Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE OS OCÉANOS? III

Continúo coa serie Canto sabes sobre os océanos. Eles desempeñan un papel fundamental nas nosas vidas, xa que nos provén de boa parte do osíxeno que respiramos, absorben o dióxido de carbono que día tras día emitimos á atmosfera, regulan a temperatura e dannos para comer.

A contestación correcta á pregunta de onte é Pacífico. É a parte do océano mundial de maior extensión da Terra, ocupando a terceira parte da súa superficie (unha área de 155.557.000 km2) e esténdese aproximadamente 15.000 km desde o mar de Bering limitando co Ártico polo norte, ata as marxes conxeladas do mar de Ross e limitando polo sur coa Antártida. Alcanza a súa maior anchura (da orde de 19.800 km) aproximadamente a 5 graos de latitude norte, estendéndose desde Indonesia ata a costa de Colombia. Enténdese que o límite occidental do océano está no estreito de Malaca.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Que porcentaxe dos océanos está aínda sen explorar?

- Un 95 % do volume dos océanos aínda non se coñece.

- Coñecemos á perfección o 95 % do volume dos océanos.

- Coñecemos a totalidade dos océanos.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/naturaleza e wikipedia.org

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono Capítulo 5: soletreando con Quim Barreiros e dançando kuduro

 

Continúa o #ApuntamentoLusófono na canle de Twitch da CRTVG, e con el os bailes e as cancións! Desta vez Rodrigo e Esther aprenderon a soletrear, tolearon un pouco con ’Dança kuduro’ e ata tiveron a visita de Quim Barreiros! 

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS OCÉANOS? II

Continúo coa serie Canto sabes sobre os océanos. Eles desempeñan un papel fundamental nas nosas vidas, xa que nos provén de boa parte do osíxeno que respiramos, absorben o dióxido de carbono que día tras día emitimos á atmosfera, regulan a temperatura e dannos para comer.

A contestación correcta á pregunta de onte é Ao redor dun 71 % da superficie terrestre é auga. E desa porcentaxe un 96,5 % aproximadamente está formado por océanos, mentres que o restante 3,5 % é auga doce que se atopa a nivel superficial en forma de ríos e arroios, a nivel subterráneo en forma de acuíferos naturais, e en forma de xeo nos polos e cimas de montañas.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Qué océano é máis grande?

- Pacífico.

- Atlántico.

- Índico.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/naturaleza

#DígochoEu: Non digas *cartaz

 

Nin *cartaz nin *cartaces. Sabes por que? Esther Estévez explícanolo neste episodio!

 #DígochoEu 

CANTO SABES SOBRE OS OCÉANOS?

CANTO SABES SOBRE OS OCÉANOS?

Unhasorprendente anemone de mar preséntanos ao seu "invitado". Rexión de Ngemelis, Palau, Pacífico Sur. Unha das fotos gañadoras do concurso fotográfico da ONU sobre os océanos / Foto: Michael Gallagher

O pasado día 8 de xuño, celebrouse o Día Mundial dos Océanos. Os océanos desempeñan un papel fundamental nas nosas vidas, xa que nos provén de boa parte do osíxeno que respiramos, absorben o dióxido de carbono que día tras día emitimos á atmosfera, regulan a temperatura e dannos para comer.

Os océanos albergaron aos primeiros seres vivos hai uns 3.500 millóns de anos. Só cando as condicións en terra firme foron as adecuadas para non morrer abrasados pola radiación, moitos destes seres vivos cambiaron o hábitat acuático por un terrestre. Cinco son os océanos que bañan o noso planeta: o Pacífico, o Atlántico, o Índico, o Ártico e o Antártico, ocupando unha boa parte del, máis de máis de 360.132.000 km². Non en balde, á Terra coñécella como o “planeta azul”.

Habitamos un planeta azul, pero sabemos moi pouco das súas augas. Tanto é así que visitamos máis veces a Lúa que o fondo do mar. Destínase máis diñeiro á exploración espacial que á oceánica e iso que con esta última non só obtemos coñecemento, que tamén, senón que, grazas a esta análise os científicos poden predicir, por exemplo, cambios climáticos e meteorolóxicos a longo prazo. Tamén permite explotar de maneira máis eficiente os recursos do planeta, o que á súa vez se traduce nunha mellor xestión do medio ambiente en xeral.

Na actualidade os océanos están seriamente ameazados. A sobrepesca que pode acabar esquilmando especies, os refugallos plásticos que acaban nos mares e que se van degradando co tempo converténdose en perigosos  microplásticos que os animais e nós mesmos inxerimos e as emisións de carbono que fan que as augas se acidifiquen e quenten, contribuíndo á destrución da fauna, a perda de hábitats naturais e a subida do nivel do mar, son os principais inimigos aos que se enfrontan os océanos e que nos urxe afrontar coa máxima celeridade posible.

Propóñoche averiguar canto sabes sobre os océanos. No te preocupes se non sabes moito, seguro que algo novo aprendes. Anímaste? Pois empezamos!

1. Canta auga hai na Terra?

- Aoredor dun 41 % da superficie terrestre é auga.

- Ao redor dun 51 % da superficie terrestre é auga.

- Ao redor dun 71 % da superficie terrestre é auga.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/naturaleza

#DígochoEu: Non digas *descuartizar

 

Este verbo tan truculento é outro castelanismo! Sabes como se di correctamente en galego? Esther Estévez cóntanolo neste episodio!

 #DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? XXII (FIN)

Remato coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.

Á resposta á pregunta de onte é Depende da quen llo preguntes. Moitos expertos cuéstionanse se o planeta ten a capacidade suficiente como para albergar residuos nucleares de maneira indefinida; ademais das consecuencias negativas da mineraría de uranio, por exemplo. Doutra banda, outros científicos cren que a enerxía nuclear non só é esencial para deixar atrás os combustibles fósiles, senón que é completamente limpa, segura e renovable a escala humana. Persoalmente estou cos primeiros.

E así remato esta serie. Ata a próxima!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? XX

Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.

Á resposta á pregunta de onte é Si. A resposta máis realista, que avalan moitos científicos, parece ser afirmativa. O obxectivo da humanidade, para mitigar os efectos do cambio climático, é deixar de usar os combustibles  fósiles, pero isto non pode facerse da noite á  mañá. Por iso, debemos usar a enerxía nuclear para reducir ao mínimo a cantidade de enerxía que obtemos mediante estas fontes contaminantes.

E imos coa pregunta de hoxe!

20. A enerxía nuclear ten a súa parte negra. A bomba lanzada sobre Hiroshima, chamada Little Boy, foi construída con uranio-235, un isótopo do uranio. En que fecha foi lanzada?

- 6 de xuño de 1945

- 6 de xullo de 1945

- 6 de agosto de 1945

- 6 de setembro de 1945

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e es.wikipedia.org      Imaxe: milenio.com