Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? XXI

Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.

Á resposta á pregunta de onte é 6 de agosto de 1945. A mañá do luns 6 de agosto de 1945, a bomba Little Boy foi lanzada ás 08:15 da mañá de Hiroshima e alcanzou en 55 segundos a altura determinada para a súa explosión, aproximadamente 600 metros sobre a cidade. Debido a ventos laterais fallou o branco principal, a ponte Aioi, por case 244 metros, explotando xusto encima da Clínica cirúrxica de Shima. A detonación creou unha explosión equivalente a 16 quilotóns de TNT.​ Estímase que instantaneamente a temperatura elevouse a máis dun millón de graos centígrados, o que incendiou o aire circundante, creando unha bóla de lume de 256 metros de diámetro aproximadamente.

E imos coa última pregunta da serie!

21. A enerxía nuclear é limpa e renovable.

- Si

- Non

- Depende da quen llo preguntes

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

#DígochoEu: Un par de dúbidas: 'asemade' é igual a 'ademais'?; como se di 'abrazo'?

 

Seguimos resolvendo as dúbidas dos seguidores da conta de TikTok do #DígochoEu! É o mesmo ’asemade’ que ’ademais’? Como se di ’abrazo’?

#DígochoEu: Non digas *botiquín

 

Cando nos mancamos, non botamos man do *botiquín. En galego temos unha forma propia de chamarlle a esta caixa, e Esher Estévez dínola hoxe!

 #DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? XIX

Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.

Á resposta á pregunta de onte é Entre un 10 e un 20 %. Aproximadamente un 10% da enerxía que utiliza o ser humano para levar a cabo as súas actividades provén da fisión nuclear.

E imos coa pregunta de hoxe!

19. Necesitamos contar coa enerxía nuclear para deixar atrás aos combustibles fósiles?

- Si

- Non

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

#DígochoEu: Non digas *mismo

 

*Mismo non é correcto en galego, pero tampouco o é *ensimismado nin *ensimismamento! Esther Estévez cóntanos como se din todas esas palabras neste episodio.

 #DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? XVIII

Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.

Á resposta á pregunta de onte é Todas as anteriores. Aínda que a máis coñecida é a produción de electricidade, existen outras moitas aplicacións proveitosas, moitas veces descoñecidas para o público: industria, hidroloxía, agricultura e alimentación, medicina, arte, aplicacións científicas, exploración espacial e cosmoloxía.

E imos coa pregunta de hoxe!

18. Que porcentaxe da enerxía que utiliza o ser humano para levar a cabo as súas actividades provén da fisión nuclear?

- Entre un 10 e un 20 %

- Entre un 20 e un 30 %

- Máis do 30 %

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e foronuclear.org

POR QUE HAI VIDA NA TERRA?

 

A existencia da vida na Terra apóiase en cinco grandes piares: a distancia ao Sol, nin moi preto nin moi lonxe, o suficiente para que haxa auga líquida; o núcleo magnético, que protexe a atmosfera do arrastre do vento solar e á vida da radiación cósmica; a propia atmosfera, cuxo efecto invernadoiro evita que a auga se conxele; naturalmente, a auga, disolvente universal da vida; e por último o osíxeno, que nos permite respirar.

Pero a diferenza dunha receita de cociña, estes ingredientes non son de todo independentes entre si. E, sobre todo, como na elaboración de calquera prato, só se se cociñan na orde e do modo adecuado obtense o resultado que fai posible que hoxe esteamos aquí.

O vídeo superior percorre un camiño de máis de 4.500 millóns de anos, desde o seu nacemento como unha bóla  incandescente ata o actual planeta azul, descubrindo que fixo tan especial á Terra, un mundo en constante cambio.

FONTE: bbvaopenmind.com

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 29) ditongos

 

Neste novo episodio de vogais abertas e pechadas, Esther Estévez falanos sobre os ditongos decrecentes.

#DígochoEu