Blogia
vgomez

FOTOS

WEATHER PHOTOGRAPHER OF THE YEAR 2020

Esta fotografía que mostra a ponte de Brooklyn durante unha forte tormenta de neve é a mellor imaxe meteorolóxica do ano. Así o decidiu o xurado do concurso  Weather Photographer of the Year 2020 (Fotógrafo Meteorolóxico do ano 2020) que organiza a Royal Meteorological Society (RMetS), en asociación con  AccuWeather, a compañía de medios dixitais e meteoroloxía.

A fotografía gañadora, que foi realmente tomada en 2018 é obra de Rudolf Sulgan. Con ela, o fotógrafo quixo plasmar como o quecemento global está a alterar os patróns climáticos e contribuír así a combater o cambio climático.

Se queres coñecer o resto de fotografías do concurso preme AQUÍ.

FONTE: photocrowd.com e lavanguardia.com

ASTRONOMY PHOTOGRAPHER OF THE YEAR

No firmamento, máis aló da lúa e as estrelas que podemos ver cos nosos propios ollos, esténdense millóns de galaxias, planetas,  nebulosas, asteroides... Algúns destes obxectos astronómicos son os protagonistas do Astronomy Photographer of the Year (Fotógrafo astronómico do ano), un concurso da organización británica Royal Museums Greenwich no que participan fotógrafos especializados en capturar o que sucede a miles de quilómetros da Terra.

As imaxes gañadoras deste certame, anunciadas o pasado 10 de setembro, foron seleccionados polo xurado entre máis de 5.000 candidatas.

A gañadora absoluta do concurso é esta fotografía do francés Nicolas Lefaudeux da Galaxia Andrómeda. Para conseguir ese ángulo e a sensación de proximidade, o autor fixou a cámara a un telescopio cunha peza creada nunha impresora 3D. 

Se queres ver o resto de fotografías finalistas de cada unha das diferentes categorías que compoñen a competición preme AQUÍ.

FONTE: rmg.co.uk e verne.elpais.com

INSIGHT INVESTMENT ASTRONOMY PHOTOGRAPHER OF THE YEAR 2020

Inspirados pola beleza das estrelas, astrofotógrafos de todo o mundo presentaron os seus mellores traballos ao concurso anual Insight Investment Astronomy Photographer of the Year. Dirixido polo Real Observatorio de Greenwich, este concurso de  astrofotografía móstranos a arte que se esconde no noso ceo. No seu 12º ano, o concurso atraeu a fotógrafos de 70 países diferentes que colectivamente presentaron máis de 5.200 imaxes, participando en 11 categorías diferentes. Por agora só se coñecen os finalista, xa que os gañadores do concurso proclamaranse o 10 de setembro diste ano.

Das finalistas que máis me chamou a atención é esta, da categoría Auroras:


Ollo de dragón do norte" (Northern Dragon’s Eye) de Elena Pakhalyuk (Ucraína)

Á fotógrafa encántalle viaxar, especialmente explorar o norte e perseguir a aurora  boreal. Tratando de capturar como as cousas ordinarias poden tomar formas máxicas baixo as luces, a fotógrafa seleccionou e iluminou este afloramiento rochoso e esperou a que a aurora fixese a súa maxia”.

Se queres ver o resto de finalistas preme AQUÍ.

FONTE: muyinteresante.es

PREMIOS PULITZER DE FOTOGRAFÍA 2020

Os Premios Pulitzer de Fotografía outórganse cada ano, desde 1942, concedendo a máxima distinción posible ao oficio dos xornalistas, que dan visibilidade “do invisible” á sociedade. Permitindo, a través das fotografías, crear unha imaxe e un xuízo do noso mundo.

Iste ano retrasáronse, pola pandemia, pero xa temos gañadores:

Feature Photography, que premia o mellor traballo de fotoperiodismo do ano recaeu nos fotógrafos Channi Anand, Mukhtar Khan e Dar Yasin perenecientes á axencia  Associated  Press polas súas “impactantes imaxes do disputado territorio de Caxemira, mentres India revogou a súa independencia, operación que executou durante un apagamento comunicativo”. Na imaxe, un grupo de mulleres gritan consignas mentres os policías indios disparan gases lacrimóxenos para deter unha marcha de protesta en Srinagar, o 9 de agosto de 2019. Dar Yasin A.

