#DígochoEu: O máis viral do TikTok (capítulo 15)
O #DígochoEu recibe un premio da CTNL e para celebralo deixámosche un feixe de vídeos virais do TikTok.
O #DígochoEu recibe un premio da CTNL e para celebralo deixámosche un feixe de vídeos virais do TikTok.
Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.
A contestación correcta á pregunta de onte é Verdadeiro. Unha estalagmita é un tipo de espeleotema (depósito de minerais que se forman por precipitación química) que se forma no solo dunha cova nunha zona calcaria debido á decantación de solucións e a deposición de carbonato cálcico. A formación correspondente no teito da cova coñécese como estalactita. Se ambas as formacións, enfrontadas, crecen o suficiente como para encontrarse, o resultado denomínase columna ou piar.
E imos coa pregunta de hoxe!

10. Quen foi o propuxo da teoría da deriva continental?
- Charles Lyell
- Alfred Wegener
- Georges Cuvier
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia.org Imaxe: blinklearning.com
Unha nova entrega para distinguir vogais abertas e pechadas da man de Esther Estévez Casado.
#DígochoEu
Aquí tedes os mellores vídeos da terceira edición de 21 días co galego e +, un programa impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística coa finalidade é promover o uso do galego oral entre a xente nova e que desenvolveuse desde o 22 de febreiro ata o 14 de marzo de 2021.
#DígochoEu
Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.
A contestación correcta á pregunta de onte é Unha formación feita de rocha branca cuxa orixe é sedimentaria. En xeomorfoloxía, é unha especie de gran columna natural constituída a base de rochas débiles, xeralmente sedimentarias, cuxa cima é de rocha máis resistente que a protexen dos efectos da erosión. Atópanse principalmente no deserto e en zonas áridas, secas e quentes. Varían en tamaño desde a altura dun humano ata máis dun edificio de 10 pisos. Os minerais depositados nos diferentes tipos de rocha son a causa de que certas chemineas varíen de color ao longo da súa altura.
E imos coa pregunta de hoxe!

9. As estalagmitas crecen desde o chan cara ao teito
- Verdadeiro
- Falso
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia.org Imaxe: ingeoexpert.com
Sabes dende cando se leva usando a letra x en galego? E como evolucionou a súa pronuncia noutras linguas? Poucas letras hai máis xenuínas en galego!
#DígochoEu
Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.
A contestación correcta á pregunta de onte é Circonita. Os diamantes realmente non son para sempre. Se o que queremos é unha xema que dure para sempre, debemos fixarnos nas circonitas. As circonitas (óxido de zirconio ZrO2) son xemas incriblemente resistentes que poden sufrir múltiples ciclos oroxénicos e manter a súa estrutura cristalina. Son ideais para datar rochas moi antigas.
E imos coa pregunta de hoxe!

8. Que son as chemineas de fadas?
- Unha formación feita de rocha branca cuxa orixe é sedimentaria
- Unha dos cumes máis famosos dos Picos de Europa
- Unha formación que pode adoptar unha forma temporal ou permanente dependendo da súa natureza
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia.org Imaxe: wikipedia.org
Esther Estévez Casado explícanos hoxe que en galego non *comulgamos!
#DígochoEu