Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE ASTURIAS? XV

Continúo coa serie adicada a Asturias, oficialmente Principado de Asturias, comunidade autónoma española uniprovincial, situada no norte da Península Ibérica, caracterizada por ter unha especial contorna verde e natural coa mestura perfecta entre mar e montaña, praias, cantís e miradoiros espectaculares, municipios e pobos pesqueiros moi pintorescos que os fai únicos.

A contestación á pregunta de onte é Castelán, asturiano e eonaviego. O idioma oficial é o castelán pero tamén se fala o asturiano ou bable, que aínda que non goza de status oficial, está recoñecida e protexida polo Principado de Asturias de acordo con o seu Estatuto de Autonomía e a lexislación desenvolvida, e o eonoviego, o galego de Asturias, galego que se fala no occidente e que chega polo norte ata uns oito quilómetros da beira oriental do río Navia.

E imos coa preguta de hoxe!

15. Na seguinte relación hai un personaxe que non é asturiano. Saberías atopalo?

1- Severo Ochoa

2- Fernando Alonso

3- Ramón Melendi

4- Víctor Manuel e Ana Belén

Mañá a solución e una nova proposta

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: heraldo.es, fundacioncajamurcia.es, espanol.motorsport.com, conciertosengranada.es e

#DígochoEu: No CEIP As Bizocas do Grove saben moito de marisco, claro!

Cousas do mar!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ASTURIAS? XIV

Continúo coa serie adicada a Asturias, oficialmente Principado de Asturias, comunidade autónoma española uniprovincial, situada no norte da Península Ibérica, caracterizada por ter unha especial contorna verde e natural coa mestura perfecta entre mar e montaña, praias, cantís e miradoiros espectaculares, municipios e pobos pesqueiros moi pintorescos que os fai únicos.

A contestación á pregunta de onte é 5. A Saber: Somiedo (Territorio do oso pardo), Redes (Bosques de conto), Fontes do Narcea (A maior Carballeira de Europa), Ponga (Paraíso do turismo activo) e As Ubiñas-A Mesa (Incalculable riqueza natural)

E imos coa preguta de hoxe!

14. Que idiomas se falan en Asturias?

- Castelán

- Asturiano

- Castelán e asturiano

- Castelán, asturiano e eonaviego

Mañá a solución e una nova proposta

FONTE: parquesnaturalesasturias.com e es.wikipedia.org  Imaxes: espanafascinante.com

#DígochoEu: Un til non é un acento

Non é o mesmo til que acento. Esther explíxanolo!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ASTURIAS? XIII

Continúo coa serie adicada a Asturias, oficialmente Principado de Asturias, comunidade autónoma española uniprovincial, situada no norte da Península Ibérica, caracterizada por ter unha especial contorna verde e natural coa mestura perfecta entre mar e montaña, praias, cantís e miradoiros espectaculares, municipios e pobos pesqueiros moi pintorescos que os fai únicos.

A contestación á pregunta de onte é Lago do Val. Ou do Allo, é o maior do Complexo Lacustre de Somiedo. Situado dentro de Concello de Somiedo, conta cun orixe glaciar, e é considerado como Monumento Natural, formando parte do Parque Natural de Somiedo. Pode chegar a albergar ata 2.450.000 m3 de auga. A altitude da súa beira é de 1.560 metros sobre o nivel do mar. O Complexo Lacustre de Somiedo está composto por unha serie de 12 lagos que se agrupan aos longo de dous vales somedanos; o Val de Saliencia, ao nordés, e o Val do Lago, ao suroeste, separados por un crestón calizo. O Lago do Val atópase na cabeceira do Valle do Lago, en cuxo fondo se atopa o pobo tamén chamado Valle, así como o río que o drena.

E imos coa preguta de hoxe!

13. El Parque Nacional dos Picos de Europa é compartido por Asturias, Cantabria e Castela-León, pero cantos Parques Naturales ten Asturias?

- 1

- 2

- 3

- 4

- 5

Mañá a solución e una nova proposta

FONTE: chcantabrico.es Ees.wikipedia.org  Imaxes: viajesyrutas.es e deporteasturiano.org

CANTO SABES DE ASTURIAS? XII

Continúo coa serie adicada a Asturias, oficialmente Principado de Asturias, comunidade autónoma española uniprovincial, situada no norte da Península Ibérica, caracterizada por ter unha especial contorna verde e natural coa mestura perfecta entre mar e montaña, praias, cantís e miradoiros espectaculares, municipios e pobos pesqueiros moi pintorescos que os fai únicos.

A contestación á pregunta de onte é Nalón. Nace a 1.440 metros de altitude preto do porto de Tarna (Caso). En Forcinas (Pravia) únese co Narcea, formando a denominada ría de Pravia, que comunica co mar Cantábrico. É o curso fluvial asturiano máis longo do principado con 145 km.

E imos coa preguta de hoxe!

12. Cal é o lago máis grande de Asturias?

- Lago Enol

- Lago Ercina

- Lago do Val

- Lago Negro

Mañá a solución e una nova proposta

FONTE:es.wikipedia.org  Imaxes: elpais.com e guiadeasturias.com

#DígochoEu: Manda chover na Habana! Moito aprendemos coa xente do Sagrada Familia da Coruña

O tempo está tolo! É a primavera!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *esqueje

*Esqueje é incorrecto en galego. Enton como se di en galego?

#DígochoEu