Blogia
vgomez

A CULTURA QUE CONTEÑEN AS MOEDAS DO EURO II

Continúo con esta serie que recolle a información cultural que amosan as distintas moedas do euro.

2. Austria: Pavillón da Secesión de Viena

Pavillón da Secesión de Viena é o símbolo do nacemento do movemento modernista. Foi construído en 1897 por Joseph Maria Olbrich para as exposicións do grupo da Secesión. A Secesión vienesa (tamén chamada Secessionsstil, ou Sezessionsstil en Austria) formou parte do moi variado movemento actualmente denominado modernismo. Foi fundada en 1897 por un grupo de 19 artistas vieneses que abandonaran a Asociación. Como proxecto de renovación artística, trataba de reinterpretar os estilos do pasado ante os embates da produción industrial que estaba espindo estrutural e esteticamente a realidade da arte e a sociedade da época. O seu primeiro presidente foi Gustav Klimt.

As moedas de 50 céntimos deste país, levan gravada a imaxe deste pavillón.

Mañá outra moeda, outro país e máis coñecementos!

FONTE: Clara González Freyre/Verne/elpais.com e es.wikipedia.org

0 comentarios