Blogia
vgomez

DOCENCIA

QUE É O LUME DE SAN TELMO?

QUE É O LUME DE SAN TELMO?

Lume de San Telmo / Imaxe: fondear.org 

 

Probablemente sexa un dos fenómenos naturais eléctricos menos coñecidos e co que é máis difícil atoparse, e aínda que o seu nome induce a confusión, non é ningunha clase de lume (é un plasma), nin tampouco é unha forma de raio. O lume de San Telmo ten a súa orixe na electricidade estática da atmosfera e poderiamos definilo como unha descarga luminiscente ou resplandor luminoso semellante a pequenas faíscas que saltan dos obxectos metálicos e punzantes durante unha tormenta intensa. Os obxectos puntiagudos ou bos condutores da electricidade empezan a desprender pequenos estalos ou labaradas pola ionización do aire dentro do campo eléctrico que orixinan estas tormentas. O aire ionizado desprende esa luz entre azulada e violeta característica do fenómeno.

Na antigüidade, o lume de San Telmo observábase con frecuencia no mar. Os navegantes coñecían ben estas luzadas posto que se formaban nas puntas dos mastros dos barcos, e aínda que parecían estar en chamas, non se queimaban. Chegaron a pensar que era unha protección de santo (San Telmo é o patrón dos mariñeiros e da vila veciña de Tui) contra a tormenta. Mesmo Charles Darwin, mentres viaxaba polo río da Prata, quedou asombrado polo "lume que non ardía". A explicación é que este lume se produce a temperatura baixa, co que non é habitual que produza incendios (tamén pode aparecer no morro dos avións en pleno voo). Iso si, cando se producía nos antigos dirixibles era moi perigoso porque o hidróxeno que se utilizaba para enchelos era extremadamente inflamable. No accidente do cepelín Hindenburg, en Nova Jersey, o 6 de maio de 1937, morreron 36 persoas.

FONTE: Los porqués del tiempo/Jovi Esteve/Xornal El País

SUPERLÚA

SUPERLÚA

Mínimo perixeo lunar (distancia Terra-Luna=356.355 km; tamaño aparente da Luna=33,5 minutos de arco) e máximo apoxeo (distancia Terra-Luna=406.725 km; tamaño aparente da Luna=29,4 minutos de arco) no período que vai dende os anos -1999 a 3000. A diferenza de tamaños aparentes (dende a Terra) é dun 14% / ILUSTRACIÓN: Gabriel Pérez Díaz, SMM (IAC) / FONTE: Fred Espenak @ astropixels.com.

 

A Lúa orbita arredor da Terra cun período de aproximadamente 27 días (27,32 días), se consideramos o tempo que tarda o satélite en completar unha órbita respecto ao fondo de estrelas (período sideral), pero como durante ese tempo a Terra  móvese tamén na súa órbita arredor do Sol, a Lúa necesita un pouco máis de tempo, aproximadamente 29 días (29,53 días), para mostrar a mesma fase á Terra (período sinódico). Ademais, a súa órbita non é circular, senón que se parece máis a unha elipse, de aí que a distancia Luna-Tierra non sexa sempre a mesma. É máis, os parámetros orbitais da Lúa varían co tempo debido principalmente ás influencias gravitatorias do Sol e os planetas. Por esta última razón, sempre que falemos dalgunha característica da órbita lunar debemos referirnos a un determinado período de tempo.

Se tomamos o período de 5.000 anos que vai dende -1999 ata 3000, a distancia do perixeo lunar (máxima aproximación entre a Terra e a Lúa) terá variado de 356.355 a 370.399 km, mentres que o apoxeo lunar (máxima separación entre a Terra e a Lúa) variará de 404.042 a 406.725 km.

Por definición, producirase unha SuperLúa se a lúa chea sucede preto do perixeo lunar (normalmente a menos de dous días). Durante o ano 2014 teremos cinco SuperLúas (13 de xuño, 12 de xullo, 10 de agosto, 9 de setembro e 8 de outubro) sendo a maior a do 10 de agosto, cando a distancia Terra-Lúa será de 356.898 km. A maior SuperLúa do século XXI producirase o 6 de decembro do ano 2052 coa Lúa a unha distancia de 356,429 km.

Durante as SuperLúas, o diámetro da lúa chea pode aumentar ata nun 14% e o seu brillo arredor dun 30%, respecto a unha lúa chea no apoxeo.

Lamentablemente, onte, as condicións meteorolóxicas impediron observar claramente a Lúa, pero non vos preocupedes, pois resulta moi difícil percibir o cambio de tamaño a simple vista.

