Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE XAMAICA? II

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada a Xamaica, un país insular situado non mar Caribe. A terceira illa máis grande das Grandes Antillas e do Caribe (despois de Cuba e a Española).

A contestación correcta á pregunta de onte é 11.000 km2. Exactamente 10.991 km2. O país está formado por unha soa illa, que conta con 240 km de longo e un máximo de 80 km de ancho.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Ubicación de Xamica!

- Está a 330 km do subcontinente centroamericano, a 50 km ao sur de Cuba e a 180 km ao oeste da illa da Española, e a uns 400 km de Porto Rico.

- Está a 630 km do subcontinente centroamericano, a 150 km ao sur de Cuba e a 180 km ao oeste da illa da Española, na cal están Haití e a República Dominicana e a un 621 km de Porto Rico.

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.mapas-jamica.com e freepik.es

CANTO SABES DE XAMAICA?

Xamaica é un país insular situado non mar do Caribe. Unha montañosa illa situada ao sur de Cuba. A terceira illa máis grande das Grandes Antillas e do Caribe (despois de Cuba e a Española). Cristóbal Colón descubriu a illa en 1494 e cando os indios nativos arawak extinguíronse, os españois comezaron a importar escravos africanos. Na actualidade, máis do 90% da poboación é de descendencia africana.

Queres coñecer un pouco mellor este país insular?

Si! Pois comezamos.

1. Tal como dixemos, Xamia, atópase no mar do Caribe, pero cal é o tamaño desta illa, aproximadamente?

- 10.000 km2

- 11.000 km2

- 12.000 km2

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: evaneos.es e es.wikipedia.org

DigochoEu: Non escribas *hombro en galego

*Hombro é incorrecto en galego, pero polo h!

#DígochoEu

#DígochoEu: Cuíño, cuíño

Cu non leva til! Atención a explicación de Esther!

#DígochoEu

#DígochoEu: Se me apaxas, eu coféote a ti

Cofear o gato! De que estamos a falar?

#DígochoEu

CANTO SABES DE BELIZE? XV (FIN)

Remato coa serie adicada a Belize, a pequena nación caribeña de Belize está chea de marabillas, desde os sitios maias coñecidos máis antigos do mundo ata o segundo sistema de arrecifes máis grande do planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie, é Tapir. O tapir de Baird (Tapirus bairdii) é unha especie de mamífero perisodáctilo da familia dos tapíridos, unha das catro especies americanas que existen de tapir, coñecido en Belize como “vaca de montaña” sendo o animal oficial do país. Como ave de Belize teñen Tucán Peteiroverde, tucán peteiro iris ou tucán peteiro de canoa (Ramphastos sulfuratus) é unha especie de ave piciforme da familia dos tucáns. Como flor de Belize teñen a Prosthechea cochleata conocida como Black Orchid (Orquídea Negra), una orquídea epífita e simpodial.

E así remato esta serie esperando que servise para coñecer algo mellor este país.

Ata a próxima serie!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: animalpedia.fandom.com, es.wikipedia.org e mexico.inaturalist.org

#DígochoEu: Palabras cuquis do galego!

Aquí temos unha palabra cuqui do noso idioma: churrusqueiro!

#DígochoEu

CANTO SABES DE BELIZE? XIV

Continúo coa serie adicada a Belize, a pequena nación caribeña de Belize está chea de marabillas, desde os sitios maias coñecidos máis antigos do mundo ata o segundo sistema de arrecifes máis grande do planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte Dólar Belizenco. (BZD) emitido polo Banco Central de Belize (Central Bank of Belize), circulan moedas de 1, 5, 10, 25, 50 cents e de 1 dólar, e billetes de 2, 5, 10, 20, 50 e 100 dólares. A día de hoxe a súa equivalencia é de 1 BZD = 0,4865 EUR

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

14. Cal é o animal oficial de Belize?

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: elmundoenbilletes.com.ar, animalpedia.fandom.com, es.wikipedia.org e mexico.inaturalist.org