Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE OS OCÉANOS? XV

Continúo coa serie Canto sabes sobre os océanos. Eles desempeñan un papel fundamental nas nosas vidas, xa que nos provén de boa parte do osíxeno que respiramos, absorben o dióxido de carbono que día tras día emitimos á atmosfera, regulan a temperatura e dannos para comer.

A contestación correcta á pregunta de onte é Río Chagres, no océano Atlántico e o Pacífico. Este é o único río do mundo que desemboca en dous océanos: o océano Pacífico e o Atlántico. Grazas a el existen tamén a Canle de Panamá, o Lago Alajuela e o Lago Gatún, baixo o cal repousan os restos de 24 pobos.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Dende o pasado 6 de xuño, oficialmente o quinto océano é o Océano Austral. En que zona se atopa?

- No Ártico

- Na Antártida

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/naturaleza, e viajes.nationalgeographic.com.es

#DígochoEu: Non digas *puente nin *facer puenting

 

Non! Nin *puente nin *puenting! Sabes como se din estas palabras en galego? Esther Estévez dínolo!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS OCÉANOS? XIV

Continúo coa serie Canto sabes sobre os océanos. Eles desempeñan un papel fundamental nas nosas vidas, xa que nos provén de boa parte do osíxeno que respiramos, absorben o dióxido de carbono que día tras día emitimos á atmosfera, regulan a temperatura e dannos para comer.

A contestación correcta á pregunta de onte é Balea azul. É o animal coñecido máis grande da Terra e, por tanto, do océano. Pode alcanzar os 30 metros de lonxitude e as 180 toneladas de peso.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Cal é o único río do mundo que, ademais de ser navegable, desemboca en dous océanos?

- Río San Lorenzo, no océano Atlántico e o Pacífico

- Río Chagres, no océano Atlántico e o Pacífico

- Río Mississipi, no océano Pacífico e Atlántico

- Río Negro, no océano Índico e o Pacífico

Mañá a solución e última pregunta da serie!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/naturaleza, fundacionaquae.org e viajes.nationalgeographic.com.es

#DígochoEu: Un par de dúbidas: 'mancuernas'?; 'ala delta'?

 

Na conta de TikTok do #DígochoEu seguimos resolvendo as dúbidas dos nosos seguidores! Como se di ’mancuernas’, ’ala delta’ e ’parapente’ en galego?

#DígochoEu 

CANTO SABES SOBRE OS OCÉANOS? XIII

Continúo coa serie Canto sabes sobre os océanos. Eles desempeñan un papel fundamental nas nosas vidas, xa que nos provén de boa parte do osíxeno que respiramos, absorben o dióxido de carbono que día tras día emitimos á atmosfera, regulan a temperatura e dannos para comer.

A contestación correcta á pregunta de onte é Atlántico. Trátase da catarata do estreito de Dinamarca, tamén chamada “a bomba de  Groenlandia”. Atópase debaixo da auga entre  Groenlandia e Islandia. Calcúlase que ten 3.500 metros de caída.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. A que animal corresponde esta imaxe?

- Quenlla balea

- Cachalote

- Balea azul

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/naturaleza e fundacionaquae.org

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono Capítulo 7: duchas, gustos e acentos

 

Rodrigo e Esther aproveitaron que estamos na semana do Orgullo para falar sobre vocabulario relacionado con el. Pero o #ApuntamentoLusófono sempre dá para moito, así que Rodrigo tamén tivo que adiviñar se as persoas que lle ía propoñendo Esther estaban a falar en galego ou en castelán, e algunha sorpresa levou el!

 #DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *frente

 

Este é outro castelanismo! En galego non temos *frente, nin *en frente, nin *de frente...

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS OCÉANOS? XII

Continúo coa serie Canto sabes sobre os océanos. Eles desempeñan un papel fundamental nas nosas vidas, xa que nos provén de boa parte do osíxeno que respiramos, absorben o dióxido de carbono que día tras día emitimos á atmosfera, regulan a temperatura e dannos para comer.

A contestación correcta á pregunta de onte é Verdadeiro. As redes pantasmas son redes de pesca perdidas ou abandonadas durante a pesca, en ocasións en prácticas ilegais. Segundo un informe de Greenpeace, ao redor de 640.000 toneladas de equipos pantasmas terminan nos océanos cada ano. Unha cifra que se corresponde ao 10% dos plásticos que se atopan no mar e que poden provocar a morte de moitos animais marítimos.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. En que océano se atopa a catarata de auga máis grande da Terra?

- Océano Atlántico

- Océano Pacífico

- Océano Ártico

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/naturaleza,  elagoradiario.com e fundacionaquae.org