Blogia
vgomez

DOCENCIA

A CULTURA QUE CONTEÑEN AS MOEDAS DO EURO IV

Continúo con esta serie que recolle a información cultural que amosan as distintas moedas do euro.

4. Eslovenia: Proposta para o Parlamento Esloveno

A pesar de estar morto, Jože  Plečnik (1872-1957) é frecuentemente citado como o maior arquitecto de Eslovenia. Quixo construír un novo parlamento esloveno, unha estrutura estatal que albergase ao poder lexislativo da República Socialista de Eslovenia (1945-1991), constituínte da República Federativa Socialista de Iugoslavia.

Cando a proposta foi rexeitada polas autoridades,  Plečnik propuxo un segundo deseño coñecido popularmente como a "Catedral da Liberdade" a realizar en capital eslovena: Liubliana, coroada por una cúpula cónica de 120 m de altura.

As moedas de 10 céntimos amosan este proxecto que nuncha se chegou a realizar.

Mañá outra moeda, outro país e máis coñecementos!

FONTE: Clara González Freyre/Verne/elpais.com e es.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO V

 

Esta é a bandeira de Ecuador (República de Ecuador),un país americano situado na sección sur deste continente, composto por vinte e catro provincias. Cunha poboación que supera os 17.000.000 de habitantes, ten por capital Quito. O seu idioma oficial é o español.

A bandeira é un pano rectangular formado por tres franxas horizontais, unha superior amarela da metade do alto e dous inferiores azul e vermella. Leva o escudo do Ecuador no centro para usos oficiais. A cor amarela representa o ouro e o sol e a maior riqueza do país. A azul, representa o océano, o claro e limpo ceo ecuatoriano. O vermello, representa o sangue vertido polos heroes que levaron aos seus concidadáns Patria e liberdade

Mañá outra bandeira e outro país!

FONTE: gl.wikipedia.org

A CULTURA QUE CONTEÑEN AS MOEDAS DO EURO III

Continúo con esta serie que recolle a información cultural que amosan as distintas moedas do euro.

3. Alemaña: Pota de Brandeburgo

A Porta de Brandeburgo non é un arco do triunfo, senón a porta de acceso ao "Novo Berlín" da época. O monumento atópase no centro de Berlín (Alemaña), sendo o símbolo máis representativo da cidade. Obra do arquitecto Carl Gotthard Langhans, é unha construción en pedra arenita de 26 m de alto, 65,5 m de ancho e 11 m de longo pertencente ao Neoclasicismo cedo. A porta lembra aos propileos da Acrópole de Atenas. Posúe cinco zonas de paso, das cales a central é a máis ancha, con dúas portas menores aos lados. A porta está coroada cunha escultura de cobre duns 5 m de altura, a Cuadriga, creada por Johann Gottfried Schadow, que representa á deusa da Vitoria montada nun carro tirado por catro cabalos en dirección á cidade.

As moedas de 10, 20 e 50 céntimos de Alemaña representan a citada porta.

Mañá outra moeda, outro país e máis coñecementos!

FONTE: Clara González Freyre/Verne/elpais.com e es.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO IV

 

Esta é a bandeira de Dinamarca (Reino de Dinamarca), o país máis meridional dos países nórdicos e tamén o de menor extensión. Está integrada por tres partes autónomas, a propia Dinamarca e os dous territorios de ultramar ou territorios dependientes, Groenlandia e as illas Feroe. Forma parte da Unión Europea (aínda que non emprega o euro). Ten unha poboación preto dos 5.800.000 habitantes e a súa capital é Copenhague. O idioma oficial é o danés.

A bandeira consiste nun pano de cor vermella cunha cruz nórdica branca. A cruz branca representa o cristianismo. A cor vermella simboliza a coraxe e a valentía dos cabaleiros cruzados. Esta bandeira xurdiu na Idade Media, durante as cruzadas. Considéraselle a bandeira nacional oficial máis antiga do mundo.

