#DígochoEu: Non digas *tinieblas
Nada de *tinieblas cando estamos ás escuras. Esther acláranolo!
#DígochoEu
Nada de *tinieblas cando estamos ás escuras. Esther acláranolo!
#DígochoEu
Continúo coa serie adicada a Luxemburgo, oficialmente Gran Ducado de Luxemburgo, un pequeño país sen litoral marítimo de Europa occidental que debido a súa situación física, estabilidade política, poboación plurilingüe e os incentivos fiscais convertérono nun importante centro financeiro.
A contestación correcta á pregunta de onte é Luxemburgués, francés e alemán. En Luxemburgo, o idioma máis utilizado na vida cotiá é o francés, lingua franca do país, seguido do inglés, o alemán e o luxemburgués. O francés predomina nos comercios, supermercados, restaurantes e cafés. Con todo, no ámbito privado, en casa, o luxemburgués é a lingua máis popular (falada polo 57 % da poboación en casa), seguida do francés (22 %), o portugués (22 %), o alemán (5 %) e o inglés (5 %).
E imos coa pregunta de hoxe!
11. Un destes organismos da Unión Europea NON esta en Luxemburgo. Cal é?
- Tribunal de Xustiza da Unión Europea
- Tribunal de Contas da Unión Europea
- Banco Europeo de Investimentos
- Banco Central Europeo
Mañá a solución e una nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org e fr.statista.com Imaxes: fr.statista.com e es.wikipedia.org
Continúo coa serie adicada a Luxemburgo, oficialmente Gran Ducado de Luxemburgo, un pequeño país sen litoral marítimo de Europa occidental que debido a súa situación física, estabilidade política, poboación plurilingüe e os incentivos fiscais convertérono nun importante centro financeiro.
A contestación correcta á pregunta de onte é Mosela. Luxemburgo ten unha serie de ríos menores, como o Eisch, o Alzette e o Pétrusse, pero o principal río é o Mosela. Nace no macizo montañoso dos Vosgos, fluíndo a través da Francia nororiental cruzando Épinal, Charmes, tocando case Nancy, Metz, Guénange e Thionville. Logo durante un longo treito serve de límite entre Alemaña e Luxemburgo, para pasar a continuación a ser un río exclusivamente alemán desde as proximidades de Tréveris. Únese finalmente ao río Rhin en Coblenza (Koblenz) despois de percorrer 545 km.
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Idioma/s oficial/oficiais de Luxemburgo.
- Luxemburgués
- Luxemburgués e francés
- Luxemburgués e alemán
- Luxemburgués, francés e alemán
Mañá a solución e una nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: istockphoto.com/es e turiscom.org
*Conlevar non é correcto en galego. Atención as alternativas que nos ofrece Esther!
#DígochoEuk
Continúo coa serie adicada a Luxemburgo, oficialmente Gran Ducado de Luxemburgo, un pequeño país sen litoral marítimo de Europa occidental que debido a súa situación física, estabilidade política, poboación plurilingüe e os incentivos fiscais convertérono nun importante centro financeiro.
A contestación correcta á pregunta de onte é Kneiff. O relevo presenta dúas rexións diferenciadas: no norte, chamado Oesling, esténdense os contrafortes meridionais do macizo montañoso das Ardenas, cunha altura máxima de 560 metros. Ao sur, o Gutland, constitúe unha extensa chaira prolongación da conca parisiense cunha altura media duns 250 metros. Kneiff ou Op Kneiff é un outeiro situado no municipio de Ëlwen/Troisvierges, no norte de Luxemburgo. Cos seus 560 metros, é o punto máis alto no país. É 1 metro máis alto que o outeiro próximo de Buurgplaatz, que a miúdo se considera, erroneamente, o punto máis alto de Luxemburgo.
E imos coa pregunta de hoxe!
9. Tendo en conta o pequeno tamaño do país, cal é o principal río de Luxemburgo?
- Eisch
- Alzette
- Pétrusse
- Mosela
Mañá a solución e una nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: mapcarta.com/es e expedia.es
Coidado coa "fake apps" ou aplicacións falsas. Atentos aos consellos que se che dan e evitar aos #cibercarrachos 😈!
#DígochoEu
Continúo coa serie adicada a Luxemburgo, oficialmente Gran Ducado de Luxemburgo, un pequeño país sen litoral marítimo de Europa occidental que debido a súa situación física, estabilidade política, poboación plurilingüe e os incentivos fiscais convertérono nun importante centro financeiro.
A contestación correcta á pregunta de onte é Esch-sur-Alzette. Luxemburgo, a capital, conta con 134.700 habitantes, séguelle Esch sur-Alzette con 37.500, Differdange con 29.000, Dudelange con 22.040…
E imos coa pregunta de hoxe!
8. Cal é o punto máis alto de Luxemburgo?
- Buurgplaatz
- Kneiff
Mañá a solución e una nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org e exteriores.gob.es Imaxes: es.dreamstime.com e es.wikipedia.org
En galego temos un verbo propio para facer isto 💪? Pois imos coñecelo!
#DígochoEu