FONTE: Miguel Serra Ricar/iac.es/el blog

 

COMEZA O VERÁN

COMEZA O VERÁN

Estacións do ano / Imaxe:hablandodeciencia.com

Hoxe, sábado, 21 de xuño ás 12 horas e 51 minutos (hora oficial peninsular), comezará o verán. Esta estación durará 93 días e 15 horas, e rematará o 23 de setembro co comezo do outono.

Veremos que verán temos!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

 

Como cada 17 de maio, dende 1963 (comemoración da edición de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, o 17 de maio de 1863) celebramos este día, homexaneando ao poeta e tradutor XOSE MARÍA DÍAZ CASTRO.

Xose María Díaz Castro naceu en O Vilariño, parroquia de San Vicente dos Vilares, concello de Guitiriz, provincia de Lugo, o 19 de febreiro de 1914 no seo dunha familia labrega. Aos 17 anos ingresou no Seminario de Mondoñedo, saíndo en 1936 (ano da guerra civil, que cumpre na retagarda no Hospital Militar de Pontevedra). Rematada a guerra exerceu de profesor de Ensinanza Media en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). En 1948, tras licenciarse en Filosofía e Letras, trasladouse a Madrid, onde alternou a docencia coa traducción no Ministerio da Gobernación. Tamén traballou no Instituto de Cultura Hispánica e no Consello Superior Científico, ata a súa xubilación, retornando a Galicia en 1982, poñendo casa en Guitiriz, onde morre o 6 de outubro de 1990.

Para afondar na súa biografía e na súa obra preme AQUÍ.

CHEGA A PRIMAVERA

CHEGA A PRIMAVERA

Maceira en flor / Imaxe:arteyjardineria.com 

Astronomicamente, hoxe xoves, comeza a primavera. Será ás 17 horas e  57 minutos (hora oficial peninsular).

Durará 92 días e 18 horas, e rematará o 21 de xuño co comezo do verán.

Esta é a época do ano en que a lonxitude do día se alonga máis rapidamente. Ás latitudes da península, o Sol sae polas mañás antes que o día anterior e pola tarde ponse despois. Como consecuencia, ao inicio da primavera o tempo en que o Sol está por enriba do horizonte aumenta case tres minutos cada día á latitude da península. 

COMEZA O INVERNO

COMEZA O INVERNO

Frío invernal / Imaxe:noticias.lainformacion.com 

O inverno comezará hoxe, sábado 21 de decembro, ás 18 horas e 11 mimutos, hora oficial peninsular. Durará 88 días e 23 horas, e rematará o 20 de marzo de 2014 co comezo da primavera.

O inicio desta estación vén dado, por convenio, polo instante en que a Terra se encontra no punto da eclíptica no que o Sol alcanza a súa posición máis austral. Neste día, o Sol alcanza a súa máxima declinación Sur (-23 º 27’) e durante varios días a súa altura máxima ao mediodía non cambia, e por iso, a esta circunstancia chámaselle tamén solsticio ("Sol quieto") de inverno.


LIBROS DE TEXTO PARA O PRÓXIMO CURSO

LIBROS DE TEXTO PARA O PRÓXIMO CURSO

Estes son os libros de texto de Ciencias da Natureza do próximo curso, que son os mesmos do curso pasado:

1º ESO: Ciencias da Natureza 1.

Autor/es: Zubiaurre Cortés, Sabino; Osuna Alcalaya, M.ª del Carmen; Plaza Escribano, Concepción; Hernández Gómez, Jesús; Martínez Casillas, Jesús.
ISBN: 978-84-678-0046-3
Idioma: Galego

2º ESO: Ciencias da Natureza 2.

Autor/es: Zubiaurre Cortés, Sabino; Osuna Alcalaya, M.ª del Carmen; Plaza Escribano, Concepción; Hernández Gómez, Jesús; Martínez Casillas, Jesús.
ISBN: 978-84-678-2376-9
Idioma: Galego

COMEZA O VERÁN

COMEZA O VERÁN

Estacións do ano / Imaxe:hablandodeciencia.com

Na próxima madrugada, xa venres día 21, comeza o verán de 2013, exactamente ás 7 horas e 4 minutos, hora oficial peninsular. Este día será o de maior duración do ano (tempo entre a saída e la posta ol Sol).

Esta estación, que é a máis longa do ano dende hai algúns séculos, durará 93 días e 15 horas, e rematará o 22 de setembro co comezo do outono.