#DígochoEu: Sinónimos de verruga ata con nome de animal!
Verruga é unha palabra correcta en galego! Pero hai varios sinónimos desta palabra en galego. Esther dinos cales son!
#DígochoEu
Verruga é unha palabra correcta en galego! Pero hai varios sinónimos desta palabra en galego. Esther dinos cales son!
#DígochoEu
Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada a Aragón, un territorio que sorprende coa súa diversidade paisaxística e cultural. Desde impoñentes montañas ata pobos con historia, cada recuncho conta unha historia única.
A contestación correcta á pregunta de onte é Limita ao norte con Francia, ao oeste con Navarra, A Rioxa e Castela e León, ao sur con Castela-A Mancha e a Comunidade Valenciana e ao leste con Cataluña. Máis concretamente: Limita ao norte con Francia (Occitania e Nova Aquitania), ao oeste con Navarra, A Rioxa e Castela e León (provincia de Soria), ao sur con Castela-A Mancha (provincias de Guadalaxara e Cuenca) e a Comunidade Valenciana (provincias de Castelló e Valencia) e ao leste con Cataluña (provincias de Lleida e Tarragona).
E imos coa pregunta de hoxe!
2. Cal destas bandeiras é a de Aragón?
- 1
- 2
- 3
- 4
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: mapas-mundo.com e es.wikipedia.org
De sol, de natación, de mergullo... Hai moitos tipos, pero en galego non lle chamamos *gafas! E atentos porque tampouco é correcto dicir *lentillas.
Aragón é un territorio que sorprende coa súa diversidade paisaxística e cultural. Desde impoñentes montañas ata pobos con historia, cada recuncho conta unha historia única. O reino de Aragón, xunto co principado de Cataluña, os reinos de Valencia e Mallorca e outros territorios de Francia, Italia e Grecia conformaron durante séculos a histórica Coroa de Aragón. En 1982 constituíuse como comunidade autónoma.
Gustaríache coñecela mellor? Si! Pois alá imos!
1. Cales son os límites de Aragón?
- Limita ao norte con Francia, ao oeste con Navarra, ao sur con Castela-A Mancha e ao leste con Cataluña
- Limita ao norte con Francia, ao oeste con Navarra, A Rioxa e Castela e León, ao sur con Castela-A Mancha e a Comunidade Valenciana e ao leste con Cataluña.
- Limita ao norte con Francia, ao oeste coa Rioxa e Castela e León, ao sur coa Comunidade Valenciana e ao leste con Cataluña.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: turismodearagon.com
En galego non temos o verbo *camelar. Esther danos as alternativas!
#DígochoEu
Nin *zócalo nin *rodapié. Estas palabras non correctas en galego. Entón, como se di?
#DígochoEu
*Cuchichear é incorrecto en galego. Pero Esther danos varias alternativas!
#DígochoEu
Remato coa serie adicada a Estremadura, comunidade autónoma situada no centro-oeste da península ibérica. Un espazo de grandes contrastes e está considerado como un dos máis importantes enclaves ecolóxicos de España. O seu patrimonio histórico é, igualmente, un dos máis sobresalientes da Península Ibérica.
A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie é 3-Alejandro Sanz. Alejandro Sánchez Pizarro (Madrid, 18 de decembro de 1968), coñecido artísticamente como Alejandro Sanz, cantautor e compositor madrileño. O resto dos propostos son estremeños. A Saber:
1- Raquel Sánchez Silva (Plasencia, Cáceres, 13 de xaneiro de 1973), periodista e presentadora TVE.
2- Ernesto Valverde (Viandar da Vera, Cáceres, 9 de febreiro de 1964), apodado Txingurri, exfutbolista e adestrador.
4- Pepa Bueno, María José «Pepa» Bueno Márquez (Badajoz, 25 de xaneiro de 1963), periodista, actual directora do xornal El País.
E así remato esta serie, esperando que servise para coñecer algo millor esta Comunidade Autónoma.
Ata a próxima serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org, movistararena.cl, 20minutos.es e elperiodicoextremadura.com