Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Virais do TikTok: 'follado' e 'eivada'

 

Na semana pasada, na conta de TikTok do #DígochoEu, destacaron con diferenza dous vídeos así que velaquí os traemos!

CANTO SABES SOBRE OS MORCEGOS? VII

Continúo coa serie adicada aos morcegos, a miúdo etiquetados como pragas chupadoras de sangue ou portadoras de patógenos potencialmente mortais, como os coronavirus, pero esa reputación oculta todas as cousas boas que fan, desempeñando un papel crucial en moitos ecosistemas ao polinizar plantas e cultivos, e regular as poboacións de insectos.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1.200 á hora. A pesar da súa mala fama de animais nocturnos e transmisores de enfermidades, nada máis lonxe da realidade os morcegos son un dos mellores insecticidas creados pola natureza. Así, os morcegos a miúdo consomen cada noite o seu peso corporal en insectos, podendo chegar a atrapar ao redor duns 1.200 mosquitos por noite.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Pero para atrapar mosquitos con tan suma eficacia fai falta algo máis que un bo sistema de ecolocalización, polo que os quirópteros son tamén hábiles voadores. Sabes que velocidade pode chegar a alcanzar un morcego en pleno voo?

- 50 quilómetros por hora

- 100 quilómetros por hora

- 160 quilómetros por hora

Mañá a solución e unha nova pregunta

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es/naturaleza

CANTO SABES SOBRE OS MORCEGOS? VI

Continúo coa serie adicada aos morcegos, a miúdo etiquetados como pragas chupadoras de sangue ou portadoras de patógenos potencialmente mortais, como os coronavirus, pero esa reputación oculta todas as cousas boas que fan, desempeñando un papel crucial en moitos ecosistemas ao polinizar plantas e cultivos, e regular as poboacións de insectos.

A contestación correcta á pregunta de onte é Mediante ecolocalización. Cabe dicir que, a pesar da crenza popular, os microquirópteros non son completamente cegos xa que moitos empregan a vista como complemento ao sistema de sónar ou ecolocalización do que se valen para comunicarse, orientarse e atrapar ás súas presas, ás veces en total escuridade. A ecolocalización é a capacidade dos morcegos e outros animais como os golfiños para orientarse en base os sons e o seu eco. Para iso emiten ondas sonoras pola súa boca ou nariz e cando estas impactan nun obxecto, producen ecos que os animais interpretan ao ser recibidas de volta.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. A ecolocalización, da que falamos hoxe, é tan efectiva que os morcegos poden detectar obxectos tan finos como un pelo humano en completa escuridade. Esta habilidade permítelles atopar con gran eficacia os mosquitos que forman gran parte das súas dietas. De feito os morcegos son grandes depredadores de mosquitos, os cales poden chegar a atrapar a razón de....

- 400 á hora

- 800 á hora

- 1.200 á hora

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es/naturaleza

#DígochoEu: Non digas *ensaladilla

 

É moi rica e nutritiva, pero non se chama *ensaladilla en galego!

 #DígochoEu 

#DígochoEu: Non digas *desbrozadora

 

Tranquilidade! Non estamos repetindo vocabulario! Hoxe falamos dunha modificación que houbo no dicionario da RAG en relación a *desbrozadora.

#DígochoEu 

CANTO SABES SOBRE OS MORCEGOS? V

Continúo coa serie adicada aos morcegos, a miúdo etiquetados como pragas chupadoras de sangue ou portadoras de patógenos potencialmente mortais, como os coronavirus, pero esa reputación oculta todas as cousas boas que fan, desempeñando un papel crucial en moitos ecosistemas ao polinizar plantas e cultivos, e regular as poboacións de insectos.

A contestación correcta á pregunta de onte é Pseudoquirópteros. Os morcegos divídense en dous grupos principais: megaquirópteros e microquirópteros. Aos primeiros coñéceselles comunmente como morcegos da froita polo seu modo de alimentación baseada na froita, o pole e o néctar das plantas. Tamén como raposos voadores, polo seu parecido con estes animais e porque teñen grandes ollos que lles serven para buscar o seu alimento. Os segundos pola súa banda están representados por ao redor de 800 especies e son, polo xeral, cazadores que se alimentan de insectos.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Os macroquirópteros, ou macromorcegos, posúen grandes ollos e de feito a maioría deles teñen unha boa visión diúrna. Os micromorcegos pola contra oriéntanse na noite dunha maneira un tanto máis particular. Saberías dicir mediante cal?

- Mediante radar

- Mediante ecolocalización

- Mediante o olfacto

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es/naturaleza

#DígochoEu: Non digas *sudamericano

 

Nin *sudamericano nin *sudafricano! En galego, o ’r’ de sur non se transforma en ’d’

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS MORCEGOS? IV

Continúo coa serie adicada aos morcegos, a miúdo etiquetados como pragas chupadoras de sangue ou portadoras de patógenos potencialmente mortais, como os coronavirus, pero esa reputación oculta todas as cousas boas que fan, desempeñando un papel crucial en moitos ecosistemas ao polinizar plantas e cultivos, e regular as poboacións de insectos.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1.100. En efecto, en total e na actualidade, existen no noso planeta unhas 4.400 especies de mamíferos das cales 1.100 pertencen á orde dos morcegos, os cales habitan en todos os continentes excepto na Antártida.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Como dixemos hoxe, no mundo existen unhas 1.100 especies de morcegos. Istes, pódense clasificar de forma xeral en dous grandes grupos de quirópteros. Saberías dicir cal dos seguintes, non é un grupo de quirópteros?

- Megaquirópteros

- Microquirópteros

- Pseudoquirópteros

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es/naturaleza