Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE OS OCÉANOS? VII

Continúo coa serie Canto sabes sobre os océanos. Eles desempeñan un papel fundamental nas nosas vidas, xa que nos provén de boa parte do osíxeno que respiramos, absorben o dióxido de carbono que día tras día emitimos á atmosfera, regulan a temperatura e dannos para comer.

A contestación correcta á pregunta de onte é 11 km aproximadamente. Challenger Deep é o punto máis profundo coñecido na hidrósfera dos fondos mariños da Terra, cunha profundidade de 10.902 a 10.929 m. Atópase no océano Pacífico, no extremo sur da fosa das Marianas, preto do grupo das illas Marianas. A fosa foi nomeada en honra ao barco da Mariña Real Británica HMS Challenger, que participou no descubrimento da fosa en 1875.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Que é a acidificación dos océanos?

- A acidificación é un cambio que se produce no  pH da auga e que é consecuencia dos refugallos que emiten os peixes e demais fauna que viven nela.

- Os océanos acidifícanse como consecuencia do crecente paso das embarcacións que van cargadas de mercadorías, mercadorías que veñen a Occidente procedentes fundamentalmente de China.

- A acidificación dos océanos prodúcese polo aumento das emisións humanas de CO2 á atmosfera. Cando o dióxido de carbono chega ao océano, reacciona coa auga de mar e prodúcese ácido carbónico, que aumenta a súa acidez.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/naturaleza e wikipedia.org

#DígochoEu: Un par de dúbidas 'tódolos' ou 'todos os'?; 'colchoneta'?

 

Os seguidores da conta de TikTok do #DígochoEu sempre teñen moitas dúbidas, así que Esther Estévez segue resolvéndoas! Como é? ’Tódolos’ ou ’todos os’? É correcto ’colchoneta’ en galego?

CANTO SABES SOBRE OS OCÉANOS? VI

Continúo coa serie Canto sabes sobre os océanos. Eles desempeñan un papel fundamental nas nosas vidas, xa que nos provén de boa parte do osíxeno que respiramos, absorben o dióxido de carbono que día tras día emitimos á atmosfera, regulan a temperatura e dannos para comer.

A contestación correcta á pregunta de onte Os océanos. Aínda que os bosques e as selvas fornécennos osíxeno, non son como moitos cren os pulmóns do planeta. O fitoplancto presente na auga é o principal responsable de que podamos respirar osíxeno e é que produce entre o 50 e o 85 % do osíxeno que se libera cada ano á atmosfera.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Canto mide a parte máis profunda do océano?

- 11 km aproximadamente.

- 21 km aproximadamente.

- 31 km aproximadamente.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/naturaleza

CANTO SABES SOBRE OS OCÉANOS? V

Continúo coa serie Canto sabes sobre os océanos. Eles desempeñan un papel fundamental nas nosas vidas, xa que nos provén de boa parte do osíxeno que respiramos, absorben o dióxido de carbono que día tras día emitimos á atmosfera, regulan a temperatura e dannos para comer.

A contestación correcta á pregunta de onte é Son capaces de absorber un 30 % de todo o dióxido de carbono que emitimos á atmosfera. Pero tamén o 80 % da calor xerada polo aumento dos gases de efecto invernadoiro. Son, por tanto, sumidoiros de carbono.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Quen son os verdadeiros pulmóns do planeta?

- Os bosques e selvas.

- Os océanos.

- O Amazonas.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/naturaleza

#DígochoEu: Especial Día da Xente do Mar #vaidepeixe

 

Hoxe #vaidepeixe. Unímonos á celebración do Día da Xente do Mar! (25 de xuño) Coñeces todas estas palabras? 

#DígochoEu 

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 30) -orro,-orra

 

Neste novo episodio de fonética falamos das palabras que acaban en -orro e -orra.

 #DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS OCÉANOS? IV

Continúo coa serie Canto sabes sobre os océanos. Eles desempeñan un papel fundamental nas nosas vidas, xa que nos provén de boa parte do osíxeno que respiramos, absorben o dióxido de carbono que día tras día emitimos á atmosfera, regulan a temperatura e dannos para comer.

A contestación correcta á pregunta de onte é Un 95 % do volume dos océanos aínda non se coñece. Son varias as iniciativas científicas postas en marcha para pescudar máis sobre eles e a vida mariña que albergan. Un dos proxectos internacionais máis importantes levados a cabo foi o Censo da Vida Mariña, de máis de 10 anos de duración no que se documentaron 226.000 especies eucariotas.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Que papel xogan os océanos no cambio climático?

- Os océanos non teñen ningunha relación co cambio climático, nin boa nin mala.

- Son capaces de absorber un 20 % de todo o dióxido de carbono que emitimos á atmosfera.

- Son capaces de absorber un 30 % de todo o dióxido de carbono que emitimos á atmosfera.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/naturaleza

#DígochoEu: Non digas *chivarse nin *chivatazo

 

Úsase bastante en galego, pero *chivarse non é correcto! E *chivatazo tampouco, claro! Anota as opcións que nos dá Esther Estévez neste episodio

#DígochoEu