Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: A boa xente do Quiñones de León de Vigo sabe moito de peiteados #DígochoEu

Alumnado do CPR Quiñones de León de Vigo fálanos de termos do peiteado!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ESTREMADURA? II

Continúo coa serie adicada a Estremadura, comunidade autónoma situada no centro-oeste da península ibérica. Un espazo de grandes contrastes que está considerado como un dos máis importantes enclaves ecolóxicos de España. O seu patrimonio histórico é, igualmente, un dos máis sobresalientes da Península Ibérica.

A contestación correcta á pregunta de onte é Ao norte con Castela e León, ao leste con Castela-A Mancha, ao sur con Andalucía e ao oeste con Portugal. Limita ao norte coas provincias de Salamanca e Ávila (Castela e León), ao sur con Huelva, Sevilla e Córdoba (Andalucía); ao leste, con Toledo e Ciudad Real (Castela-A Mancha) e ao oeste, coas rexións do Alentexo e as Beiras (Portugal). 

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Estremadura está formada por dúas provincias, Cáceres e Badaxoz, pero cal é a capital?

- Cáceres

- Badaxoz

- Mérida

- Plasencia

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxes: cplosangeles.educarex.es e es.wikipedi.org

CANTO SABES DE ESTREMADURA?

Estremadura, comunidade autónoma situada no centro-oeste da península ibérica. Un un espazo de grandes contrastes que está considerado como un dos máis importantes enclaves ecolóxicos de España. O seu patrimonio histórico é, igualmente, un dos máis sobresalientes da Península Ibérica.

Anímaste a coñecer millor esta comunidade? Si! Pois alá imos!

1. Cales son os límites des Estremadura?

- Ao norte con Castela e León, ao leste con Castela-A Mancha, ao sur con Andalucía e ao oeste con Portugal.

- Ao norte con Castela e León, ao leste con Madrid, ao sur con Castela-A Mancha e ao oeste con Portugal.

- Ao norte con Castela-A Mancha, ao leste con Castela-León, ao sur con Andalucía e ao oeste con Portugal.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxes: brandemia.org e es.wikipedia.org

#DígochoEu: Aprende en 1 minuto a distinguir entre 'te' e 'che'

Aquí está o truco definitivo para que non te trabuques co ’te’ e co ’che’.  E todo en 1 minuto!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ASTURIAS? XVII (FIN)

Remato coa serie adicada a Asturias, oficialmente Principado de Asturias, comunidade autónoma española uniprovincial, situada no norte da Península Ibérica, caracterizada por ter unha especial contorna verde e natural coa mestura perfecta entre mar e montaña, praias, cantís e miradoiros espectaculares, municipios e pobos pesqueiros moi pintorescos que os fai únicos.

A contestación á pregunta de onte é A Virxe de Covadonga. Coñecida popularmente como A Santina, é unha imaxe da Virxe María que se atopa na Santa Cova de Covadonga, concello de Cangas de Onís. É Patroa do Principado de Asturias desde 1968, aínda que comparte o patronazgo coa mártir Santa Eulalia de Mérida que o é 1639, sendo tamén patroa de Oviedo e da súa diocese desde 1630. Segundo a tradición, a Virxe axudou aos cristiáns capitaneados por Paio, provocando un desprendemento de rochas na coñecida como batalla de Covadonga, que minguou o exército árabe. Esta vitoria é lendariamente considerada como o inicio da Reconquista e a reinstauración dos reis cristiáns na Península.

E así remato esta serie esperando que axudase a coñecer esta comunidade tan preto de nós!

Ata a próxima serie!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org   

#DígochoEu: Non digas *claraboya

Como se chaman esa pequenas ventás abertas no teito ou na parte alta das paredes? *Claraboyas, non!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ASTURIAS? XVI

Continúo coa serie adicada a Asturias, oficialmente Principado de Asturias, comunidade autónoma española uniprovincial, situada no norte da Península Ibérica, caracterizada por ter unha especial contorna verde e natural coa mestura perfecta entre mar e montaña, praias, cantís e miradoiros espectaculares, municipios e pobos pesqueiros moi pintorescos que os fai únicos.

A contestación á pregunta de onte é Víctor Manuel e Ana Belén. Hai que aclarar que só Ana Belén non é asturiana. A saber:

Severo Ochoa: Luarca, 1905-1993

Fernando Alonso: Oviedo, 1981

Melendi: Oviedo, 1979

Víctor Manuel: Mieres, 1947

Ana Belén: Madrid, 1951

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

16. Cal é o patrón de Asturias?

- Santa Eulalia de Mérida

- A Virxe de Covadonga

- San Agustín

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: #cibercarrachos (Isto é o que tes que facer se sofres ciberacoso)

Ciberacoso! Se estás nesa situación atende a estas indicacións!

#DígochoEu