Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? XVII

Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.

Á resposta á pregunta de onte é 1903 e 1911. A madamme Curie atribúenselle os primeiros estudos sobre o fenómeno da radioactividade (termo que ela mesma acuñou), o desenvolvemento de técnicas para o illamento de isótopos radioactivos e o descubrimento de dous elementos: o polonio e o radio. Foi a primeira muller en gañar un Nobel e a primeira persoa en gañar dous premios Nobel; o de Física en 1903 xunto ao seu marido Pierre Curie, e o de Química en 1911 en solitario.

E imos coa pregunta de hoxe!

17. Ademais da fabricación da bomba atómica, que outros usos (esta vez, pacíficos) déuselle á enerxía nuclear, ademais da xeración de enerxía?

- Como método diagnóstico

- Como método terapéutico

- Empregar unha agricultura máis eficiente

- Conservar os alimentos

- Manter as pragas baixo control

- Todas as anteriores

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono Capítulo 4: 'Pousa, pousa na garagem da vizinha'

 

Rodrigo Paganelli e Esther Estévez teñen claro que a mellor forma de aprender portugués é cantando! Neste capítulo de #ApuntamentoLusófono da nosa canle de Twitch entoaron algo de Quim Barreiros e da Roda!

 #DígochoEu 

CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? XVI

Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.

Á resposta á pregunta de onte é Verdadeiro. En torno ao 10 ou 15% da radiación que recibe un ser humano  provén de fontes artificiais, como instrumentos médicos (radiografías); e só un 0,1% provén da  energía nuclear. O que conta é a dose.

E imos coa pregunta de hoxe!

16. En que anos recibiu Marie Curie senllos premios Nobel polos seus descubrimentos sobre a radioactividade?

- 1906 e 1909

- 1903 e 1911

- 1905 e 1923  

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

#DígochoEu: Un par de dúbidas: como se di 'farola'?; 'estar a xogar' ou 'xogando'?

 

Moitas dúbidas teñen os seguidores da conta de TikTok do #DígochoEu! Pois continuamos resolvéndoas! Desta vez Esther Estévez explícanos como se di *farola en galego, e se é o mesmo ’estar a xogar’ que ’xogando’.

CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? XV

Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.

Á resposta á pregunta de onte é Radiación electromagnética. É importante diferenciar entre radiación ionizante (raios alfa, beta, raios X, gamma e cósmicos) e todas as radiacións electromagnéticas, como as de radiofrecuencia, que son non ionizantes e por tanto, son radiolóxicamente inocuas.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Estás  máis exposto á  energía nuclear  comendo un  plátano que vivindo un ano xunto a unha central nuclear.

- Verdadeiro

- Falso

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

#DígochoEu: Non digas *aturdir

 

En galego non podes estar *aturdido! Esther Estévez explícanos a forma correcta de dicilo neste episodio!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? XIV

Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.

Á resposta á pregunta de onte é Verdadeiro. A probabilidade de morrer nun accidente de avión é dunha entre 9.737, segundo o Consello Nacional de Prevención de Riscos (National Safety Council). Por outra banda, segundo Foro Nuclear, a probabilidade de que se produza un accidente nuclear (nin sequera de morrer nel, só de que se produza) é de [1x10(-6)] un por dez elevado a menos seis, o que é o mesmo que un único accidente nun millón de anos de funcionamento.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Cal das seguintes NON é un tipo de radiación perigosa para o ser humano?

- Raios X

- Radiación cósmica

- Radiación electromagnética

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 28) -eiro, -eira

 

Temos unha regra ben faciliña para pronunciar as palabras acabadas en -eiro, -eira. Esther Estévez cóntanola neste episodio!

#DígochoEu