#DígochoEu: Aprende o nome das flores en galego
Chega a primavera e as flores, aínda que estas, en calquera momento do ano, son sempre un bo agasallo! Esther Estévez Casado ensínanos os nomes das diferentes especies neste capítulo!
Chega a primavera e as flores, aínda que estas, en calquera momento do ano, son sempre un bo agasallo! Esther Estévez Casado ensínanos os nomes das diferentes especies neste capítulo!
Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.
A contestación correcta á pregunta de onte é Ígnea, sedimentaria e metamórfica. As rochas ígneas, como o basalto e o granito, son magma fundido solidificado. As rochas sedimentarias, como o conglomerado e a pedra calcaria, fórmanse a medida que o sedimento acumúlase e compáctase en pedra. E as rochas metamórficas, como suxire o seu nome, son rochas que foron transformadas pola calor, a presión ou os produtos químicos en algo novo coma o mármore.
E imos coa pregunta de hoxe!

2. Os rubís, os zafiros e as esmeraldas son máis raros cós diamantes.
- Verdadeiro
- Falso
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia
Como se chama o que celebramos onte, 19 de marzo? Día do Pai ou Día do Padre? Estévez Casado explicánolo neste episodio!
#DígochoEu
A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta. E unha parte importante da xeoloxía é o estudo de como os materiais, estruturas, procesos e organismos da Terra cambiaron co tempo.
Os xeólogos traballan para comprender a historia do noso planeta. Canto mellor poidan comprender a historia da Terra, mellor poderán prever de que forma os eventos e procesos do pasado poderían influír no futuro.
O certo é que a xeoloxía forma parte da nosa vida cotiá e ofrece unha xanela á historia da Terra.
E ti, cantosabes de xeoloxía? Pois presta atención e saberalo con esta serie que hoxe comezamos: Canto sabes de xeoloxía?
Comezamos!

1. Os tres tipos principais de rochas son...
- Ígnea, sedimentaria e basáltica
- Ígnea, conglomerado e metamórfica
- Ígnea, sedimentaria e metamórfica
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia Imaxes: pinterest.es
Se caes da bicicleta e sangras, non che queda unha *postilla. En galego dicímolo doutra maneira e Esther Estévez Casado dínola!
#DígochoEu
O que facemos cos dentes ao comer non é *masticar! En galego temos outras palabriñas e Esther Estévez Casado dínolas.
A norma do galego prohibe escribir *prohíbe con acento! Esther Estévez Casado explícanos por que neste episodio!
Xa estrañabas os capítulos sobre fonética? Pois imos cunha regra faciliña!
#DígochoEu