Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Olliño con algúns editores de arquivos PDF! A ver se están feitos por #cibercarrachos

Coidado cos dos editores de arquivos PDF en liña! Os 😈 #cibercarrachos están sempre á última!

#DígochoEu

CANTO SABES DE CHILE? XIV (FIN)

Remato coa serie adicada a Chile, un país longo e angosto que se estende polo bordo occidental de Sudamérica, sendo un país tricontinental, é dicir, que posúe soberanía en tres continentes. Un país seguro, con moita historia e cultura, ligada ao noso país, do que foi colonia, pola lingua…

A contestación correcta pregunta de onte e última da serie é Nelson Piquet. O resto son todos chilenos. A saber…

 

Pablo Neruda (Ricardo Eliécer Neftalí Reyes Basoalto, 1904-1973), poeta e político chileno. premio Nobel de literatuira 1971.

Víctor Jara (1932- 1973)​, músico, cantautor, profesor, escritor e director de teatro chileno. Representante da música protesta, foi torturado e asasinado tralo golpe de Estado de 1973.

Alexis Sánchez (1988), futbolista chileno que xogou no FC Barcelona, Arsenal FC, Olimpique de Marsella... e que actualmente xoga como no Udinese Calcio da Serie A de Italia.

Nelson Piquet (1952), expiloto de automovilismo brasileiro. Obtivo tres campeonatos en 1981, 1983 e 1987, finalizado subcampeón en 1980 e terceiro en 1986 e 1990. Acadou 23 victorias, 60 podios e 24 pole positions, competindo para os equipos Brabham, Williams, Lotus  Benetton.

E así remata esta serie, esperando que axudase a coñecer mellor a este país!

Ata a próxima serie!

FONTE e Imaxe es.wikipedia.org

#DígochoEu: Que é un 'escombro' en galego?

Seguro que se buscas no RAG escombro levas unha sorpresa. Pero atención a explicación de Esther sobre esta palabra!

#DígochoEu

CANTO SABES DE CHILE? XIII

Continúo coa serie adicada a Chile, un país longo e angosto que se estende polo bordo occidental de Sudamérica, sendo un país tricontinental, é dicir, que posúe soberanía en tres continentes. Un país seguro, con moita historia e cultura, ligada ao noso país, do que foi colonia, pola lingua…

A contestación correcta pregunta de onte é Gabriel Boric Font. Nado en Punta Arenas o 11 de febreiro de 1986, exerce como Presidente da República de Chile dende o 11 de marzo de 2022. O presidente da República, que é o xefe de Estado e o xefe de goberno, segundo a Constitución, permanece no exercicio das súas funcións por un termo de 4 anos e non pode ser reelixido para o período seguinte, sendo quen designa aos ministros de Estado, quen é os seus colaboradores directos e inmediatos no goberno e administración do Estado e funcionarios da súa exclusiva confianza.

 

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

13. Nesta lista de figuras importantes de Chile hai un gazapo. Localízao!

- Pablo Neruda

- Víctor Jara

- Alexis Sánchez

- Nelson Piquet

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: A historia da letra x

Sabes dende cando se leva usando a letra x en galego? E como evolucionou a súa pronuncia noutras linguas? Poucas letras hai máis xenuínas en galego!

#DígochoEu

#DígochoEu: Para que imos *fardar en galego se para iso temos outros verbos?

O verbo *fardar é incorrecto en galego, pero Esther danos as alternativas!

#DígochoEu

CANTO SABES DE CHILE? XII

Continúo coa serie adicada a Chile, un país longo e angosto que se estende polo bordo occidental de Sudamérica, sendo un país tricontinental, é dicir, que posúe soberanía en tres continentes. Un país seguro, con moita historia e cultura, ligada ao noso país, do que foi colonia, pola lingua…

A contestación correcta pregunta de onte é Peso. O peso chileno(símbolo: $; ISO 4217: CLP)4​ é a moeda de curso legal de Chile desde 1975, cando substituíu á antiga moeda en circulación, que foi o escudo. A día de hoxe 1 € (EUR) eaquivale a 1.040.15 pesos chilenos (CLP).

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Chile ten unha forma de goberno republicana, democrática, unitaria e presidencialista. Cal é actualmente o seu Presidente?

- Carolina Tohá

- Gabriel Boric Font

- Sebastián Piñera Echenique

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org  Imaxes: es.wikipedia.org e icambio.es

#DígochoEu: Sabes o que é un 'soliño'?

O significado de soliño que aparece no dicionario vaite sorprender!

#DígochoEu