos potencialmente mortais, como os coronavirus, pero esa reputación oculta todas as cousas boas que fan, desempeñando un papel crucial en moitos ecosistemas ao polinizar plantas e cultivos, e regular as poboacións de insectos.

A contestación correcta á pregunta de onte é Quirópteros. Os morcegos pertencen a un grupo especial de mamíferos placentarios voadores chamados quirópteros, cuxas extremidades superiores desenvolvéronse como ás. O seu nome procede de dous vocábulos gregos, kheir (χειρ), man, e pteron (πτερον), á, que significa literalmente mans aladas, ás nas mans, ou mans nas ás.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Como dixemos, os morcegos son os quirópteros, con todo é posible que descoñezas o importantes que son estes dentro do grupo dos mamíferos, así que, saberías dicir que porcentaxe do total dos mamíferos coñecidos pertencen a este grupo?

- 2%

- 8%

- 20%

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es/naturaleza

CANTO SABES SOBRE OS MORCEGOS?

Morcegos / Imaxe: bbc.com

En moitas partes do mundo, os morcegos a miúdo son etiquetaxes como pragas chupadoras de sangue ou portadoras de patógenos potencialmente mortais, como os coronavirus. Pero esa reputación oculta todas as cousas boas que fan os morcegos, din os expertos. Estes mamíferos alados, dos cales só unha pequena fracción bebe sangue, desempeñan un papel crucial en moitos ecosistemas ao polinizar plantas e cultivos, e regular as poboacións de insectos.

Propóñoche unha aproximación a iste animal tan fascinante por centos de razóns e no que inspiráronse para crear o superheroe Batman. Anímaste? Pois alá imos!

1. Os morcegos son os únicos mamíferos capaces de voar, pero saberías dicir a que grupo de mamíferos en concreto pertencen?

- Chupópteros

- Quirópteros

- Vampíridos

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es/naturaleza

#DígochoEu: O máis viral do TikTok (capítulo 24)

 

Velaquí unha nova recompilación dos vídeos do TikTok do #DígochoEu máis virais. E desta vez aprendemos galego arremedando!

#DígochoEu: Cal non é un animal?

 

Esther Estévez pon a proba a Xosé R. Gayoso, e que ben o pasan! Cal destas opcións non é un animal? E ti, acertache?

#DígochoEu 

#Dígocho: Eu Cal é a correcta?

 

Esther Estévez pon a proba a Fran Cañotas e Antonio Mosquera para ver se acertan cal é a opción correcta. ’Quebraosos’, ’quebraósos’, ’coruxa’ ou ’curuxa’? Ti que cres?

#DígochoEu