Blogia
vgomez

DOCENCIA

ARGONAUTA

ARGONAUTA

 Argonauta/ Imaxe:avecesno.com.ar

Argonauta argo, é unha especie de cefalópodo cosmopolita que vive nas augas tropicais. A femia mide 20cm e está provista de oito longos brazos dos que dous, moi desenvolvidos, secretan unha cuncha espiral moi fina, translúcida, na que se manteñen os ovos. Nada na superficie, arrastrada polo vento, xa que non é unha grande nadadora. O macho é moito máis pequeno, ata 20 veces, e carece de cuncha. Os principais depredadores desta especie son os atúns e golfiños.

O seu nome, Argonauta, fai refrencia aos heroes da mitoloxía grega que viaxaron na nave Argos na procura do vellocino de ouro.

BURACOS NEGROS

 

Un buraco negro  é un obxecto celeste cunha densidade tal que a curvatura do espazo adxacente está pregada sobre si, polo que están illados do universo exterior e nin sequera a luz pode fuxir. De aí o seu nome, xa que non só non emiten luz senón que absorben todo tipo de radiación ou materia que se achegue demasiado. O periodista científico José Manuel Nieves explica no seu videoblog «Materia Oscura» (na parte superior) que son estes pozos cósmicos e como se comportan.


CIENCIAS E INGLÉS

 

Este vídeo amosa a realidade máis próxima a nós no Universo. Demostra que somos ananos neste mundo de xigantes. Danos unha visión comparativa para que teñamos unha realidade algo máis alá dos números.

O motivo deste vídeo (máis alá de ser un dos moitos sobre a temática que estamos a dar na clase) é tratar este tema pero empregando como lingua de información o inglés. Unha idea, que me propuxo, e que comparto, Rosana, do Departamento de Inglés do noso centro.

Seguramente non será a última colaboración! Grazas, Rosana.

URSA MAJOR (A OSA MAIOR)

URSA MAJOR (A OSA MAIOR)

Osa maior / Imaxe:coompu.net

Moitas persoas consideran que a Osa Maior é unha constelación, pero, de feito, é un asterismo. Un asterismo é un conxunto de estrelas que vistas dende o ceo da Terra parecen formar unha figura pero que a diferenza dunha constelación non ten un recoñecemento oficial por parte da comunidade científica. Polo tanto é un patrón de estrelas no ceo que tamén se compón de estrelas que non están fisicamente relacionadas entre si e poden ter grandes distancias de separación. Un asterismo pode estar composto por estrelas dunha ou máis constelacións (no caso da Osa Maior, componse enteiramente das sete estrelas máis brillantes da constelacion "Great Bear").

Cinco das estrelas do Carro están no núcleo da Asociación estelar da Osa Maior, as dúas dos extremos, Dubhe e Benetnasch (Alkaid), non son parte da agrupación e móvense na dirección oposta. En relación coas cinco do centro, móvense cara a abaixo e cara á dereita sobre o mapa. Isto cambiará a forma do Carro, co corpo abríndose e o mastro facéndose máis curvo. Nuns 50.000 anos, o Carro xa non existirá tal e como o coñecemos.

Mitoloxía da Osa Maior

Aínda que para os exipcios a constelación da Osa Maior ou Ursa Major representaba a silueta dun xabaril e mesmo un hipopótamo para outras civilizacións, é a osa co animal que máis se asociou este asterismo ao longo dos tempos entre xentes que nunca mantiveron contactos entre si, como árabes, fenicios e iroqueses (estes de Norteamérica).

Di a mitoloxía grega que o gran deus Zeus se encaprichou coa ninfa Callisto da deusa Diana, da cal se disfrazou Zeus para achegarse á ninfa ata conseguir facer o amor con ela. Como Callisto quedou embarazada e Diana deuse conta do acontecido cando tomaba un baño con todas as súas ninfas, apartouna del. Hera, a esposa de Zeus escoitou que Callisto parira ao seu fillo Arkas, polo que nun ataque de celos, a converteu nun oso.

Anos despois, Arkas encontrou un oso ao que, por medo, intentou matar. Zeus, sabendo que se trataba de nai e fillo, tomounos e colocou entre as estrelas como dúas resplandecentes e veciñas constelacións. Hera, enfadada por isto, somerxeuse no océano en busca de Thethys e Oceanos, aos que contou a historia e pediu un favor: que o oso (a constelación Ursa Major) nunca tocase a auga. Por iso, segundo a mitoloxía, o Grande Oso nunca toca o horizonte. (Metamorfose, libro II, de Ovidio).

FONTE:mallorcaweb.net / coompu.net

NATUREZA: ENCICLOPEDIAS DE CONSULTA NA REDE

NATUREZA: ENCICLOPEDIAS DE CONSULTA NA REDE

Imaxe da enciclopedia on line sobre natureza "Animal Diversity Web"

Agora que comeza o curso, na materia de Ciencias da Natureza compre contar con certos recursos á hora de consultar e  preparar traballos. Aquí che deixo un listado de enciclopedias temáticas on line sobre natureza que che poden axudar:

En español ou con esta opción:

Enciclopedia Virtual dos Vertebrados Españois creada polo Museo Nacional de Ciencias Naturais (MNCN), do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), para achegar a información científica máis recente e rigorosa sobre vertebrados ao público xeral e concienciar sobre a súa conservación. Polo momento publicaron unhas 200 especies das 600 coñecidas en España.

