Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes al tema EXPERIMENTOS CASEIROS.

COMO FACER LEVITAR UN CUBO

Publicado: 31/07/2016 09:06 por vgomez en EXPERIMENTOS CASEIROS

 

Hoxe propóñovos que realicedes un espectacular truco para crear a ilusión óptica dun cubo levitando.

Como veredes no vídeo superior é moi doado de facer!


 

Hoxe propóñovos crear unha gominola xigante de Coca Cola. A textura fina é moi peculiar e mesmo pódela comer, só que non sabe practicamente a nada.

O resultado é espectacular!

 

Facer pan na cociña, pero dunha maneira moi curiosa. Poucos ingredientes, pero un moi importante: XELADO. Moi saboroso!

Iso si, coidado co forno!

EXPERIMENTOS CASIEROS CON AUGA

Publicado: 20/05/2016 07:56 por vgomez en EXPERIMENTOS CASEIROS

 

Aquí tesdes 5 experimentos caseiros, moi sinxelos, onde o elemento fundamental é a auga: o boneco invisible, a auga que non cae, o xogo da bolsa de auga, pompas de xabón resistentes e o vaso que bebe só.

Que disfrutedes!

 

Hoxe tes a posibilidade aprender a facer unha sinxela funda para móbil que é prácticamente idéntica á que poder mercar nunha tenda, iso si personalizada e feita por ti.

Fíxate nos pasos!

 

Hoxe propóñovos unha recopilación de 10 dos experimentos caseiros que poden servir coma proxectos dalgunha materia científica do colexio.

  1. Microscopio caseiro
  2. Que pasa se mesturamos poliestireno con acetona?
  3. Reloxo que funciona con patacas
  4. Luz UV caseira
  5. Láser guiado
  6. Como estoupar globos con laranxas
  7. Xerador eléctrico caseiro
  8. Como ver a túa voz
  9. Aneis de fumo
  10. Motor eléctrico caseiro

Que disfrutedes!

 

Fácil pero interesante experimento. Como farías para encher un vaso de aire dentro da auga?

Lembra, o aire é materia e, polo tanto, ocupa espazo!

O OVO SALTARÍN

Publicado: 27/10/2015 08:02 por vgomez en EXPERIMENTOS CASEIROS

 

Un experimento sinxelo: ovo + vinagre = ovo saltarín

A explicación: O ácido acético do vinagre reacciona co carbonato cálcico da casca do ovo producindo dióxido de carbono (as burbullas de gas que se desprenden na casca do ovo). Coa cantidade de vinagre suficiente desaparece toda a casca de ovo.

A ósmose explica o aumento de tamaño pois a auga contida no vinagre entra no interior do ovo pola membrana semipermeable que o cobre. O ovo vólvese elástico por esa membrana que queda.

Merece a pena facelo!

 

Se algunha vez vaise a luz na túa casa e non tes unha candea a man... Non te preocupes! Se tes un queixo de bóla na cociña e un pouco de pale hixiénico, podes fabricarche unha candea ti mesmo e de maneira moi sinxela.

No vídeo superior tes o proceso, perfectamente explicado.

Coidado co lume!

 

Hoxe ímosvos ensinar un sinxelo invento caseiro para triunfar nas festas que fagades: unha bóla de discoteca caseira. Soamente necesitarás uns CD’s vellos e un pouquiño de paciencia.

Unha forma de reciclar CD’s.

 

Aquí tedes un sinxelo experimento de cociña para pelar de forma fácil e rápida patacas cocidas.

Unha boa aplicación para cando facemos polbo cocido con patacas.

 

Coa chegada do bo tempo, aparecen eses insectos molestos que son os mosquitos e tamén as moscas.

Aquí dese a forma de combatilos cunha trampa feita con materiais que tod@s tedes na casa.

Boa caza!

 

Unha forma sinxela de facer unha lanterna caseira coa tecnoloxía lumínica LED.

Seguide os pasos.

Moi sinxelo!

 

O curioso deste experimento é que a xema e a clara non se separan en ningún momento, están sempre unidas mantendo a forma de óvalo que tiñan antes de saír da casca. Iso si, ao sair da auga...

 

Aquí tedes a forma de facer un microscoipo laser caseiro co que poder observar o que hai na nosa boca.

Iso si, coidado co laser, nunca dirixilo cara os ollos!

PLASMA NO TEU MICROONDAS

Publicado: 20/08/2014 07:33 por vgomez en EXPERIMENTOS CASEIROS
20140818160736-cerilla-cerilla-6714.jpg

 

Seguramente escoitarías falar do estado da materia de PLASMA . Pero como o podenos ver? Propóñoche un pequeno experimento caseiro, iso si no caso de ser menor debe facerse baixo a supervisión dun adulto.

Se metes un misto acendido no microondas suxeito con algún alimento para que se manteña en posición vertical, e sobes a potencia ao máximo, xerarás plasma como o que hai no interior da pantalla do televisor ou o que abunda no universo. Os globos de luz de cor azul que emanan da chama son o cuarto estado de agregación da materia, xa que iste componse de átomos ionizados que perderon os seus electróns.

