Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Non digas que o coxín está *mullido

*Mullido non é correcto en galego! Entón cal é a palabra correcta?

#DígochoEu

CANTO SABES DE XAMAICA? VIII

Continúo coa serie adicada a Xamaica, un país insular situado non mar Caribe. A terceira illa máis grande das Grandes Antillas e do Caribe (despois de Cuba e a Española).

A contestación correcta á pregunta de onte é Río Minho. Este río çe o máis longo de Xamaica con 92,8 quilómetros. Nace preto do centro xeográfico da illa, flúe xeralmente cara ao sur-suroeste e chega ao mar Caribe na baía de Carlisle na costa centro sur, ao oeste do punto máis ao sur da illa, Portland Point.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Esta illa caribeña agora coñecida como Xamaica, foi colonizada polos pobos arawak e taínos. O explorador Cristóbal Colón descubriuna en 1494 e reclamouna para a Coroa de Castela. Despois de 146 anos de dominio español pasou a mans británicas. Pero cando acadou a súa independencia?

- 1.945

- 1.955

- 1.962

- 1972

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org e dothereggae.com

#DígochoEu: Non digas *varandilla

*Varandilla non está non RAG! Entón cal é a palabra correcta?

#DígochoEu

#DígochoEu: Que ten que ver un trapo cun xeonllo? Nada!

O trapo ten moitos sinonimos no galego! Atentos!

#DígochoEu

CANTO SABES DE XAMAICA? VII

Continúo coa serie adicada a Xamaica, un país insular situado non mar Caribe. A terceira illa máis grande das Grandes Antillas e do Caribe (despois de Cuba e a Española).

A contestación correcta á pregunta de onte é Blue Mountain. Tamén denominado Pico Montaña Azul,​ é a montaña máis alta do país caribeño de Xamaica​ con 2.256 metros. Atópase no límite entre as parroquias de Portland e Santo Tomás de Xamaica. Nas súas ladeiras cultívase o coñecido Jamaican Blue Mountain Coffee (é dicir, o café xamaicano da Montaña Azul).

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cal é o maior río de Xamaica?

- Río Grande

- Río Minho

- Río Negro

- Rio Cobre

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: suecaexpres.com e youtube.com

#DígochoEu: En galego non hai nin *tostadas nin *tostadoras

Nada de *tostadas nin *tostadora! Atentos!

#DígochoEu

CANTO SABES DE XAMAICA? VI

Continúo coa serie adicada a Xamaica, un país insular situado non mar Caribe. A terceira illa máis grande das Grandes Antillas e do Caribe (despois de Cuba e a Española).

A contestación correcta á pregunta de onte é 3. Xamaica, na súa organización territorial, está dividida en 3 condados e 14 parroquias A saber.. 

  • Condado de Cornwall no oeste, que consta das parroquias:
    • 1 Hanover
    • 2 Saint Elizabeth
    • 3 Saint James
    • 4 Trelawny
    • 5 Westmoreland
  • Condado de Middlesex no centro, que consta das parroquias:
    • 6 Clarendon
    • 7 Manchester
    • 8 Saint Ann
    • 9 Saint Catherine
    • 10 Saint Mary
  • Condado de Surrey no leste, que consta das parroquias:
    • 11 Kingston
    • 12 Portland
    • 13 Saint Andrew
    • 14 Saint Thomas

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Cal é o punto máis alto de Xamaica?

- John Crow

- Blue Mountain

- Cockpit Country

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org e tripadvisor.es

CANTO SABES DE XAMAICA? V

Continúo coa serie adicada a Xamaica, un país insular situado non mar Caribe. A terceira illa máis grande das Grandes Antillas e do Caribe (despois de Cuba e a Española).

A contestación correcta á pregunta de onte é Kingston. É a capital de Xamaica, situada no sueste o país, as beiras do mar Caribe, cunha poboación  é de 960.459 habitantes. Foi fundada en 1693 polos ingleses logo de que un terremoto destuíse a cidade portuaria de Port Royal. Converteuse na capital administrativa da illa xamaicana en 1872 e conservou tal status até que o país logrou a súa independencia pasando entón a ser a capital do novo estado.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Xamaica, na súa organización territorial, está dividida en condados e parroquias. Pero cantos condados ten?

- 2

- 3

- 4

- 5

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org