Iberfauna traballo do MNCN (Museo Nacional de Ciencias Naturais) coa axuda de diversos investigadores para ofrecer un sistema centralizado de acceso público ao estado de coñecemento da fauna ibérica. Ofrece tamén unha clasificación taxonómica.

FishBase posta en marcha en 2001 polo WorldFish Center, en colaboración coa FAO  e a Unión Europea. Esta base de datos inclúe información sobre máis de 32.000 especies e subespecies de peixes, máis de 50.000 imaxes, case 300.000 nomes comúns en case 300 idiomas e máis de 47.000 referencias.

Avibase xestionada por Denis Lepage e albergada por Bird Studies Canada, co-socio de BirdLife International, é froito dun traballo duns 15 anos. Ofrece información de todas as aves do mundo, con máis de nove millóns de rexistros de 10.000 especies e 22.000 subespecies, datos sobre a súa distribución, taxonomía, sinónimos en varios idiomas, etc.

Montipedia para afeccionados ao montañismo e á natureza "de altura", con información sobre montañas, volcáns, serras, cordilleiras, etc. de todo o mundo, artigos sobre xeografía, rutas, clasificacións, galería de imaxes, dicionario terminolóxico, directorio de enlaces...

En inglés:

Amphibia desenvolvida por varias institucións centradas na conservación dos anfibios, ofrece información sobre máis de 7.000 especies de ras, sapos, tritóns ou píntegas. O seu obxectivo é alertar do declive destes seres en todo o mundo.

Animal Diversity Web é unha extensa colección on line do Museo de Zooloxía da Universidade de Michigan sobre historia natural, especies, bioloxía, etc. de miles de especies de animais. Inclúe miles de fotos, centos de arquivos de son e un museo virtual.

Palaeos fundamentada no sistema de publicación colaborativa wiki para ofrecer unha enciclopedia sobre a historia da Terra, con información biolóxica, paleontolóxica, cladística (relacións evolutivas entre organismos) e xeolóxica. Participan científicos de primeira liña como Michael J. Benton, da Universidade de Bristol.

The Plant List creado por The Royal Botanic Gardens e o Kew and Missouri Botanical Garden, pretende reunir a todas as plantas coñecidas do mundo. Ata o momento inclúe máis dun millón de nomes de especies, organizadas en 620 familias e 16.167 xéneros.

World Register of Marine Species (Rexistro Mundial de Especies Mariñas, WoRMS) ten por obxectivo catalogar todos os nomes de organismos mariños, incluídos sinónimos. Leva xa máis de 200.000 especies das 240.000 coñecidas, e ofrece tamén unha fotogalería con máis de 20.000 imaxes.

Espero que che podan ser útiles!

FONTE: Revista Consumer

REMATA O VERÁN E COMENZA O OUTONO

REMATA O VERÁN E COMENZA O OUTONO

Outono / Imaxe:edu.xunta.es

Hoxe, sábado 22 de setembro, ás 16 horas e 49 minutos, hora peninsular, entra o outono, segundo os cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional), dicíndolle adeus ao verán.

Esta estación durará 89 días e 20 horas, e rematará o 21 de decembro coa chegada do inverno.

Esta é a época do año na que a duración do día acúrtase máis rapidamente. O Sol sae polas mañás cada día un chisco máis tarde que o día anterior e pola tarde ponse antes, sendo o acurtamento do día especialmente apreciable polas tardes. En definitiva, nestes días é o tempo no que o Sol está por enriba do horizonte reducíndose en case tres minutos cada día.

CORRECTOR DE GALEGO IMAXIN GALGO 2.0

CORRECTOR DE GALEGO IMAXIN GALGO 2.0

A Secretaría Xeral de Política Lingüística presentou onte a nova versión do corrector de galego imaxin Galgo (GALGO 2.0), que actualiza e mellora esta ferramenta, pensada para a análise dos problemas de carácter ortográfico e léxico que poidan aparecer en textos escritos en galego.

Traballa cos procesadores de texto estándar Microsoft Office Word 2003, 2007 e 2010 para Windows e Microsoft Office Word 2011 para as versións de Mac para Snow Leopard e Lion.

Se queres descargar esta ferramenta no teu ordenador ou portátil só tes que premer AQUÍ e seguir as instrucións que se indican.

FONTE: Consellería de Educación e O. Universitaria

COMENZA O VERÁN 2012

COMENZA O VERÁN 2012

Estacións do ano / Imaxe:blogs.elcorreo.com

O verán, estación marabillosa, segundo os cálculos do Observatorio Astronómico Nacional, comenzou hoxe, xoves 21 de xuño, ás 1 horas 9 minutos, hora oficial peninsular.  Esta estación, que é a máis longa do ano, durará 93 días e 15 horas, e rematará o 22 de setembro co comenzo do outono.

O inicio das estacións vén dado, por convenio, por aqueles instantes no que a Terra se atopa nunhas determinadas posicións na súa órbita arrededor do Sol. No caso do verán, esta posición dase no punto da eclíptica no que o Sol acada a súa sposición máis boreal. O día que isto acontece, o Sol alcanza a súa máxima declinación Norte (+23º 27’) e durante varios días a súa altura máxima ao mediodía non cambia, e por iso, a esta circunstancia chámase tamén solsticio ("sol quieto") de verán. Ese día corresponde ao de maior duración do ano. Nese instante no hemisferio sur comenza o inverno.