Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófo Capítulo 8: mobles, telemóveis, bolboretas e acentos #DígochoEu

 

Dende as mudanzas ata os acentos, pasando por transformarse en bolboretas! Todo iso e moito máis é o que deu de si o último #ApuntamentoLusófono. Aquí está o directo completo, que tamén podes ver na nosa canle de Twitch. 

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? III

Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

A contestación correcta á pregunta de onte é O Texo. Nace na Fuente de García, na Serra de Albarracín, que pertence aos Montes Universales (Teruel) e desemboca no Océano Atlántico xunto a Lisboa, formando un esteiro coñecido como o Mar da Palla.

Percorre unha lonxitude de 1.007 km, 816 deles por territorio español. Logo de formar fronteira entre España e Portugal ao longo de 47 km, entra neste último país. Aquí percorre 145 km

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é o río máis caudaloso de España?

- Texo

- Guadiana

- Ebro

- Nalón

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *fixéronno

 

Como queda ’chulo’ o dobre ene de fixéronnos, facemos o mesmo con *fixéronno. Pois está mal! Atende ben á explicación de Esteher Estévez!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? II

Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Amazonas. É un río suramericano que nace na Cordilleira dos Andes, no lago Lauri ou Lauricocha, no Perú, pasa por Colombia, atravesa o Brasil e e desauga no océano Atlántico, xunto á Illa do Maraxó, no Brasil. É o río máis longo (7.062 km) e caudaloso (aproximadamente (209.000 m3/s) do mundo, e contén máis auga que o Nilo, o Yangtzé e o Mississippi xuntos, supoñendo preto dunha quinta parte da auga doce en estado líquido do planeta.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cal é o río máis longo de España?

- Texo

- Garona

- Ebro

- Douro

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *estropear

 

Outro castelanismo á vista! Para que dicir *estropear se temos outras formas de dicilo en galego!

 #DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS?

Comezo una nova serie, nesta caso adicada aos ríos: Canto sabes sobre os ríos. Un río é un curso natural e permanente de auga doce, que flúe por un leito e que desemboca no mar, nun lago ou noutro río.

Seguro que na materia de xeografía estudiaches os ríos máis importantes do mundo e máis aínda dobre os de España.

Pois ben, propóñoche un cuestionario para refrescar ises coñecementos. Anímaste? Si! Pois comezamos!

1. Cal é o río máis longo do mundo?

- Mississippi

- Yangtzé

- Nilo

- Amazonas

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org             Imaxe do mapa:cerebriti.com

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 32)

 

Esther Estévez segue con regras faciliñas sobre fonética! Desta vez toca falar das palabras que levan un ceta polo medio

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS OCÉANOS? XVI (FIN)

Remato coa serie Canto sabes sobre os océanos. Eles desempeñan un papel fundamental nas nosas vidas, xa que nos provén de boa parte do osíxeno que respiramos, absorben o dióxido de carbono que día tras día emitimos á atmosfera, regulan a temperatura e dannos para comer.

A contestación correcta á pregunta de onte, e última desta serie, é Antátida. National Geographic recoñeceu o quinto océano do planeta Terra que pasou a chamarse Océano Austral e súmase aos catro coñecidos: Océano Atlántico, Océano Pacífico, Océano Índico, Océano Ártico.

Nun artigo titulado Hai un novo océano agora, podes nomear os 5? explica que os cartógrafos de National Geographic din que as distintas rápidas correntes de auga que rodean a Antártida son dignas de chamarse Océano Austral.

E así remato esta serie, esperando que se non sabía moito sobre os océanos, seguro que algo novo aprendiches. Nunca é un mal día para incorporar novos coñecementos.

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/naturaleza      Imaxe: sumergete.cl