FONTE: Revista Muy Interesante

 

Neste vídeo temos a explicación, e a solución, a un problema que seguro tedes padecido en motas ocasións: Como abrir unha lata axitada sen que se derrame o seu contido.

Atentos!

O TRUCO DO CHOCOLATE INFINITO

Publicado: 15/07/2014 09:50 por vgomez en EXPERIMENTOS CASEIROS

 

Se es un amante do chocolate, aquí tes un truco caseiro facilísimo para comer todo o que queiras sen que ninguén se decate.

Fíxate ben no truco!

 

Neste tempo de verán, virán días (esperemos) nos que a calor apretará. A solución para estar fresquiños na casa é ter un aparello de aire acondicionado. No caso que non o teñas, aquí tes a forma de facelo caseiramente por tan só 15€.

Funciona!

RECURSOS CASEIROS FÁCILES III

Publicado: 29/06/2014 10:14 por vgomez en EXPERIMENTOS CASEIROS
20140626193824-forma-correcta-de-doblar-un-cobertor-2.jpg

 

Na imaxe tedes os pasos para dobrar un cobertor ou sábana axustable de forma correcta . 

Temos que colaborar nas tarefas domésticas e preprarnos para cando levantedes o voo!

A practicar!

RECURSOS CASEIROS FÁCILES II

Publicado: 17/06/2014 08:11 por vgomez en EXPERIMENTOS CASEIROS
20140615200956-paletina.jpg

 

Na imaxe tedes os pasos para facer unha pequena pa a partir dun bidón duro, para recoller tanto na túa habitación coma no xardín.

Fácil e útil!

RECURSOS CASEIROS FÁCILES I

Publicado: 10/06/2014 10:16 por vgomez en EXPERIMENTOS CASEIROS
20140609202526-esmalte-unllas.jpg

 

Este recurso permite personalizar as túas chaves caseiramente dun xeito fácil. Só precisas esmalte de uñas de diferentes cores e un chisco de paciencia. O  resultado é un chaveiro multicolor e coa cor asignada a cada pechadura ou a orde que previamente establezas, como por exemplo as cores do arco da vella.

O próximo día, outro recurso caseiro fácil!

 

Hoxe en experimentos caseiros: a forma máis cómoda de comer unha bolsa de patacas en grupo, un sinxelo altofalante caseiro para o móbil e un xeito máis doado de abrir eses resistentes tarros de cristal pechados ao baleiro.

Espero que sexan útiles!

FONTE:experimentoscaseros.info

 

Aquí tes outros 3 útiles trucos caseiros  para a vida real: un recolledor de cables, adaptar unha pila AAA a pila AA e como cravar unha punta sen mancarse nos dedos.

Espero que sexan útiles!


FONTE:experimentoscaseros.info

 

Aquí tes outros 3 útiles trucos caseiros  para a vida real: un lapis para móbil ou tablet, unha forma rápida para arrefriar botellíns quentes e como acender unha candea dentro dun vaso á que non chegas con acendedor

Espero que sexan útiles!

FONTE:experimentoscaseros.info

 

Aquí tes 3 útiles trucos caseiros  para a vida real: unha funda para o móbil cun calcetín, uns altofalantes para o ordenador cun par de vasos e unha portada de CD cun folio.

Espero que sexan útiles!

FONTE:experimentoscaseros.info

 

Coa chegada do bo tempo a xente empeza a consumir xelados. Aquí tes unha forma sinxela de facer xelados a partir de zumo, na casa e en cinco mutos.

Bo proveito!

FONTE:experimentoscaseros.info

 

O sinal wifi non chega ben ao teu cuarto? A internet vaiche demasiado lenta?

Non te preocupes, aquí tes a solución: unha sinxela antena feita con latas de refresco para amplificar o sinal do teu router.

Coidado coa lata ao cortala!

FONTE: experimentoscaseros.info

 

Hoxe propóñovos unha forma orixinal e ecolóxica de facer unha vela caseira. Trátase dunha vela cunha laranxa, que ademais de ser moi sinxela e estética, desprenderá un arrecendo a laranxa pola casa que gustará a toda a familia. Ademais, ten a súa explicación científica, polo que de paso aprenderemos un pouco de química case sen decatarnos.

Eso si, coidado co lume e cos cóitelos!

 FONTE: experimentoscaseros.info

 

Como facer un foguete cunha bolsiña de té? Aquí tes os pasos a seguir.

Atención: Coidado co lume!

FONTE: experimentoscaseros.info

SERIGRAFÍA CASEIRA

Publicado: 06/01/2014 12:19 por vgomez en EXPERIMENTOS CASEIROS

 

Como facer unha serigrafía personalizada? Aquí tes os pasos a seguir.

Atención: Coidado coa plancha, pode producir queimaduras graves.

FONTE: experimentoscaseros.info