Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE ANATOMÍA? XXI

Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.

A contestación correcta á pregunta de onte é 32. Entre eles, hai 8 incisivos, 4 cairos, 8  premolares e 12 molares (o que inclúe 4 moas de xuízo). Os nenos teñen 20 dentes.

E imos coa pregunta de hoxe!

21. Identifica a parte intestibal sinalada.

- Colon

- Íleo

- Duodeno

- Apéndice

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gal.wikipedia.org         Imaxe: efesalud.com

#DígochoEu:​ Un par de dúbidas: 'pobo' e 'aldea'? 'pajarita'?

 

Hoxe resolvemos outro par de preguntas que nos fixeron na conta de TikTok do #DígochoEu Que diferenza hai entre pobo e aldea? Como se di *pajarita en galego?

CANTO SABES DE ANATOMÍA? XX

Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Radio. É un óso situado na parte lateral ou externa do antebrazo, paralelo ao cúbito. Pola súa morfoloxía, trátase dun óso longo, con forma de prisma e lixeiramente curvo. O seu extremo superior ou proximal, máis redondeado, conecta coa articulación do cóbado e o inferior ou distal, máis aplanado, coa articulación do pulso, no lado máis próximo ao polgar.

E imos coa pregunta de hoxe!

20. Cantos dentes ten un humano adulto?

- 20

- 28

- 32

- 34

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gal.wikipedia.org         Imaxe: clinicadentalmontane.com

CANTO SABES DE ANATOMÍA? XIX

Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Larixe. É un tubo músculo cartilaxinoso da parte superior do aparato respiratorio e órgano esencial na fonación. Forma parte do eixo visceral do pescozo, localizada na liña media, por diante da farinxe, de tal maneira que a parede posterior da larinxe está pegada á parte anterior do esófago. Os aneis cartilaxinosos da larinxe mantéñena sempre aberta, pero a estrutura péchase durante a deglutición para evitar broncoaspiracións. Máis concretamente é unha cartilaxe larínxea denominada epiglote a encargada desta acción.

E imos coa pregunta de hoxe!

19. Identifica o óso da ilustración superior.

- Cúbito

- Húmero

- Radio

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gal.wikipedia.org         Imaxe: medicoplus.com

 

#DígochoEu:​ Non digas *picor

 

Sabías que en galego é correcto picar pero non *picor? Esther Estévez Casado cóntanos que palabras podemos usar no seu lugar!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *espaciar

 

Nin *espaciar nin *espacio son palabras correctas en galego. Esther Estévez Casado acláranolo!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ANATOMÍA? XVIII

Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Ningunha das anteriores é correcta. O óso parietal é un óso do cranio, plano, par, de forma  cuadrilátera, con dúas caras, interna (endocraneal) e externa (exocraneal), e catro bordos cos seus respectivos ángulos. Atópase cubrindo a porción superior e lateral do cranio, por detrás do frontal, por diante do occipital e montado sobre o temporal e o esfenoides. Ambos os ósos parietais articúlanse, a través dunha liña media: a sutura saxital.

E imos coa pregunta de hoxe!

18. Identifica esta parte do corpo humano.

- Traquea

- Tiroide

- Larixe

- Esófago

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gal.wikipedia.org      

#DígochoEu​: Como é? 'A fin de semana' ou 'o fin de semana'?

 

A fin de semana ou o fin de semana? Esther Estévez Casado explícanolo neste episodio!

#DígochoEu