#DígochoEu: Non digas *zoa vella
En galego non temos *zoa vella pero tampouco casco vello!
#DígochoEu
En galego non temos *zoa vella pero tampouco casco vello!
#DígochoEu
Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.
A contestación correcta á pregunta de onte é Panxea. Iste foi o nome dado por Alfred Wegener ao supercontinente rodeado polo mar Pantalasa, que existiu durante o período mesozoico, antes de que o proceso de placas tectónicas separase os continentes.
E imos coa pregunta de hoxe!

14. Esta rocha que ves é granito. Pera como a clasificarías?
- Sedimentaria
- Ígnea
- Metamórfica
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, wikipedia.org Imaxe: ecured.cu
Imos cun novo capítulo de fonética! E moito ollo, porque hoxe imos descubrir un pequeno furadiño que ten a norma.
#DígochoEu
Hai unha chea de palabras para referirse a unha persoa que vai con farrapos, pero *andraxosa é incorrecta!
Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.
A contestación correcta á pregunta de onte é Escala de Richter. Esta escala sismológica, tamén coñecida como escala de magnitude local (ML), é unha escala logarítmica arbitraria que asigna un número para cuantificar a enerxía que libera un terremoto, denominada así en honra do sismólogo estadounidense Charles Francis Richter (1900-1985). As outras dúas escalas propostas na pregunta miden a intensidade.
E imos coa pregunta de hoxe!

13. Cal é o nome que os científicos lle dan a unha masa de terra única na Terra de hai 300 millóns de anos?
- Atlantis
- Panxea
- Super-Arctica
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, wikipedia.org e play.howstuffworks.com Imaxe: wikipedia.org
*Barrendeiro é unha tradución literal do castelán e é incorrecta. Esther Estévez Casado cóntanos a forma de dicilo en galego!
#DígochoEu
Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.
A contestación correcta á pregunta de onte é Fósil. Incluso as criaturas de corpo suave ou as follas poden crear fósiles, en determinadas circunstancias. A totalidade dos fósiles dispoñibles para estudar chámase "Rexistro Fósil" e fálanos sobre o pasado da Terra.
E imos coa pregunta de hoxe!

12. Como se mide a magnitude dun terremoto?
- Coa escala de Richter
- Coa escala de Mercalli
- Coa escala Medvédev-Sponheuer-Kárník
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, wikipedia.org e es.educaplay.com Imaxe: hwlibre.com
Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.
A contestación correcta á pregunta de onte é Alfred Wegener. Alfred Lothar Wegener (1880-1930) foi un xeofísico meteorólogo alemán. Morreu conxelado en Groenlandia no ano 1930, nunha expedición onde buscaba probas que apoiasen a súa hipótese.
E imos coa pregunta de hoxe!

11. Unha impresión de materia viva nunha rocha chámase...
- Fósil
- Pegada
- Litografía
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, wikipedia.org e play.howstuffworks.com Imaxe: pixabay.com