Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE LUXEMBURGO? VIII

Continúo coa serie adicada a Luxemburgo, oficialmente Gran Ducado de Luxemburgo, un pequeño país sen litoral marítimo de Europa occidental que debido a súa situación física, estabilidade política, poboación plurilingüe e os incentivos fiscais convertérono nun importante centro financeiro.

A contestación correcta á pregunta de onte é Esch-sur-Alzette. Luxemburgo, a capital, conta con 134.700 habitantes, séguelle Esch sur-Alzette  con 37.500, Differdange con 29.000,  Dudelange con 22.040…

 

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cal é o punto máis alto de Luxemburgo?

- Buurgplaatz

- Kneiff

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org e exteriores.gob.es   Imaxes: es.dreamstime.com e es.wikipedia.org

#DígochoEu: Sabes o que é 'pulsear'?

En galego temos un verbo propio para facer isto 💪? Pois imos coñecelo!

#DígochoEu

CANTO SABES DE LUXEMBURGO? VII

Continúo coa serie adicada a Luxemburgo, oficialmente Gran Ducado de Luxemburgo, un pequeño país sen litoral marítimo de Europa occidental que debido a súa situación física, estabilidade política, poboación plurilingüe e os incentivos fiscais convertérono nun importante centro financeiro.

A contestación correcta á pregunta de onte é 3 distritos e 12 cantóns. A saber…

  • Distrito de Diekirch
    • Cantón de Clervaux
    • Cantón de Diekirch
    • Cantón de Redange
    • Cantón de Vianden
    • Cantón de Wiltz
  • Distrito de Grevenmacher
    • Cantón de Echternach
    • Cantón de Grevenmacher
    • Cantón de Remich
  • Distrito de Luxemburgo
    • Cantón de Capellen
    • Cantón de Esch-sur-Alzette
    • Cantón de Luxemburgo
    • Cantón de Mersch

Estes cantóns están divididos en comunas, a división administrativa menor en Luxemburgo.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. A capital, Luxemburgo é a poboación máis grande do país. Pero que ciudades lle seguen en importantancia e poboación?

- Diekirch

- Differdange

- Esch-sur-Alzette

- Dudelange

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.dreamstime.com e demnext.org

CANTO SABES DE LUXEMBURGO? VI

Continúo coa serie adicada a Luxemburgo, oficialmente Gran Ducado de Luxemburgo, un pequeño país sen litoral marítimo de Europa occidental que debido a súa situación física, estabilidade política, poboación plurilingüe e os incentivos fiscais convertérono nun importante centro financeiro.

A contestación correcta á pregunta de onte é Monarquía constitucional. O Gran Ducado de Luxemburgo é unha monarquía constitucional. Baixo a constitución de 1868, os poderes executivos recaen sobre o gran duque e o seu gabinete, que consta de varios ministros dirixidos por un primeiro ministro. O gran duque ten o poder de disolver o parlamento e convocar eleccións para elixir un novo. O poder lexislativo reside na Cámara dos Deputados, elixidos por sufraxio directo cada cinco anos. Unha segunda cámara, o Consello de Estado (Conseil d’État), composto de 21 cidadáns correntes designados polo gran duque, asesoran á Cámara dos Deputados na elaboración da lexislación.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Administrativamente Luxemburgo esta dividida en…

- 2 distritos e 6 cantóns

- 3 distritos e 12 cantóns

- 4 distritos e 12 cantóns

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org 

#DígochoEu: Cinco verbos galegos (aínda que non o parezan)

Ás veces utilizamos soamente as palabras que máis galegas nos soan, e está xenial! Pero hoxe no falamos de verbos que podemos usar tamén en galego sen ningún problema!

#DígochoEu

#DígochoEu: A xente do IES Díaz Pardo de Culleredo apréndeche a dicir ben o 'x' en galego

Aprendendo a dicir ben o ’x’ en galego!

#DígochoEu

CANTO SABES DE LUXEMBURGO? V

Continúo coa serie adicada a Luxemburgo, oficialmente Gran Ducado de Luxemburgo, un pequeño país sen litoral marítimo de Europa occidental que debido a súa situación física, estabilidade política, poboación plurilingüe e os incentivos fiscais convertérono nun importante centro financeiro.

A contestación correcta á pregunta de onte é Preto dos 700.000 habitantes. Exactamente 696.174 habitantes. Para que teñades una referencia comparativa, sería similar a poboación de Navarra (680.296 habitantes).

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal é a forma de gobernó de Luxemburgo?

- Ditadura

- República

- Monarquía constitucional

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org e countrymeters.info/es    Imaxes: idatosmundial.com e es.wikipedia.org

#Dígocho: Eu A historia da letra x

Sabes dende cando se leva usando a letra x en galego? E como evolucionou a súa pronuncia noutras linguas? Poucas letras hai máis xenuínas en galego!

#DígochoEu