Blogia
vgomez

DOCENCIA

NOVO DICIONARIO ELECTRÓNICO DA RAG

NOVO DICIONARIO ELECTRÓNICO DA RAG

 

Dende hai uns días, contamos cunha nova ferramenta para a mellora do noso idioma: o novo Dicionario electrónico da Real Academia Galega.

Elaborado a partir dun amplo corpus do galego moderno, o seu carácter é normativo, polo que unha busca no Dicionario ofrece información sobre a pronuncia, grafía e significados correctos da palabra. Achega, ao mesmo tempo, información gramatical (xénero dos substantivos, formación do feminino, réxime dos verbos...) e, cando é pertinente, sobre o nivel de uso (rexistro formal ou familiar). As acepcións do termo buscado acompáñanse de sinónimos, antónimos e voces próximas semanticamente, ademais de ilustrarse con varios exemplos de uso. Asemade, o Dicionario incorpora a terminoloxía científica manexada nos niveis de estudos medios, así como as locucións e os fraseoloxismos de maior relevancia, cos seus significados e exemplos correspondentes.

No que se refire á súa consulta en liña, a páxina propón un sistema preditivo de busca que facilita a procura do termo. Na marxe dereita preséntanse os termos máis buscados polo público e a definición dunha "palabra á toa", ademais dun formulario que permite enviar calquera suxestión para favorecer unha mellora constante do dicionario. Ademais, unha aplicación permítenos enviar a Twitter a procura realizada, contribuíndo, deste xeito, á socialización do galego no seo das redes sociais. 

Estamos, finalmente, perante un dicionario que pretende ser respectuoso cos dereitos das persoas, dos grupos sociais e dos pobos; un dicionario que ten en conta o principio de igualdade e rexeita as discriminacións por razóns de xénero, raza ou relixión.

Podes consultalo pinchando AQUÍ ou ben no apartados de ENLACES.  

FONTE: Real Academia Galega (RAG)

ÁLBUM DA CIENCIA

ÁLBUM DA CIENCIA

Páxina do Álbum da Ciencia / Imaxe: usc.es

O Consello da Cultura Galega (CCG) recupera e divulgar a memoria e a obra dos protagonistas da modernización científica, cultural e educativa de Galicia no primeiro terzo do século XX a través da publicación no portal de divulgación culturagalega.org do Álbum da Ciencia, que hoxe comenza a súa andaina. 

Que é o álbum da ciencia?

A elaboración dun Diccionario histórico de científicos galegos foi un dos obxectivos básicos do Grupo de Traballo de Historia das Ciencias desde o momento da súa constitución, en 1987, como área do Seminario de Estudos Galegos. O proxecto deseñouse en dúas partes. A primeira, editada en 1993, implicou a redacción dos textos relativos a 121 autores correspondente ao período 1868-1936. A segunda, que apareceu no ano 2005, abordou o período cronolóxico previo e supuxo o achegamento a 80 novos  científicos.

En  2007, ao cumprirse o centenario da fundación da Junta para Ampliación de Estudios (JAE), o Consello da Cultura Galega decidiu crear o Álbum da Ciencia, un espazo destinado a recoller as biografías dos principais protagonistas da valiosa obra da JAE en Galicia, científicos e outros pensadores.

O Album da Ciencia inicía agora unha nova etapa na que atenderá en exclusiva ao ámbito científico e ampliará substancialmente o tramo temporal analizado. Un ambicioso e novidoso proxecto que ten como punto de partida as 201 biografías elaboradas para o Diccionario histórico, textos que serán actualizados e reformulados. A iso debe engadirse a incorporación de novas entradas, correspondentes a outros autores, nomeadamente ós que desenvolveron o seu labor entre 1936 e 1970, e as relativas a institucións científicas salientables. O principal criterio que utilizamos para a selección de autores será a relevancia da obra no momento histórico que viviron e o seu vínculo con Galicia. Canto a edición o Álbum abordará en 2011 a revisión e actualización das biografías publicadas en 1993 e 2005. Nun segundo momento, 2012, terá lugar a incorporación das novas entradas.

O resultado final permitirá ofrecer aos usuarios un total dunhas 300 entradas online, unha parte substancial do I+D histórico do país, unha especie de panteón virtual da excelencia científica que proporcionará unha valiosa e actualizable información a públicos diversos.

Con  esta iniciativa o Consello da Cultura Galega contribúe ao fomento da cultura científica da sociedade por medio da difusión do labor desenvolto polos científicos-as máis sobranceiros da historia de Galicia. A elaboración desta nova versión do Álbum da Ciencia supón un esforzo investigador e divulgativo dun amplo equipo de especialistas.

Para a súa consulta pincha  AQUÍ.

FONTE: culturagalega.org

PRIMAVERA 2012

PRIMAVERA 2012

Chega a Primavera / Veiñeta de Ramón (Xornal El País/19/03/2012)

A primavera de 2012, segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional, comenzou hoxe, martes 20 de marzo, ás 6:14 hora oficial peninsular, unha hora menos en Canarias.

