CANTO SABES DE ARAGÓN? VIII
Continúo coa serie adicada a Aragón, un territorio que sorprende coa súa diversidade paisaxística e cultural. Desde impoñentes montañas ata pobos con historia, cada recuncho conta unha historia única.
A contestación correcta á pregunta de onte é Aneto. É a montaña máis elevada dos Pireneos, cunha altitude de 3.404 metros sobre o nivel do mar, a segunda da Península Ibérica e a terceira de España. Forma parte do macizo da Maladeta e, situado na zona do val de Benasque (Huesca).
E imos coa pregunta de hoxe!
8. A Comunidade Autónoma de Aragón constitúe un nó hidrográfico de especial relevancia a escala peninsular. Os seus case 48.000 km2 repártense entre as concas de tres dos principais cursos fluviais do norte do país: os ríos Ebro, Xúcar e Texo. Cal delas é a conca máis extensa?
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: cimanorte.com e mmhumanes.blogspot.com
0 comentarios