#DígochoEu: Visitamos IES Eduardo Pondal de Ponteceso para coñecermos expresións propias da zona!
Peculariedades no idioma en Ponteceso, polo alumnado do IES Eduardo Pondal!
#DígochoEu
Peculariedades no idioma en Ponteceso, polo alumnado do IES Eduardo Pondal!
#DígochoEu
Continúo co a serei adicada aos peixes, eses animais vertebrados primariamente acuáticos, xeralmente ectotérmicos (regulan a súa temperatura para partir do medio ambiente) e con respiración por branquias. Adoitan estar recubertos por escamas, e están dotados de aletas, que permiten o seu movemento continuo nos medios acuáticos, e branquias, coas que captan o osíxeno disolto na auga.
A contestación correcta á pregunta de onte é Liña lateral. A liña lateral é un órgano sensorial dos peixes que serve para detectar o movemento e as vibracións na auga circundante, o que axuda a estes animais a evitar colisións, a orientarse en relación ás correntes de auga e a localizaren os depredadores e ás súas presas (e a estas, a fuxir daqueles). As liñas laterais comunmente son visíbeis como tenues liñas que percorren cada lado do peixe, desde as proximidades do opérculo (estrutura que cobre as branquias) até a base da cola. Algunhas veces partes deste órgano están modificadas para poder actuaren como electrorreceptores, órganos que detectan impulsos eléctricos. É posíbel que vertebrados como os tiburóns usen tamén as liñas laterais para detectaren campos magnéticos.
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Da seguinte lista, hai un elemento que non é un peixe. Podes identificalo?
- Bonito do norte
- Esturión
- Tiburón balea
- Golfiño
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org
Péchalles a porta aos #cibercarrachos 😈 Atención a esta información!
#DígochoEu
Continúo co a serei adicada aos peixes, eses animais vertebrados primariamente acuáticos, xeralmente ectotérmicos (regulan a súa temperatura para partir do medio ambiente) e con respiración por branquias. Adoitan estar recubertos por escamas, e están dotados de aletas, que permiten o seu movemento continuo nos medios acuáticos, e branquias, coas que captan o osíxeno disolto na auga.
A contestación correcta á pregunta de onte é Non completamente verdadeiro. A maior parte dos peixes presentan reprodución ovípara, é dicir, expulsando ovos ao exterior. Aínda que tamén existen peixes vivíparos, como é o caso dalgunhas quenllas e dalgúns peixes de auga doce, nos que o embrión desenvólvese dentro do útero da femia. Outras especies, como a quenlla tigre, son ovovivíparas; trátase de peixess que nacen de ovos que eclosionan dentro da femia. A fecundación externa é a máis habitual nos peixes; as femias expulsan os óvulos e os machos o esperma na auga, onde leva a cabo a fecundación. Neste caso, moitos ovos corren o risco de ser devorados polos depredadores. Outros peixes como os celacantos e os peixes cartilaxinosos (quenllas e raias) presentan, con todo, fecundación interna. As quenllas e raias macho presentan dous órganos copuladores, os pterigópodos, que realizan a función de penes. Este tipo de reprodución é máis segura e o número de crías é menor, xa que as probabilidades de supervivencia son moito máis altas.
E imos coa pregunta de hoxe!
9. A maioría dos peixes posúen órganos sensoriais moi desenvolvidos. Case todos os peixes á luz do día teñen unha visión da cor que é polo menos tan boa como a dun humano. Moitos peixes tamén teñen quimiorreceptores que son responsables dos extraordinarios sentidos do gusto e o olfacto. Aínda que teñen oídos, é posible que moitos peixes non escoiten moi ben. A maioría dos peixes teñen receptores sensibles que forman un sistema que detecta correntes e vibracións suaves, e detecta o movemento dos peixes e presas próximas, chamado…
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: ecologiaverde.com e okdiario.com
Expresións típicas de Ferrol!
#DígochoEu
Continúo co a serei adicada aos peixes, eses animais vertebrados primariamente acuáticos, xeralmente ectotérmicos (regulan a súa temperatura para partir do medio ambiente) e con respiración por branquias. Adoitan estar recubertos por escamas, e están dotados de aletas, que permiten o seu movemento continuo nos medios acuáticos, e branquias, coas que captan o osíxeno disolto na auga.
A contestación correcta á pregunta de onte é Telencéfalo. O cerebro dos peixes está dividido en varias rexións. Na parte frontal atópanse os lóbulos olfativos, un par destruturas que reciben e procesan sinais das narinas a través de dous nervios olfactivos. Os lóbulos olfactivos están máis desenvolvidos en peixes que cazan principalmente polo olor, como os mixinos, tiburóns e peixes gato. Tralos lóbulos olfativos atópase o telencéfalo ou cerebro anterior, estrutura bilobular que nos peixes concirne sobre todo ao olfacto.
E imos coa pregunta de hoxe!
8. Os peixes presentan reprodución ovípara, é dicir, expulsando ovos ao exterior. As femias expulsan os óvulos e os machos o esperma na auga, onde leva a cabo a fecundación.
- Verdadeiro
- Falso
- Non completamente verdadeiro
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e todopez.es
Continúo co a serei adicada aos peixes, eses animais vertebrados primariamente acuáticos, xeralmente ectotérmicos (regulan a súa temperatura para partir do medio ambiente) e con respiración por branquias. Adoitan estar recubertos por escamas, e están dotados de aletas, que permiten o seu movemento continuo nos medios acuáticos, e branquias, coas que captan o osíxeno disolto na auga.
A contestación correcta á pregunta de onte é Pechado. Os peixes teñen un sistema circulatorio pechado, simple (o sangue só pasa unha vez polo corazón en cada volta) e completa (non hai mestura de sangue osixenada e desosixenada), cun corazón que bombea o sangue a través dun circuíto único por todo o corpo. O sangue vai do corazón ás branquias, destas ao resto do corpo, e finalmente regresa ao corazón. Na maioría dos peixes o corazón consta de catro partes: o seo venoso, o adro, o ventrículo e o bulbo arterioso. A pesar de posuír catro partes, o corazón dos peixes está constituído por dúas cavidades situadas en serie, unha aurícula e un ventrículo. O seo venoso é unha cámara de paredes delgadas que recibe o sangue das veas do peixe antes de permitirlle fluír ao adro, unha cámara muscular grande e que serve como un compartimento de dirección única que dirixe o sangue cara ao ventrículo. O ventrículo é unha bolsa muscular de paredes grosas, que se contrae e empurra o sangue a un tubo longo chamado bulbo arterioso. O bulbo arterioso únese cun gran vaso sanguíneo chamado aorta, pola cal flúe o sangue cara ás branquias do peixe.
E imos coa pregunta de hoxe!
7. O olfacto dos peixes atópase nunha estrutura bilobular denominada…
- Diencéfalo
- Metencéfalo
- Telencéfalo
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e researchgate.net
En galego non temos *párrafos! Entón, como é correcto?
#DígochoEu