Mañá outra bandeira e outro país!

FONTE: gl.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO III

 

Esta é a bandeira de Cabo Verde (República de Cabo Verde), situado no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. Ten unha poboación duns 525.000 habitantes e a súa capital é Praia. O seu idioma oficial é o portugués.

A bandeira consta dun fondo azul cunha banda horizontal vermella de bordos brancos. Sobre as bandas atópase un círculo de 10 estrelas de 5 puntas, que representan as 10 illas maiores do país, mentres o azul representa o océano e o ceo. As bandas brancas e vermella representan o camiño da construción do país, mentres que as cores representan á paz e ao esforzo, respectivamente.

Mañá outra bandeira e outro país!

FONTE: gl.wikipedia.org

A CULTURA QUE CONTEÑEN AS MOEDAS DO EURO II

Continúo con esta serie que recolle a información cultural que amosan as distintas moedas do euro.

2. Austria: Pavillón da Secesión de Viena

Pavillón da Secesión de Viena é o símbolo do nacemento do movemento modernista. Foi construído en 1897 por Joseph Maria Olbrich para as exposicións do grupo da Secesión. A Secesión vienesa (tamén chamada Secessionsstil, ou Sezessionsstil en Austria) formou parte do moi variado movemento actualmente denominado modernismo. Foi fundada en 1897 por un grupo de 19 artistas vieneses que abandonaran a Asociación. Como proxecto de renovación artística, trataba de reinterpretar os estilos do pasado ante os embates da produción industrial que estaba espindo estrutural e esteticamente a realidade da arte e a sociedade da época. O seu primeiro presidente foi Gustav Klimt.

As moedas de 50 céntimos deste país, levan gravada a imaxe deste pavillón.

Mañá outra moeda, outro país e máis coñecementos!

FONTE: Clara González Freyre/Verne/elpais.com e es.wikipedia.org

BANDEIRAS DO MUNDO II

 

Esta é a bandeira das Bahamas (Mancomunidade das Bahamas), un arquipiélago situado nas Antillas, no océano Atlántico.Ten unha poboación preto dos 400.000 habitantes e a súa capital é Nassau, situada na illa de New Providence.A lingua oficial é o inglés.

A bandeira está formada por tres franxas horizontais de igual anchura, de cor turquesa a superior e a inferior, e amarela a central. Na parte interior, a bandeira conta cun triángulo equilátero negro coa base ó longo do mastro, apuntando cara á franxa exterior. A cor amarela representa as areas douradas do arquipélago xunto ó mar de cor turquesa. O triángulo negro representa o pobo bahamés.

Mañá outra bandeira e outro país!

FONTE: gl.wikipedia.org/

A CULTURA QUE CONTEÑEN AS MOEDAS DO EURO

Imaxínas visitar algúns dos monumentos máis emblemáticos de Europa, ou aspectos culturais dos países e a forman, sen necesidade de saír da túa casa? Só necesitas abrir o teu moedeiro e ter un pouco de sorte, seguro que algún dos teus euros trae consigo un anaquiño de historia de calquera punto do continente.

Nesta serie faremos un tour por Europa a través das monedas de euro. Comezamos!

1. Austria: Palacio do Belvedere

O palacio doBelvedere é un conxunto palaciego de estilo barroco situado en Viena (Austria). O conxunto, consta dos dous palacios Belvedere (o de Arriba, ou Superior, e o de Abaixo, ou Inferior), convertidos agora en museo, e dun terceiro, o palacio  Schwarzenberg, transformado en hotel. Os dous palacios principais están unidos por uns xardíns organizados en tres niveles que representan diversas alegorías.

A citada porta está representada nas moedas de 20 céntimos deste país.

Mañá outra moeda, neste caso, do mesmo país e máis coñecementos!

FONTE: Clara González Freyre/Verne/elpais.com e es.wikipedia.org