Esta estación durará 92 días e 18 horas, e rematará o 21 de xuño co comenzo do verán.

O inicio das estacións ven dado, por convenio, por aqueles instantes en que a Terra se atopa nunhas determinadas posicións na súa órbita arredor do Sol. No caso da primavera, esta posición é aquela na que o centro do Sol, visto dende a Terra, cruza o ecuador celeste no seu movemento aparente cara ao norte. Cando esto sucede, a duración do día e a noite prácticamente coinciden, e por eso, a esta circunstancia chámaselle tamén equinoccio de primavera. Nese instante no Hemisferio Sur empeza o outono.


CORAIS

 

Os corais son animais pertenentes ao filo Cnidaria, clase Antozoos. O animal coñecido como coral é unha colonia de pequenos pólipos de apenas uns milímetros de diámetro. Ten a capacidade de fixar sobre os seus tecidos o calcio disolto no mar e así formar as estructuras ríxidas características. O coral e a súa estructura calcaria é branca, as diferentes cores que presentan débense a unhas microalgas que viven en simbiose cos pólipos e reciben o nome de zooxantelas. Por esta razón o coral necesita augas trasparentes para desenvolverse, para que as zooxantelas realicen así a fotosínte.
Os corais son animais carnívoros, alimentándose de zooplancton básicamente. En canto á reproducción, existen especies de reproducción sexual e reproducción asexual, incluso hai especies onde danse ámbalas dúas formas.

Aínda que ten aspecto de planta é un animal!

MORRE O "CONSERVADOR LIBERTARIO": ISAAC DÍAZ PARDO

MORRE O "CONSERVADOR LIBERTARIO": ISAAC DÍAZ PARDO

Isaac Díaz Pardo / Imaxe:elpaís.es

Onte, día 5 de xaneiro de 2012, morreu Isaac Díaz Pardo, o "conservador libertario" como a el lle gustaría que o recordasen despois de morto. Intelectual galeguista, pintor, ceramista, deseñador, editor e empresario. Naceu en Santiago de Compostela un 23 de agosto de 1920. Aos seus 91 anos, deixa atrás un grande legado cultural a disposición de tódolos galegos. Se queres coñecer a súa vida e obra pìncha AQUÍ.

Descanse en paz!

INVERNO

INVERNO

Inverno / Imaxe:sweet-song.tumblr.com

Hoxe, xoves 22 de decembro, ás 6 horas e 30 minutos, hora oficial peninsular, comenza o invierno no hemisferio Norte, segundo o convenio astronómico. Esta estación, a máis curta do ano dende hai algúns séculos, durará 88 días e 23 horas. Aa primavera chegará o día 20 de marzo de 2012.

O inicio das estacións ven dado, por convenio, por aqueles instantes no que a Terra se atopa nunhas determinadas posicións na súa órbita ao redor do Sol. No caso do invierno, esta posición dase no punto da eclíptica no que o Sol acada a súa posición máis austral. O día no que isto sucede, o Sol alcanza  a súa máxima declinación Sur (-23º 27’) e durante varios días a súa altura máxima ao mediodía non cambia, e por iso, a esta circunstancia chámaselle tamén solsticio (“sol quieto”) de invierno. Neste instante no hemisferio sur comenza o verán.

Por estas datas dase tamén o máximo acercamento anual (perihelio) entre a Terra e o Sol. Nesta ocasión, será próximo día 5 de xaneiro de 2012, sendo a distancia de algo máis de 147 millóns de quilómetros, uns 5 millóns menos que no momento de afelio ou de maior distancia (5 de xullo de 2012).


1 DE DECEMBRO: DÍA MUNDIAL CONTRA A SIDA

O día Mundial da loita contra a SIDA, conmemórase o 1 de decembro de cada ano, adicado a dar a coñecer a epidemia da SIDA global causada pola extensión da infección do VIH. O día 1 de decembro foi elexido debido a que o primeiro caso de SIDA foi diagnosticado neste día en 1981.

O lazo vermello é o símbolo mundial para a solidaridade coas persoas VIH positivas e con aqueles que conviven coa SIDA e apoio mutuo.

Pero sabes que é a sida? A contestación aquí, neste artigo e no vídeo.

DÍA DA INFANCIA 2011

DÍA DA INFANCIA 2011

 

Día da Infancia 2011:"Move o teu Mundo"/ Imaxe: enredate.org

Aínda que onte, día 20 de novembro celebrouse o DÍA INTERNACIONAL DOS NEN@S, no noso centro farémolo durante toda esta semana que comenza hoxe. Os Dereitos do Neno (ou Dereitos da Infancia) son dereitos que posúen os nen@s e adolescentes polo simple feito de nacer. Son inalienables, irrenunciables, innatos e imprescindibles para unha boa infancia.

Este ano  esta xornada adícarémola a o dereito dunha alimentación saudable, co lema: "Comemos todos, comemos ben".

No seguinte vídeo repasamos todos e cada un dos dereitos que asisten á infancia.