Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? VIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Río Amur. É un longo río do extremo sueste de Rusia e o extremo nordés de China (sérvelles de fronteira durante un longo tramo) que flúe, principalmente, en dirección este ata  desaguar no mar de Ojotsk. Ten unha lonxitude de 2.874 km pero se se considera xunto cunha das súas fontes, o río  Argún, alcanza o 44.44 km que o converten no décimo río máis longo do mundo

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Os ríos adoitan exercer como fronteira natural entre países. Cal destes destes ríos NON exerce como tal?

- Douro

- Llobregat

- Miño

- Bidasoa

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *as túas dotes

 

*As túas dotes non existen en galego! Atopas o erro? Non, pois Esther Estévez acláranolo!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? VII

Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Río Asón. Conta cunha lonxitude total de 39 quilómetros e discorre pola cornixa cantábrica. Nace en Portillo de Asón e desemboca no Cantábrico xunto a Colindres.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cal destes ríos non é europeo?

- Dniéper

- Moldava

- Amur

- Rin

- Volga

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? VI

Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Salween. Segundo un estudo de WWF (World Wild Fund for Nature/Fondo Mundial para a Natureza), Salween é o río máis contaminado, seguido do Danubio, o Río da Prata, o Río Grande e o Ganges. O río Salween, coñecido na China oficialmente como río Nu, é un río duns 2.815 km que flúe dende o altiplano do Tíbet ata o mar de Andaman en Asia do sueste.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Cal é o río máis curto de España?

- Río Darro

- Río Xenil

- Río Asón

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org

#DígochoEu: Un par de dúbidas: como se pronuncia Cee? Como se di 'rodaja'?

 

A conta de TikTok do #DígochoEu non para de resolver dúbidas! Como se pronuncian os topónimos como Cee, Roo ou Saa? Como se di ’rodaja’ en galego?

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? V

Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Río Roe. Discorre entre un enorme depósito de auga doce nos arredores da cidade de Great Falls, no estado de Montana (Estados Unidos), e o Río Misuri, prolongándose apenas ao longo de 61 metros. O recoñecemento deste feito tivo lugar en 1989, cando pasou a figurar no Libro  Guinness dos Récords. Antes disto, o río D, no estado de Oregón, era considerado como o río máis curto do mundo, cuns 150 metros de leito

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal é o río máis contaminado do mundo?

- Ganges

- Salween

- Danubio

- Río da Prata

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 33)

 

Seguimos coas palabras que teñen un son zeta polo medio. Aquí van algunhas regras!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? IV

Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Ebro. Cun caudal medio na súa desembocadura de 464 m3/s, o Ebro pode presumir de ostentar este título grazas a unha conca hidrográfica que supera o 85.500 km2 en total. Iso si, se se medise toda a península (contando tamén Portugal), o máis caudaloso sería o Douro.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Cal o río máis curto do mundo?

- Río Roe

- Río D

- Río Mapurite

- Río Reprua

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org