Se queres ver o resto de forografías e categorías preme AQUÍ.

FONTE: elpaís.com 

AS FOTOGRAFÍAS AÉREAS MÁIS IMPRESIONANTES DO PLANETA

Yellowstone National Park, USA. Photo / Earth View ©2020 CNES / Airbus, Maxar Technologies

Se queres dar un paseo gratis por todo o globo desde a comodidade do teu fogar, agora podes facelo grazas a Google Earth, que acaba de engadir 1.000 localizacións novas, o que suma á súa colección un total de 2.500 paisaxes de todo o mundo. As novas incorporacións á galería non quedan atrás e confirman que que existe moito máis neste planeta que os seres que vivimos nel.

Trátase da actualización máis grande de Google Earth View Collection, e nela podemos ver rexións volcánicas, paisaxes mariñas abatidas e algunhas escenas que parecen sacadas doutro mundo. Son recunchos espectaculares do noso planeta.

Para ver todas as imaxes dispoñibles prema AQUÍ.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es

PELEXA NA ESTACIÓN

A imaxe dunha pelexa entre ratos no metro de Londres foi galardoada polo público como a mellor fotografía do ano no marco dos premios Wildlife Photographer of the Year, organizados polo Museo de Historia Natural do Reino Unido.

"Pelexa na estación", tomada polo mozo Sam Rowley, recibiu 28.000 votos dentro da categoría "o mellor do resto" da LUMIX People’s Choice, onde compiten aquelas imaxes que non se fixeron cos premios profesionais do concurso, un dos galardóns internacionais máis importantes de fotografía natural.

Rowley pasou varias noites tombado boca abaixo sobre as plataformas da liña central ata que conseguiu  inmortalizar o momento no que os pequenos roedores, habituais do subterráneo londiniense, comezaron a súa pelexa por unha faragulla de pan.

Os premios Wildlife Photographer of the Year, onde se recoñece a fotógrafos de natureza profesionais e principiantes, celebrarán este ano a súa 56 edición, cuxo gañadores se darán a coñecer o próximo outubro.

FONTE: farodevigo.es Imaxe: nhm.ac.uk

O GARFO XIGANTE

 

Esta fotografía non é unha montaxe, é real. Tratase dunha escultura de aceiro inoxidable que está no medio do lago Leman, na cidade de Vevey (Suíza), sendo o maior garfo do mundo: uns 8 metros de alto, por metro e medio de ancho e pesa preto de 450 quilos. A obra (La Fourchette Geante - O garfo xigante) foi realizada polos artistas suizos Jean Pierre Zaugg e Georges Favre e instalado en 1995 con motivo do décimo aniversario de Alimentarium, un museo dedicado á alimentación situado a poucos metros da obra.

FONTE: elterritorio.com.ar / Imaxe:Ap

AUSTRALIAN GEOGRAPHIC NATURE PHOTOGRAPHER OF THE YAEAR

Xogar ao agocho de  Tracey  Jennings gañadora do Australian  Geographic  Geographic de 2018

O concurso Australian Geographic Nature Photographer of the Year, organizado polo  South  Australian  Museum, é un certame onde fotógrafos de todo o mundo presentar as súas fotografías de natureza e vida silvestre da biorexión de Australia, Nova Zelandia, a Antártida e Nova Guinea, onde a rexión de Nova Guinea está limitada ao oeste pola Liña Wallace (a liña  biogeoxráfica que se estende entre Bali e  Lombok cara ao norte a través do Estreito de  Makassar entre  Borneo e  Sulawesi). A Antártida inclúe as illas subantárticas para tomar as mellores instantáneas.

Unha imaxe esquecida dunha loita de "xogar ao agocho" de vida ou morte outorgoulle a Tracey Jennings o premio ao Fotógrafo do Ano do  Australian  Geographic  Geographic de 2018.  Jennings, con sede en Malaisia, mergullaba baixo o embarcadoiro de Arborek en Raja Ampat (Papua Occidental e Indonesia), cando viu o momento perfecto para sacar a súa instantánea: comezou unha persecución entre depredadores e presas.

AQUÍ tes o resto de fotos gañadoras.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es