Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE XEOLOXÍA? VII

Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é MetamórficaA lousa é unha rocha metamórfica homoxénea de gran fino formada pola compactación por metamorfismo de baixo grao de lutitas. Preséntase xeralmente de cor opaca azulado escuro e estruturada en laxas ou follas planas por unha esquistosidade ben desenvolvida, sendo, por esta característica, utilizada en cubertas e como antigo elemento de escritura.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Que é máis resistente, un diamante ou unha circonita?

- Un diamante

- Unha circonita

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia.org  

ES #DígochoEu:​ Aprende o nome dos principais signos ortográficos

 
Sabes o nome dos signos ortográficos en galego? Aprendémolos hoxe con Esther Estévez Casado.
 
#DígochoEu
 
 

CANTO SABES DE XEOLOXÍA? VI

Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é Falso. O núcleo externo da Terra é unha capa líquida composta por ferro e níquel, situada entre o manto e o núcleo interno. O seu límite superior é a descontinuidade de Gutenberg, situada a un 2.885 km de profundidade, mentres que o seu límite inferior é a descontinuidade de Lehmann, situada a un 5.155 km. Ten un grosor dun 2.270 km.​ A súa temperatura varía desde os 4400 °C na súa rexión superior ata os 6100 °C na súa zona inferior.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Que tipo de rocha é a lousa?

- Sedimentaria

- Metamórfica

- Ígnea

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia.org  

CANTO SABES DE XEOLOXÍA? V

Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é Canón. En xeoloxía e xeomorfoloxía, un canón é un accidente xeográfico provocado por un río que, a través dun proceso de epixénese, escava en terreos brandos unha profunda fendedura de paredes case verticais. Os canóns (tamén chamados, especialmente cando son estreitos, foces, desfiladeiros ou gargantas) son incisións lineais de tendencia rectilínea e que posúen carácter estrutural, dirixidos por levantamentos tectónicos, por descensos do nivel de base ou erosión remontante do río principal.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. O núcleo externo do interior da terra é sólido.

- Verdadeiro

- Falso

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia.org  

#DígochoEu:​ Non digas *enseñar

 

En galego non *enseñamos nada, porque ese verbo é outro castelanismo! Esther Estévez Casado dinos a forma correcta.

#DígochoEu

#DígochoEu:​ Aprende a distinguir entre 'porqué', 'porque' e 'por que'

 

É fácil meter a zoca á hora de usar estas tres palabriñas, así que hoxe  Esther Estévez Casado traenos un capítulo para aprender a distinguilas!

#DígochoEu

CANTO SABES DE XEOLOXÍA? IV

Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é É o lugar que presenta coordenadas cero graos por cero graos. O cabo de Tres Puntos é unha pequena península localizada fronte ao océano Atlántico na rexión Occidental de Ghana, en África Occidental. Toma o seu nome do feito de que dúas rochas do cabo proxéctanse cara ao mar en ambos os lados do pico principal, formando así tres puntos. Iste cabo coñécese como a terra máis próxima a ningunha parte, porque é a terra máis próxima a unha localización no mar que está a 0º de latitude, 0º de lonxitude e 0 de altura (a distancia é dun 570 km).

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Como se denomina un val profundo e estreito que foi tallado pola erosión?

- Canón

- Cantil

- Meandro

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia.org      Imaxe: gl.wikipedia.org

CANTO SABES DE XEOLOXÍA? III

Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é verdadeiro. Así é, estas preciosas xemas son máis raras que os diamantes.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Que ten de especial, xeológicamente falando, o cabo de Tres Puntos?

- É a reserva de  litio máis grande do mundo

- Conta co supervolcán en escudo máis antigo do mundo

- É o lugar que presenta coordenadas cero graos por cero graos

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia        Imaxe: icex.es