Blogia
vgomez

DOCENCIA

A CULTURA QUE CONTEÑES AS MOEDAS DO EURO XII

Continúo con esta serie que recolle a información cultural que amosan as distintas moedas do euro.

12. Italia: Formas únicas de continuidade no espazo

Formas únicas de continuidade no espazo (en italiano, Forme uniche della continuità nello spazio) é unha famosa escultura futurista realizada en 1913 polo escultor e pintor italiano Umberto Boccioni (1882-1916). ​A versión orixinal atópase en xeso, e algunhas fundicións en bronce póstumas, repartidas por algúns museos do mundo. Nela o artista plasma a representación dunha figura humana en pleno movemento, os elementos do corpo non son claramente discernibles pero pola contra apréciase con precisión a forza do vento que golpea a figura, a sensación de inestabilidade e o movemento.

A moeda de 20 céntimos deste país representa esta escultura.

Mañá outra moeda, neste caso, do mesmo país e máis coñecementos!

FONTE: Clara González Freyre/Verne/elpais.com e es.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO XIII

 

Esta é a bandeira de Macedonia do Norte (República de Macedonia do Norte/ Република Северна Македонија), un país europeo situado na península dos Balcáns, resultante do despezamento da República Federal Socialista de Iugoslavia. A súa poboación rolda os 2 millóns de habitantes e a súa capital é Skopie. O idioma oficial é o macedonio, aínda que convivindo co albanés.

A súa bandeira é un pano de color vermella no que aparece representado un sol de ouro con oito raios da mesma cor que se estenden cara aos bordos. O amarelo e o vermello son as cores nacionais do estado macedónico, a figura do sol evoca o desexo de liberdade.

FONTE: gl.wikipedia.org

A CULTURA QUE CONTEÑEN AS MOEDAS DO EURO XI

Continúo con esta serie que recolle a información cultural que amosan as distintas moedas do euro.

11. Italia:  Estatua ecuestre de Marco Aurelio

A estatua ecuestre de Marco Aurelio é unha estatua que representa o emperador romano romano Marco Aurelio a cabalo. Está realizada en bronce dourado e ten uns 4 metros de altura. Está datada no 176, e foi colocada na Praza de San Xoán de Letrán, a carón do palacio onde nacera o futuro emperador. En 1538, a petición de Miguel Anxo, o papa Paulo III accede a trasladala á Praza de Campidoglio, onde permanece. Hoxe mantense alí unha copia, estando a estatua orixinal no Palacio dos Conservadores.

A moeda de 50 céntimos deste país representa esta estatua.

Mañá outra moeda, neste caso, do mesmo país e máis coñecementos!

FONTE: Clara González Freyre/Verne/elpais.com e es.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO XII

Esta é a bandeira de Laos (República Democrática Popular Lao / ສາທາລະນະລັດ ປະຊາທິປະໄຕ ປະຊາຊົນລາວ), un país situado no interior da península de Indochina, no Sueste Asiático. Conta cunha poboación que supera os 6,5 millóns de habitantes e a súa capital é Vientiane. O idioma oficial é o lao.

A bandeira está formada por tres bandas horizontais, a superior e inferior son de cor vermella vermellón, mentres que a do medio é azul. No centro atópase un disco branco. A cor vermella representa o sangue derramado pola independencia, o azul o río Mekong ou a santidade do país. O disco branco simboliza a lúa sobre o río Mekong ou tamén a unidade do país baixo o goberno comunista.

FONTE: gl.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO XI

Esta é a bandeira de Casaquistán (República de Casaquistán/Қазақстан Республикасы), un país fundamentalmente asiático, aínda que tamén inclúa unha rexión relativamente pequena que, xeograficamente, pertence á Europa. Ten unha poboación que rolda os 18 millóns de habitantes e a dúa capital é Astaná (oficialmente Nur-Sultán). O idioma oficial é o ruso, aínda que de uso o casaco.

A bandeira consiste nun pano de cor azul celeste no que aparecen representados unha aguia esteparia, o sol (ouro) con 32 raios no centro e un estampado dourado próximo ao bordo máis próximo ao mastro. O estampado representa á arte e as tradicións culturais do pobo casaco. A cor azul celeste do fondo da bandeira é o símbolo do ceo despexado que se divisa no país e da liberdade do seu pobo. A aguia dourada é un símbolo asociado co imperio de Genghis Khan que dominou Casaquistán baixo un estandarte de cor azul cunha figura semellante a unha aguia.

Mañá outra bandeira e outro país!

FONTE: gl.wikipedia.org

A CULTURA QUE CONTEÑEN AS MOEDAS DO EURO X

Continúo con esta serie que recolle a información cultural que amosan as distintas moedas do euro.

10. Italia: O home de Vitruvio

O home de Vitruvio é un famoso debuxo acompañado de notas anatómicas de Leonardo da Vinci (1452-1519) realizado ao redor do ano 1492 nun dos seus diarios. Representa unha figura masculina espida en dúas posicións sobreimpresas de brazos e pernas e inscrita nun círculo e un cadrado. Trátase dun estudo das proporcións do corpo humano, realizado a partir dos textos de arquitectura de Vitruvio, arquitecto da antiga Roma, do cal o debuxo toma o seu nome. Tamén se coñece como o Canon das proporcións humanas.

A moeda de 1 euro deste país representa iste famoso debuxo.

Mañá outra moeda, neste caso, do mesmo país e máis coñecementos!

FONTE: Clara González Freyre/Verne/elpais.com e es.wikipedia.org

A CULTURA QUE CONTEÑEN AS MOEDAS DO EURO IX

Continúo con esta serie que recolle a información cultural que amosan as distintas moedas do euro.

9. Italia: Retrato do busto de Dante Alighieri

Este retratro do busto do poeta italino Dante Alighieri ( 1265-1321), conocido por escribir a Divina comedia, foi realizado por Rafael (1483-1520) e consérvase na á do papa Xulio II do Palacio do Vaticano.

A moeda de 2 euros deste país é unha copia dise retrato.

Mañá outra moeda, neste caso, do mesmo país e máis coñecementos!

FONTE: Clara González Freyre/Verne/elpais.com e es.wikipedia.org


BANDEIRAS DO MUNDO X

 

Esta é a bandeira de Xamaica, unha illa e país das Grandes Antillas, situado no mar Caribe. Cunha poboación preto dos 3 millóns de habitantes, a súa capital é Kingston. os idiomas oficiais son do inglés e o patois xamaicano.

A bandeira está composta polas cores verde, amarelo (ouro) e negro. O negro simboliza a forza e creatividade do pobo xamaicano, o amarelo a luz do sol e a riqueza natural do país. O verde representa a esperanza no futuro e a riqueza agrícola.

Mañá outra bandeira e outro país!

FONTE: gl.wikipedia.org